“PROXECTO GALLAECIA” e “PROXECTO GALLAECIA INTERACTIVA”

A arquitectura monumental en Galicia.

Fondo Arquivo-Fotográfico e Base de Datos.

 

 

I.- LIMIAR (*)

A conservación e preservación do importante legado cultural e patrimonio histórico que posuimos en Galicia a carón dos valores espirituais e históricos como nexo social de pobos e culturas, ten seu indudable recoñecemento e proxección a nivel mundial cos Camiños que se achegan a Santiago de Compostela. Este nucleo vertebrador de evolución cultural, gracias a integración de saberes, dá boa conta  da importancia que precisa a súa consulta, investigación, referencias, ou se cabe  ainda máis, da beleza e riqueza tanto artística coma arquitectónica que se agocha en cada vila, en cada pobo ou  mesmo en cada valado ou carreiro que percorren nosa xeografía e sinalan os camiños que conforman noso presente, razón de ser cultural da Humanidade, e fiestra aberta ó futuro. (…)

 

É de ben común dar a coñecer a Realidade. Esta achégase a nós en diversas cadencias. Ás veces, e sen decatarse, algo tan común coma a mesma realidade tenta ser algo normal e pasa desapercibida. Decátase un da maxia da fotografía con só mirala. Quen viu coma ésta impregna os instantes, os sentimentos, a razón de facer e manter as nosas tradicións e a nosa historia é quén de poder consultar eses fragmentos, esas sensacións.

 

O  “Proxecto Gallaecia. Arquivo Fotográfico. A Arquitectura Monumental  en Galicia”, amosa e recolle parte do legado dun dos hitos culturais do momento, o “Xacobeo en Galicia”.

 

O Arquivo Fotográfico “Proxecto Gallaecia”, na súa primeira versión física dos anos 2001 a2004, proposta por Producciones Vigo s.l., toma forma da man e da Dirección de Roberto Quintero quen sinte coma as inquedanzas son o limiar para que noso Patrimonio Arquitectónico nos eidos Civil, Relixioso e Castrense teñan identidade a través da fotografía de autor dende o punto de vista técnico. Neste caso, coa participación dunha nova xeración de fotógrafos, atrevidos ou non, pero sempre comprometidos coa súa obra e esencia. A produción e a coordinación está ao cargo de José Luis González Barceló,e Rita Estévez, licenciada en Xeografía e Historia, Museóloga e experta en catalogación e arquivo, senta a base deste proxecto coas súas directrices, referencias e coñecementos.

 

O “Proxecto Gallaecia Interactiva” ano 2010, a versión promocional para web do fondo de imaxes e os seus contidos, propiedade da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, crease á proposta de ACEIMAR (Asociación Cultural de Centros de Enseñanza Internacional Marcote) coa axuda da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así o arquivo, os seus contidos e bibliografía, faise público e accesible a todo o mundo a través de internet como medio de consulta, formación e investigación. Ademáis do seu motor de búsqueda por Camiños a Santiago de Compostela, Provincias ou Conxuntos Arquitectónicos, é unha ferramenta para disfrutar da beleza das imaxes gracias ao seu modo presentación de fotografías en modo continuado de ramdom , ou por seleccións específicas.

Para esta versión interactiva a producción está a cargo de José Luis González Barceló, a programación, aquitectura e xestión das bases de datos é realizada por Jorge Touris Otero, compartindo ambolosdous o deseño web.

A continuidade e unidade do proxecto ten un claro obxectivo de promoción e difusión cultural por unha banda da nosa riqueza arquitectónica, e por outra, o comeñecento do valor paisaxístico dos lugares e da historia que viviu ou ainda perdura ao redor destes enclaves nos Camiños a Santiago de Compostela.

 

O Proxecto Gallaecia non é unha simple librería ou arquivo de imaxes. Non debería esvaecerse ahí. Debe seguir  medrando en sabiduría e popularidade ata chegar a todos nós para que coñezamos ainda máis se cabe, a Máxia que agocha nosa Terra a través da sua arquitectura e emplazamentos, primeiro dos ollos que a captan, despois co corazón.

 

(*) Extractos das presentacións do “Proxecto Gallaecia”. Vigo. Anos 2000-2004 e 2010.

José Luis González G. Barceló.

Productor e coordinador do “Proxecto Gallaecia”.

 

 

 

 

II.- O PROXECTO (**).

”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela”.

 

Cara ao ano 2001, a empresa de producción audiovisual “Producciones Vigo S.L.”, presentou daquela e con moito agarimo á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia o que considerou un importante e ambicioso proxecto a desenrolar ao longo de 4 anos : o ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela”.

 

A idea do proxecto foi ben acollida así que tras concretar algunas cuestión técnicas específicas e de xestións de dereitos e de propiedade, o “Proxecto Gallaecia” comenzou a tomar forma física e a medrar.

 

Queremos dar a grazas sen lugar a dúbidas ás persoas que traballaron na Xerencia do Xacobeo e na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e que no seu momento deron luz verde a esta proposta no só pola aportación económica senon tamén polo seu interese que permitiu achegarnos ao corazón da nosa Galiza nunha experiencia conxunta e satisfactoria, a lo menos pola nosa banda.

Tamén queremos agradecer a inestimable axuda e colaboración de tódalas persoas, institucións e entidades que participaron co seu tempo e medios axudándonos a recopilar ao longo de case 5 anos eses fragmentos de realidade atrapados en emulsións de 35x23 mm.

 

E por suposto como non, a cada un dos autores, a cada membro e a cada xefe dos equipos do proxecto pola súa ilusión, creatividade, esforzo e  traballo para levar a bo fin este arquivo de 2.000 diapositivas e da súa base de datos, información e referencias.

 

(**) Queremos suliñar que a propiedade das fotografías e das bases de datos do “Proxecto Gallaecia. Anos 2001-2004” pertence á Xerencia de Promoción do Xacobeo e dispón  das mesmas  físicamente nos seus arquivos. Os materiais que aporta a web “Proxecto Gallaecia Interactiva” son con fins promocionais e culturais do proxecto e do patrimonio arquitectónico rexistrado.

 

 

 

 

III.- “PROXECTO GALLAECIA” (anos 2001-2004).

O ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela” está enfocado globalmente dende dous ámbitos: o da Arquitectura Monumental de Galicia en xeral, e o dos diferentes Camiños e Vías que chegan a Santiago de Compostela. Realizouse debido a súa complexidade (máis de 50 localizacións en toda Galicia), ao longo de 5 anos (unha media de 8-12 localizacións por ano. No ano 2000 xa se iniciu o proxecto como producción propia antes de plantexalo definitivamente á Xerencia do Xacobeo).

 

Este é un completo fondo material de grande importancia pola súa magnitude e amplitude en material gráfico, pola realidade cultural e histórica e pola calidade no contido das fotografías que recollen noso patrimonio monumental e arquitectónico, dende o aspecto técnico da nosa arquitectura civil, relixiosa e militar (perspectivas, enclave, situación, conservación,...); e dende o punto de vista estético e  artístico de diferentes autores fotográficos do momento.

 

As características do arquivo e do material de traballo, tras ofertar distintos formatos e soportes no proxecto inicial plantexado no ano 2001, foi presentado por solicitude expresa da Xerencia de Promocion do Xacobeo en 35mm.  en diapositiva a cor.  A fototeca, en cada entrega anual, constou de 500 diapositivas, seleccionando aproximadamente entre 50-60 % de carácter específicamente técnico e o resto artístico. O resultado foi un fondo documental total de 2.000 fotografías de consulta perfectamente clasificadas e identificadas nos seus correspondentes maletins de arquivo.

 

A propiedade das fotografías e das bases de datos do “Proxecto Gallaecia. Anos 2001-2004” pertence á Xunta de Galicia, Xerencia de Promoción do Xacobeo e dispón  das mesmas  físicamente nos seus arquivos.

 

Cada unha das entregas ou etapas constou de diferentes equipos  de traballo para o arquivo fotográfico técnico, e dos mesmos autores a nivel individual para o arquivo fotográfico artístico.

A súa vez se realizou a selección, arquivo, clasificación e base de datos de referencia das fotografías, reunidas nun Cd no que se incluiron:

 

·         Miniaturas das fotografías para a súa fácil identificación, selección ou localización.

·         Catalogación, descripción e referencias

·         Tablas de datos

·         Consultas de datos según:

- Arquitectura Monumental, Camiños Xacobeos,

- Estilos, Indice Edificios, Indice Xeográfico,

- Número de Inventario, Parte do Proxecto

·         Mapa coas localizacións xeográficas

·         Fichas numeradas de cada un dos edificios con fotografía de referencia.

 

As unidades foron supervisadas no Departamento de Catalogación por Rita Estévez, licenciada en Xeografía e Historia, Museóloga e experta en catalogación e arquivo.

Tanto a planificación das rutas como o rexistro do patrimonio arquitectónico e paisaxístico, a metodoloxía, recollida e a clasificación do material gráfico realízouse conxuntamente entre o Departamento de Catalogación, o Departamento fotográfico dirixido por Roberto Quintero e o Departamento de Producción a cargo de José Luis González.

 

Anualmente dende o ano 2001, realizáronse 4 entregas tituladas:                      

“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001”,

“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002”

“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003”

“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004”

 

Os detalles dos contidos e localizacións se relacionan nos Anexos.

 

O arquivo do Proxecto Gallaecia posúe unha base actual de 2.000 fotografías (duas mil fotografías) e datos de referencia que recollen inventariado prácticamente o total do patrimonio arquitectónico monumental e histórico da nosa Comunidade.

 

Nosa proposta, como así se xestou inicialmente, é que este Arquivo, sirva de ferramenta e de material de traballo e de contidos audiovisuais á Promoción e Difusión dos Camiños de Santiago de Compostela, e sobre todo a Galicia como referente Mundial.

 

Éste Arquivo Fotográfico e Base de Datos é un enclave de documentación e fototeca ó servicio da nosa Cultura e da Memoria Viva, idóneo para que a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago ou da Consellería de Cultura coma entidades xestoras, sexan quen de realizar o mellor aproveitamento dos recursos que ofrece, ben en cada entrega, ou ben co conxunto ou totalidade das unidades, do Proxecto Cultural Documental ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela” complementaria con outros fondos documentais do Patrimonio Cultural, Histórico e Artístico de Galicia.

 

José Luis González G. Barceló.

Productor e coordinador do “Proxecto Gallaecia”.

 

 

 

IV.-  PROCESO DE  CATALOGACIÓN E DESCRIPCIÓN DA BASE DE DATOS DO  PROXECTO GALLAECIA. EXPLICACIÓN DOS CAMPOS QUE  COMPOÑEN A BASE DE DATOS.

O interese  de organiza-lo material fotográfico dun xeito práctico e razonado para o seu  doado e correcto emprego, levou á necesidade de clasificar e de cataloga-lo material existente así como de sistematiza-la  información correspondente ó mesmo.

 

IV.I.- CATALOGACIÓN

O traballo de catalogación componse de tres partes complementarias:

1º parte que consiste en asignar un número a cada un dos monumentos ou cascos históricos fotografiados. Recóllense tamén o número total de fotografías realizadas a cada monumento asignando un subnúmero a cada fotografía-diapositiva.

2º parte que consiste en recoller a información pertinente a cada un dos monumentos e cascos históricos nunha base de datos para facilita-lo acceso a información.

3º parte que consiste en gardar as fotografías nun CDRom. Cada unha das fotografías  vai numerada e leva o seu correspondente pé de foto.

 

IV.II.- DESCRIPCIÓN DAS BASES DE DATOS

A base de datos realizada para esta tarefa de catalogación e documentación deseñouse pensando nas características do material gráfico, tentando abranguer a máxina información posible que facilite o manexo do material para futuros traballos.

 

A base de datos componse de tres partes claramente diferenciadas:

 

1.      Unha parte xeral na que se recollen catro campos claves que realizan unha primeira clasificación do material

·        Número de Edificio coa fotografía do mesmo: Neste campo sitúase o número de identificación do monumento e unha fotografía xeral do mesmo. Por exemplo, o número seleccionado a partires do cal se catalogou ás fotografías da segunda entrega é o 115 xa que se tiveron en conta os monumentos fotografiados na 1º Parte do Proxecto Gallaecia. Ano 2000/2001 –dándolles o seu número correspondente-. O último número asignado é o 133 e así sucesivamente.

·         Ruta Xacobea: Neste campo sinálase á ruta xacobea á que pertence o edificio ou casco.

·        Patrimonio Monumental: Neste campo sinálase, en caso de que non pertenza a unha ruta xacobea,   si é un edificio de arquitectura civil, arquitectura relixiosa, ou casco histórico.

·        Fotografía do edificio

 

 

2.      Unha parte artística na que se recollen os campos básicos para  o inventariado dun monumento ou caso histórico:

·         Nome do edificio-Conxunto Histórico

·         Estilo: Neste campo identifícase dun xeito xeral o estilo artístico do edificio ou o estilo predominante no edificio xa que en moitos monumentos participan de periodos  artísticos diferentes. Para poder sistematiza-la información cronolóxicamente, asignouse un número específico a cada estilo.

 

01.MEGALITISMO (-3500 a 1800 a.c)

02. CULTURA CASTREXA (SV aC-ata a segunda metade do S. I dC)

·         FASE GALAICO-ROMANA  (A PARTIR DA SEGUNDA METADE DO SÉCULO IDC)

03.ROMANIZACIÓN (1 a IV)

04.PRERROMÁNICO (V a X)

·         SUEVO (VI)

·        VISIGODO (VII)

·        ASTURIANO (VIII a IX)

·        MOZÁRABE E REPOBOACIÓN (X)

05. ROMÁNICO (XI a XII)

06.GÓTICO (XIII, XIV, XV)

07.RENACEMENTO (XVI  e primeiro tercio XVII)

              08.BARROCO (XVII a XVIII)

09.NEOCLÁSICO (XVIII  e primeiro tercio XIX)

·        HISTORICISMO (mediados, finais do século XIX)

10.CONTEMPORÁNEO (Século XX)

·         ECLETICISMO- HISTORICISMO(Comenzos do século XX)

·         MODERNISMO (comenzos do século XX)

·         RACIONALISMO (1930-1936)

·         PROGRESO (1957-1980)

·         ACTUALIDADE

11. CULTURA POPULAR

12. VARIOS. CASCO HISTÓRICO

 

·         Localización Xeográfica        

·         Tipo edificio: Neste campo sinálase si é un mosteiro, un castelo, unha igrexa, unha catedral, un casco ....

·         Cronoloxía: A cronoloxía é, en moitos casos, de referencia xa que é imposible asignar unha cronoloxía concreta a un casco histórico ou a monumentos que sufriron diferentes campañas constructivas.

·         Autor-Arquitecto       

·         Estado de conservación        

·         Descripción do Edificio: Neste campo faise unha breve descripción do edificio  

·         Documentación: Neste campo indícase a bibliografía xeral empregada para a documentación         

 

 

3.      Unha terceira parte centrada en datos de interés sobre o material gráfico:

·         Parte do Proxecto Gallaecia: Parte do proxecto ó que pertence  a fotografía

·         Ano de realización da fotografía     

·         Autores das fotografías        

·         Fotografía total o parcialmente o edificio: neste campo descrébese si se ten material completo do edificio o só do exterior.

·         Número de diapositivas realizadas do edificio       

·         Información sobre a numeración e pés de fotos das fotografías no CDRom: Neste apartado indícase o acceso ás fotografías no CDRom. Realízase unha indicación sobre o número e nome das carpetas sinalándose, ó mesmo tempo,  o número de fotografías inventariadas en cada carpeta.

·         Observacións 

 

 

 

 

IV.III.- UTILIDADES DA BASE DE DATOS

A base de datos permite a sistematización da información posibilitando, de forma inmediata, ó acceso de  datos como: nº de edificios  fotografiados, estilos dos monumentos fotografiados, autores das fotografías, edificios fotografiados en cada ruta xacobea, pés de foto.... Toda esta información pode consultarse de forma ordeada na opción consultas:

·         Consulta Estilos

·         Consulta Rutas

·         Consulta Monumentos

·         Consulta Autores

·         Consulta Edificios

·         Consulta Edificios e pes de foto

·         Consulta localización xeográfica

·         Consulta nº de inventario

 

Vigo. Anos 2000-2004.          

Rita Estévez Estévez

Dirección de Arquivo e Catalogación Proxecto

 

 

 

 

ANEXOS

 

“PROXECTO GALLAECIA”.

”Fondo-Arquivo fotográfico sobre a Arquitectura Monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela”.

 

ANEXO 01.1.-

“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001”,

 

 “Gallaecia. A Arquitectura en Galicia no IIIº Milenio”.

Primeira Parte (ano 2000-2001). Arquivo Fotográfico.

 

Localizacións recollidas. Ano 2001:

 

Catedral de Tui, Castelo de Sotomaior, Monasterio de Armenteira, Lourizan, Castrelos, Escola Militar de Marín, Sobrado dos Monxes, Pazo de Oca, Monasterio de Poio, Conxunto Combarro, Catedral de Mondoñedo, Pazo de Baión

Catedral de Santiago de Compostela, Hostal Reis Católicos, San Martiño Pinario, Parte Vella da Cidade.

 

Dirección Proxecto:                                       Roberto Quintero

Producción e Coordinación:                           José Luis González

Dirección de Arquivo e Catalogación:           Rita Estévez

Producción Executiva:                                    Fernando Marcote

 

Fotógrafos:

Andrés Perez L. , Patricia Perez T.,  Melitón Rodriguez L., Tatiana Lameiro G., Lorena González, Marta Morandeira, Elena Rodríguez, Elisabeth Pazo, Manuel Torres E., Davíd Dadín P., Davíd Bermudez B, Ana R. Sánchez B, Roberto Alvarez, Davíd Barreiro, Ramón Fariña, Felipe González, Raquel Estevez, Alejandro Mazóa, Manuel Louzao, Jorge Vidal, Montserrat Maneiro, Marta Mourelos, Reyes Rodríguez, Mª Jesús González, Carmen López Francísca Martínez, Vanesa Torres, Paula Uhía, Iván Lesende, Obdulia Domínguez, Felipe Toitiño, Davíd Paz, David Gil, Jorge Pino, Victor Mañana, Lino Alvarez, Jaime Alvarez, Iago Docampo, J. Carlos García, Gonzalo Garrido, Miguel Rodriguez, Elisa Alfaya, Manuel Pena, Elisa Dacosta, Tania Portela, José Fernández, Lara Garrido, Carmen Gimenez, Andrés Varela

 

Composición e Maquetación Proxecto:        José Luis Glez. Barceló

 

Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.

 

ANEXO 01.2.-

“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002”

 

Localizacións recollidas. Ano 2002:

(Camiño Francés, Camiño Portugués, Vía da Plata):

 

Dirección Proxecto:                                       Roberto Quintero

Producción e Coordinación:                           José Luis González

Dirección de Arquivo e Catalogación:           Rita Estévez

Producción Executiva:                                    Fernando Marcote

Arquivo:                                                         Andrés Perez, Eugenio Rouco,

Nuria Pérez, Iria Alvarez, Hector Meijide

Fotógrafos:                                                     Andrés Pérez, Melitón Rodríguez, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Iria Alvarez e Colectivo fotograf.

 

Localizacións 2002:

Pedrafita do Cebreiro, Mosteiro de Samos, Portomarín, Iglesia de Hospital, Castro de Viladonga, Praza de Fefiñanez, Casco Vello Cidade de Pontevedra, Catedral e Casco Vello Cidade de Ourense, Mosteiro de Oseira, Barrio Xudeo Rivadavia, Mosteiro de Oia, Castelo de Castrocaldelas, Castelo de Pambre, Catoira, Mosteiro de Carboeiro, Castro Baroña, Igrexa de Vilar de Donas.

 

Composición e Maquetación Proxecto:        José Luis Glez. Barceló

 

Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.

 

 

 

ANEXO 01.3.-

“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003”

Arquivo Fotográfico.Terceira Parte. Ano 2003.

 

 

Dirección Proxecto:                                          Roberto Quintero López

Producción Executiva:                                       Fernando Marcote Núñez

Producción e Coordinación:                               José Luis González Glez. Barceló

Dirección de Arquivo e Catalogación:                 Rita Estévez Estévez

Arquivo:           

Juan Carlos Pérez, Senen Hevia, Iria Alvarez, Hector Meijide

Fotógrafos:      

Juan Carlos Pérez, Senen Hevia, Iria Alvarez, Hector Meijide, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Juan Angel López

 

Localizacións Xeográficas 2003:

A Guarda, Celanova, Pantón, O Saviñao, Sarriá, Lugo, Monterroso, Toques, Melide, Foz, Lourenzá, Viveiro, Ferrol, A Capela, Monfero, Betanzos, Vimianzo, Muxía, Noia.

 

Composición e Maquetación Proxecto:             JLGG Barceló

 

Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.

 


 

ANEXO 01.4.-

“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004”

Arquivo Fotográfico.Cuarta Parte. Ano 2004.

 

Dirección Proxecto:                                          Roberto Quintero López

Producción Executiva:                                       Fernando Marcote Núñez

Producción e Coordinación:                               José Luis González Glez. Barceló

Dirección de Arquivo e Catalogación:                 Rita Estévez Estévez

Arquivo:                                                           Iria Alvarez, Nuria Pérez, Carlos Contreras

Fotógrafos:      

Juan Carlos Pérez, Iria Alvarez, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Carlos Contreras, Margarita Rguez.

Colaboradores:

Manuel Alvarez, Luis Iglesias, Miguel Rguez., Antonio Pérez, Angela González

 

Localizacións Xeográficas 2004:

Montederramo, Rivas de Sil, Xunqueira de Ambía, Bande, Baiona, Entrimo, O Bolo, Vigo, Serantes, Arealonga, Coruña, Cambre, Allaríz, Dozón, Camanzo, Monterrei, Iria Flavia.

 

Composición e Maquetación Proxecto:             JLGG Barceló

 

Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.


 

 


ANEXO 02.-

 

“PROXECTO GALLAECIA”.

Relación de localizacións e conxuntos arquitectónicos por ano de entrega.

 

 


“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001”

 

Nome do edificio-Conxunto

Localización Xeográfica

Estilo

Ruta Xacobea

Patrimonio Monumental

 

ARMENTEIRA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE

Armenteira. Meis, Concello de. Pontevedra

06. Gótico (cisterciense)

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

 

BAIÓN, PAZO DE

Baión, Vilanova de Arousa, Concello de.Pontevedra

10.  Contemporáneo-Reconstrucción

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

COMBARRO. CONXUNTO HISTÓRICO

Combarro. Poio, Concello de. Pontevedra

11.  Popular. Arquitectura

 

CONXUNTO HISTÓRICO

 

LOURIZÁN, PAZO DE

Lourizán. Pontevedra, Concello de. Pontevedra

10.  Contemporáneo. Eclecticismo

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

MARÍN, ESCOLA NAVAL MILITAR DE

Marín, Concello de. Pontevedra

10.  Contemporáneo. Arquitectura Postguerra

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

MONDOÑEDO, CATEDRAL DE

Mondoñedo, Concello de. Lugo

06. Gótico

NORTE, CAMIÑO DO

 

 

OCA, PAZO DE

Oca. Estrada, Concello da. Pontevedra

08. Barroco (XVIII)

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

POIO, MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE

Poio, Concello de. Pontevedra

08. Barroco

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

 

SANTIAGO, CASCO HISTÓRICO

Santiago, Concello de. A Coruña

12. Varios. Casco histórico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA, CATEDRAL DE

Santiago, Concello de. A Coruña

05. Románico (XI a XII) -08. Barroco

FRANCÉS, CAMIÑO

 

 

SOBRADO DOS MONXES, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE

Sobrado, Concello de. A Coruña

08. Barroco (XVII-XVIII)

NORTE, CAMIÑO DO

 

 

SOUTOMAIOR, CASTELO DE

Soutomaior,  Concello de. Pontevedra

06. Gótico (S. XIII, XIV, XV)

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

TUI,  CATEDRAL DE

Tui, Concello de. Pontevedra

05. Románico-Gótico (S. XII, XIII, XIV, XV)

PORTUGUÉS,  CAMIÑO

 

 

QUIÑONES DE LEÓN, PAZO DE

Vigo, Concello de. Pontevedra

07. Renacentista

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

SOBROSO, CASTELO DE

Vilasobroso, Mondariz, Concello de. Pontevedra

06. Gótico

 

CIVIL, ARQUITECTURA

 

 

 

 

“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002”

Nome do edificio-Conxunto

Localización Xeográfica

Estilo

Ruta Xacobea

Patrimonio Monumental

CAMBADOS, CASCO HISTÓRICO URBANO

Cambados, Concello de. Pontevedra

12. Varios. Casco urbano histórico

 

CIVIL, ARQUITECTURA

CASTRO CALDELAS, CASTELO DE

Castro Caldelas, Concello de. Ourense

06. Gótico

 

CIVIL. ARQUITECTURA

VILADONGA, CASTRO DE

Castro de Rei, Concello de. Lugo

02. Cultura Castrexa. Fase Galaico-Romana  (Segunda metade do século IdC)

 

CASTREXA, ARQUITECTURA

CATOIRA, TORRES DO OESTE DE

Catoira, Concello de. Pontevedra

04. Prerrománico. Asturiano

AROUSA, CAMIÑO DE

 

MONFORTE DE LEMOS, COLEXIO DO CARDENAL DE

Monforte de Lemos, Concello de.  Lugo

07. Renacentista

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

HOSPITAL, SAN PEDRO FIZ O DE. O INCIO

O Incio, concello de. Lugo

05. Románico

 

RELIGIOSA. ARQUITECTURA

OIA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE

Oia, Concello de. Pontevedra

05. Románico, gótico, barroco

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

OURENSE, CASCO HISTÓRICO URBANO

Ourense, Concello de. Ourense

12.  Varios. Casco Urbano histórico

PLATA, RUTA DA

 

OURENSE, CATEDRAL DE

Ourense, Concello de. Ourense

05. Románico.Gótico- Barroco

PLATA, RUTA DA

 

VILAR DE DONAS, IGREXA DE SAN SALVADOR DE

Palas de Rei, Concello de, Lugo

05. Románico

FRANCES, CAMIÑO

 

PAMBRE, CASTELO DE

Palas de Rei, Concello de. Lugo

06. Gótico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

PEDRAFITA DO CEBREIRO E IGREXA DE SANTA MARÍA

Pedrafita do Cebreiro, Concello de. Lugo

11.  Popular. Arquitectura-Románico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

PONTEVEDRA, CASCO HISTÓRICO HISTÓRICO

Pontevedra, Concello de. Pontevedra

12. Varios. Casco urbano histórico

PORTUGUÉS, CAMIÑO

 

BAROÑA, CASTRO DE

Porto do Son, Concello de. Coruña

02. Cultura Castrexa (SV aC-ata a segunda metade do S. I dC)

 

CASTREXA, ARQUITECTURA

PORTOMARÍN, IGREXA DE SAN XOÁN DE

Portomarín, Concello de. Lugo

05. Románico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

RIBADAVIA, BARRIO XUDEO DE

Rivadavia, Concello de. Ourense

12. Varios. Casco urbano Histórico

 

CIVIL-RELIXIOSA, ARQUITECTURA

SAMOS, MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE

Samos, Concello de. Lugo

08. Barroco

FRANCÉS, CAMIÑO

 

OSEIRA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE

San Cristobo de Cea, Concello de. Ourense

06.  Románico-Renacentista-Barroco

PLATA, RUTA DA

 

CARBOEIRO, MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DE

Silleda, Concello de. Pontevedra

05. Románico

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

 

“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003”

ome do edificio-Conxunto

Localización Xeográfica

Estilo

Ruta Xacobea

Patrimonio Monumental

CAAVEIRO, MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE

A Capela, Concello de. A Coruña

05. Románico

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

A GUARDA, CASTRO DE

A Guarda, Concello de. Pontevedra

02. Cultura castrexa

 

CASTREXA, ARQUITECTURA

BETANZOS, CASCO HISTÓRICO

Betanzos, Concello de. A Coruña

12. Varios. Casco histórico

 

CASCO URBANO

CELANOVA, SAN MIGUEL DE/MOSTEIRO DE SAN SALVADOR

Celanova, Concello de. Ourense

04. Prerrománico. Mozárabe
08. Barroco

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

FERROL, CASCO URBANO HISTÓRICO

Ferrol, concello de. A Coruña

09. Neoclásico

 

CASCO URBANO

FOZ, SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO

Foz, Concello de. Lugo

05. Románico

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

LOURENZÁ, MOSTEIRO DE SAN SALVADOR

Lourenzá, Concello de. Lugo

08.  Barroco

NORTE, CAMIÑO DO

 

LUGO, CASCO HISTÓRICO

Lugo, Concello de. Lugo

12. Varios. Casco urbano Histórico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

MELIDE, SANTA MARÍA DE/SAN PEDRO DE

Melide, Concello de. A Coruña

05. Románico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

MONFERO, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA

Monfero, Concello de. A Coruña

08. Barroco

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

MONTERROSO, SAN JUAN DE NOVELÚA

Monterroso, Concello de. Lugo

05. Románico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

MUXÍA, SAN XIÁN DE MORAIME/SANTUARIO VIRXE DA BARCA

Muxía, Concello de. A Coruña

05. Románico
08. Barroco

INGLÉS, CAMIÑO

 

NOIA, SAN MARTIÑO DE

Noia, Concello de. A Coruña

06. Gótico

AROUSA, CAMIÑO DO MAR DE

 

O SAVIÑAO, SAN ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO/SAN PAIO DE DIOMONDI

O Saviñao, Concello de. Lugo

05. Románico

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

PANTÓN, MOSTEIRO DE EIRÉ/MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE FERREIRA

Pantón Concello de. Lugo

05. Románico

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

SARRIA, SANTIAGO DE BARBADELO/CONVENTO DA MAGDALENA

Sarria, Concello de. Lugo

05. Románico
06. Gótico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

TOQUES, SAN ANTOLÍN DE

Toques, Concello de. A Coruña

05. Románico

FRANCÉS, CAMIÑO

 

VIMIANZO, CASTELO DE

Vimianzo, Concello de. A Coruña

06. Gótico

 

CIVIL, ARQUITECTURA

VIVEIRO, CASCO HISTÓRICO

Vivieiro, Concello de. Lugo

12. Varios. Casco histórico

 

CASCO URBANO HISTÓRICO

 

 

“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004”

Nome do edificio-Conxunto

Localización Xeográfica

Estilo

Ruta Xacobea

Patrimonio Monumental

CORUÑA, CASCO HISTÓRICO

A Coruña, Concello de. A Coruña

12. Varios. Casco Urbano Histórico

INGLÉS, CAMIÑO

 

ALLARIZ, CASCO URBANO HISTÓRICO

Allariz, Concello de. Ourense

12. Varios. Casco Urbano Histórico

PLATA, RUTA DA

CASCO URBANO

BAIONA, CASCO URBANO HISTÓRICO DE

Baiona. Concello de. Pontevedra

12. Varios. Casco Urbano Histórico

 

CASCO URBANO

BANDE, SANTA COMBA DE

Bande, Concello de. Ourense

04.Prerrománico. Visigótico

 

RELIXIOSA. ARQUITECTURA

CAMBRE, IGREXA DE SANTA MARÍA DE

Cambre, Concello de. A Coruña

05. Románico

INGLÉS, CAMIÑO

 

DOZÓN, IGREXA DE DAN PEDRO DE VILANOVA

Dozón, Concello de. Pontevedra

05. Románico

PLATA, RUTA DA

 

ENTRIMO, SANTA MARÍA A REAL DE

Entrimo, Concello de. Ourense

08. Barroco

 

RELIXIOSA. ARQUITECTURA

SERANTES, SANTO TOMÉ/SAN CLODIO, MOSTEIRO

Leiro, Concello de. Ourense

05. Románico

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

MONTEDERRAMO, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA

Montederramo, Concello de. Ourense

07. Renacemento

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

MONTERREI, CASTELO/MIXÓS, SANTA MARÍA

Monterrei, Concello de. Ourense

06. Gótico/04. Prerrománico. Mozárabe

PLATA, RUTA DA

 

RIBAS DE SIL, SAN ESTEVO

Nogueira de Ramuín, Concello de. Ourense

08. Barroco

 

MONÁSTICA, ARQUITECTURA

O BOLO. SANTUARIO DAS ERMIDAS DE

O Bolo, Concello de. Ourense

08. Barroco

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA

IRIA FLAVIA, COLEXIATA/ESCLAVITUD, SANTUARIO DE

Padrón, Concello de. A Coruña

08. Barroco

PORTUGUÉS, CAMIÑO

 

VIGO, CASCO URBANO DE

Vigo, Concello de. Pontevedra

12. Varios. Casco Urbano Histórico

 

CASCO URBANO

CAMANZO, MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE

Vila de Cruces, Concello de.Pontevedra

05. Románico

PLATA, RUTA DA

 

AREALONGA, IGREXA DE

Vilagarcía de Arousa, Concello de. Pontevedra

08. Barroco

AROUSA, CAMIÑO DO MAR DE

 

XUNQUEIRA DE AMBÍA, COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL

Xunqueira de Ambía. Concello de. Ourense

05. Románico

 

RELIXIOSA, ARQUITECTURA