“PROXECTO GALLAECIA” e “PROXECTO GALLAECIA INTERACTIVA”
A arquitectura monumental en Galicia.
Fondo Arquivo-Fotográfico e Base de Datos.
A conservación e preservación do importante legado cultural e patrimonio histórico que posuimos en Galicia a carón dos valores espirituais e históricos como nexo social de pobos e culturas, ten seu indudable recoñecemento e proxección a nivel mundial cos Camiños que se achegan a Santiago de Compostela. Este nucleo vertebrador de evolución cultural, gracias a integración de saberes, dá boa conta da importancia que precisa a súa consulta, investigación, referencias, ou se cabe ainda máis, da beleza e riqueza tanto artística coma arquitectónica que se agocha en cada vila, en cada pobo ou mesmo en cada valado ou carreiro que percorren nosa xeografía e sinalan os camiños que conforman noso presente, razón de ser cultural da Humanidade, e fiestra aberta ó futuro. (…)
É de ben común dar a coñecer a Realidade. Esta achégase a nós en diversas cadencias. Ás veces, e sen decatarse, algo tan común coma a mesma realidade tenta ser algo normal e pasa desapercibida. Decátase un da maxia da fotografía con só mirala. Quen viu coma ésta impregna os instantes, os sentimentos, a razón de facer e manter as nosas tradicións e a nosa historia é quén de poder consultar eses fragmentos, esas sensacións.
O “Proxecto Gallaecia. Arquivo Fotográfico. A Arquitectura Monumental en Galicia”, amosa e recolle parte do legado dun dos hitos culturais do momento, o “Xacobeo en Galicia”.
O Arquivo Fotográfico “Proxecto Gallaecia”, na súa primeira versión física dos anos 2001 a2004, proposta por Producciones Vigo s.l., toma forma da man e da Dirección de Roberto Quintero quen sinte coma as inquedanzas son o limiar para que noso Patrimonio Arquitectónico nos eidos Civil, Relixioso e Castrense teñan identidade a través da fotografía de autor dende o punto de vista técnico. Neste caso, coa participación dunha nova xeración de fotógrafos, atrevidos ou non, pero sempre comprometidos coa súa obra e esencia. A produción e a coordinación está ao cargo de José Luis González Barceló,e Rita Estévez, licenciada en Xeografía e Historia, Museóloga e experta en catalogación e arquivo, senta a base deste proxecto coas súas directrices, referencias e coñecementos.
O “Proxecto Gallaecia Interactiva” ano 2010, a versión promocional para web do fondo de imaxes e os seus contidos, propiedade da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, crease á proposta de ACEIMAR (Asociación Cultural de Centros de Enseñanza Internacional Marcote) coa axuda da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así o arquivo, os seus contidos e bibliografía, faise público e accesible a todo o mundo a través de internet como medio de consulta, formación e investigación. Ademáis do seu motor de búsqueda por Camiños a Santiago de Compostela, Provincias ou Conxuntos Arquitectónicos, é unha ferramenta para disfrutar da beleza das imaxes gracias ao seu modo presentación de fotografías en modo continuado de ramdom , ou por seleccións específicas.
Para esta versión interactiva a producción está a cargo de José Luis González Barceló, a programación, aquitectura e xestión das bases de datos é realizada por Jorge Touris Otero, compartindo ambolosdous o deseño web.
A continuidade e unidade do proxecto ten un claro obxectivo de promoción e difusión cultural por unha banda da nosa riqueza arquitectónica, e por outra, o comeñecento do valor paisaxístico dos lugares e da historia que viviu ou ainda perdura ao redor destes enclaves nos Camiños a Santiago de Compostela.
O Proxecto Gallaecia non é unha simple librería ou arquivo de imaxes. Non debería esvaecerse ahí. Debe seguir medrando en sabiduría e popularidade ata chegar a todos nós para que coñezamos ainda máis se cabe, a Máxia que agocha nosa Terra a través da sua arquitectura e emplazamentos, primeiro dos ollos que a captan, despois co corazón.
(*) Extractos das presentacións do “Proxecto Gallaecia”. Vigo. Anos 2000-2004 e 2010.
José Luis González G. Barceló.
Productor e coordinador do “Proxecto Gallaecia”.
Cara ao ano 2001, a empresa de producción audiovisual “Producciones Vigo S.L.”, presentou daquela e con moito agarimo á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia o que considerou un importante e ambicioso proxecto a desenrolar ao longo de 4 anos : o ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela”.
A idea do proxecto foi ben acollida así que tras concretar algunas cuestión técnicas específicas e de xestións de dereitos e de propiedade, o “Proxecto Gallaecia” comenzou a tomar forma física e a medrar.
Queremos dar a grazas sen lugar a dúbidas ás persoas que traballaron na Xerencia do Xacobeo e na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e que no seu momento deron luz verde a esta proposta no só pola aportación económica senon tamén polo seu interese que permitiu achegarnos ao corazón da nosa Galiza nunha experiencia conxunta e satisfactoria, a lo menos pola nosa banda.
Tamén queremos agradecer a inestimable axuda e colaboración de tódalas persoas, institucións e entidades que participaron co seu tempo e medios axudándonos a recopilar ao longo de case 5 anos eses fragmentos de realidade atrapados en emulsións de 35x23 mm.
E por suposto como non, a cada un dos autores, a cada membro e a cada xefe dos equipos do proxecto pola súa ilusión, creatividade, esforzo e traballo para levar a bo fin este arquivo de 2.000 diapositivas e da súa base de datos, información e referencias.
(**) Queremos suliñar que a propiedade das fotografías e das bases de datos do “Proxecto Gallaecia. Anos 2001-2004” pertence á Xerencia de Promoción do Xacobeo e dispón das mesmas físicamente nos seus arquivos. Os materiais que aporta a web “Proxecto Gallaecia Interactiva” son con fins promocionais e culturais do proxecto e do patrimonio arquitectónico rexistrado.
O ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela” está enfocado globalmente dende dous ámbitos: o da Arquitectura Monumental de Galicia en xeral, e o dos diferentes Camiños e Vías que chegan a Santiago de Compostela. Realizouse debido a súa complexidade (máis de 50 localizacións en toda Galicia), ao longo de 5 anos (unha media de 8-12 localizacións por ano. No ano 2000 xa se iniciu o proxecto como producción propia antes de plantexalo definitivamente á Xerencia do Xacobeo).
Este é un completo fondo material de grande importancia pola súa magnitude e amplitude en material gráfico, pola realidade cultural e histórica e pola calidade no contido das fotografías que recollen noso patrimonio monumental e arquitectónico, dende o aspecto técnico da nosa arquitectura civil, relixiosa e militar (perspectivas, enclave, situación, conservación,...); e dende o punto de vista estético e artístico de diferentes autores fotográficos do momento.
As características do arquivo e do material de traballo, tras ofertar distintos formatos e soportes no proxecto inicial plantexado no ano 2001, foi presentado por solicitude expresa da Xerencia de Promocion do Xacobeo en 35mm. en diapositiva a cor. A fototeca, en cada entrega anual, constou de 500 diapositivas, seleccionando aproximadamente entre 50-60 % de carácter específicamente técnico e o resto artístico. O resultado foi un fondo documental total de 2.000 fotografías de consulta perfectamente clasificadas e identificadas nos seus correspondentes maletins de arquivo.
A propiedade das fotografías e das bases de datos do “Proxecto Gallaecia. Anos 2001-2004” pertence á Xunta de Galicia, Xerencia de Promoción do Xacobeo e dispón das mesmas físicamente nos seus arquivos.
Cada unha das entregas ou etapas constou de diferentes equipos de traballo para o arquivo fotográfico técnico, e dos mesmos autores a nivel individual para o arquivo fotográfico artístico.
A súa vez se realizou a selección, arquivo, clasificación e base de datos de referencia das fotografías, reunidas nun Cd no que se incluiron:
· Miniaturas das fotografías para a súa fácil identificación, selección ou localización.
· Catalogación, descripción e referencias
· Consultas de datos según:
- Arquitectura Monumental, Camiños Xacobeos,
- Estilos, Indice Edificios, Indice Xeográfico,
- Número de Inventario, Parte do Proxecto
· Mapa coas localizacións xeográficas
· Fichas numeradas de cada un dos edificios con fotografía de referencia.
As unidades foron supervisadas no Departamento de Catalogación por Rita Estévez, licenciada en Xeografía e Historia, Museóloga e experta en catalogación e arquivo.
Tanto a planificación das rutas como o rexistro do patrimonio arquitectónico e paisaxístico, a metodoloxía, recollida e a clasificación do material gráfico realízouse conxuntamente entre o Departamento de Catalogación, o Departamento fotográfico dirixido por Roberto Quintero e o Departamento de Producción a cargo de José Luis González.
Anualmente dende o ano 2001, realizáronse 4 entregas tituladas:
“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001”,
“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002”
“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003”
“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004”
Os detalles dos contidos e localizacións se relacionan nos Anexos.
O arquivo do Proxecto Gallaecia posúe unha base actual de 2.000 fotografías (duas mil fotografías) e datos de referencia que recollen inventariado prácticamente o total do patrimonio arquitectónico monumental e histórico da nosa Comunidade.
Nosa proposta, como así se xestou inicialmente, é que este Arquivo, sirva de ferramenta e de material de traballo e de contidos audiovisuais á Promoción e Difusión dos Camiños de Santiago de Compostela, e sobre todo a Galicia como referente Mundial.
Éste Arquivo Fotográfico e Base de Datos é un enclave de documentación e fototeca ó servicio da nosa Cultura e da Memoria Viva, idóneo para que a través da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago ou da Consellería de Cultura coma entidades xestoras, sexan quen de realizar o mellor aproveitamento dos recursos que ofrece, ben en cada entrega, ou ben co conxunto ou totalidade das unidades, do Proxecto Cultural Documental ”Proxecto Gallaecia: Fondo-Arquivo fotográfico sobre a arquitectura monumental de Galicia a través dos Camiños a Santiago de Compostela” complementaria con outros fondos documentais do Patrimonio Cultural, Histórico e Artístico de Galicia.
José Luis González G. Barceló.
Productor e coordinador do “Proxecto Gallaecia”.
IV.- PROCESO DE CATALOGACIÓN E DESCRIPCIÓN DA BASE DE DATOS DO PROXECTO GALLAECIA. EXPLICACIÓN DOS CAMPOS QUE COMPOÑEN A BASE DE DATOS.
O interese de organiza-lo material fotográfico dun xeito práctico e razonado para o seu doado e correcto emprego, levou á necesidade de clasificar e de cataloga-lo material existente así como de sistematiza-la información correspondente ó mesmo.
IV.I.- CATALOGACIÓN
O traballo de catalogación componse de tres partes complementarias:
1º parte que consiste en asignar un número a cada un dos monumentos ou cascos históricos fotografiados. Recóllense tamén o número total de fotografías realizadas a cada monumento asignando un subnúmero a cada fotografía-diapositiva.
2º parte que consiste en recoller a información pertinente a cada un dos monumentos e cascos históricos nunha base de datos para facilita-lo acceso a información.
3º parte que consiste en gardar as fotografías nun CDRom. Cada unha das fotografías vai numerada e leva o seu correspondente pé de foto.
IV.II.- DESCRIPCIÓN DAS BASES DE DATOS
A base de datos realizada para esta tarefa de catalogación e documentación deseñouse pensando nas características do material gráfico, tentando abranguer a máxina información posible que facilite o manexo do material para futuros traballos.
A base de datos componse de tres partes claramente diferenciadas:
1. Unha parte xeral na que se recollen catro campos claves que realizan unha primeira clasificación do material
· Número de Edificio coa fotografía do mesmo: Neste campo sitúase o número de identificación do monumento e unha fotografía xeral do mesmo. Por exemplo, o número seleccionado a partires do cal se catalogou ás fotografías da segunda entrega é o 115 xa que se tiveron en conta os monumentos fotografiados na 1º Parte do Proxecto Gallaecia. Ano 2000/2001 –dándolles o seu número correspondente-. O último número asignado é o 133 e así sucesivamente.
· Ruta Xacobea: Neste campo sinálase á ruta xacobea á que pertence o edificio ou casco.
· Patrimonio Monumental: Neste campo sinálase, en caso de que non pertenza a unha ruta xacobea, si é un edificio de arquitectura civil, arquitectura relixiosa, ou casco histórico.
· Fotografía do edificio
2. Unha parte artística na que se recollen os campos básicos para o inventariado dun monumento ou caso histórico:
· Nome do edificio-Conxunto Histórico
· Estilo: Neste campo identifícase dun xeito xeral o estilo artístico do edificio ou o estilo predominante no edificio xa que en moitos monumentos participan de periodos artísticos diferentes. Para poder sistematiza-la información cronolóxicamente, asignouse un número específico a cada estilo.
01.MEGALITISMO (-3500 a 1800 a.c)
02. CULTURA CASTREXA (SV aC-ata a segunda metade do S. I dC)
· FASE GALAICO-ROMANA (A PARTIR DA SEGUNDA METADE DO SÉCULO IDC)
03.ROMANIZACIÓN (1 a IV)
04.PRERROMÁNICO (V a X)
· SUEVO (VI)
· VISIGODO (VII)
· ASTURIANO (VIII a IX)
· MOZÁRABE E REPOBOACIÓN (X)
05. ROMÁNICO (XI a XII)
06.GÓTICO (XIII, XIV, XV)
07.RENACEMENTO (XVI e primeiro tercio XVII)
08.BARROCO (XVII a XVIII)
09.NEOCLÁSICO (XVIII e primeiro tercio XIX)
· HISTORICISMO (mediados, finais do século XIX)
10.CONTEMPORÁNEO (Século XX)
· ECLETICISMO- HISTORICISMO(Comenzos do século XX)
· MODERNISMO (comenzos do século XX)
· RACIONALISMO (1930-1936)
· PROGRESO (1957-1980)
· ACTUALIDADE
11. CULTURA POPULAR
12. VARIOS. CASCO HISTÓRICO
· Localización Xeográfica
· Tipo edificio: Neste campo sinálase si é un mosteiro, un castelo, unha igrexa, unha catedral, un casco ....
· Cronoloxía: A cronoloxía é, en moitos casos, de referencia xa que é imposible asignar unha cronoloxía concreta a un casco histórico ou a monumentos que sufriron diferentes campañas constructivas.
· Autor-Arquitecto
· Estado de conservación
· Descripción do Edificio: Neste campo faise unha breve descripción do edificio
· Documentación: Neste campo indícase a bibliografía xeral empregada para a documentación
3. Unha terceira parte centrada en datos de interés sobre o material gráfico:
· Parte do Proxecto Gallaecia: Parte do proxecto ó que pertence a fotografía
· Ano de realización da fotografía
· Autores das fotografías
· Fotografía total o parcialmente o edificio: neste campo descrébese si se ten material completo do edificio o só do exterior.
· Número de diapositivas realizadas do edificio
· Información sobre a numeración e pés de fotos das fotografías no CDRom: Neste apartado indícase o acceso ás fotografías no CDRom. Realízase unha indicación sobre o número e nome das carpetas sinalándose, ó mesmo tempo, o número de fotografías inventariadas en cada carpeta.
· Observacións
A base de datos permite a sistematización da información posibilitando, de forma inmediata, ó acceso de datos como: nº de edificios fotografiados, estilos dos monumentos fotografiados, autores das fotografías, edificios fotografiados en cada ruta xacobea, pés de foto.... Toda esta información pode consultarse de forma ordeada na opción consultas:
· Consulta Estilos
· Consulta Rutas
· Consulta Monumentos
· Consulta Autores
· Consulta Edificios
· Consulta Edificios e pes de foto
· Consulta localización xeográfica
· Consulta nº de inventario
Vigo. Anos 2000-2004.
Rita Estévez Estévez
Dirección de Arquivo e Catalogación Proxecto
ANEXOS
“PROXECTO GALLAECIA”.
ANEXO 01.1.-
“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001”,
“Gallaecia. A Arquitectura en Galicia no IIIº Milenio”.
Primeira Parte (ano 2000-2001). Arquivo Fotográfico.
Localizacións recollidas. Ano 2001:
Catedral de Tui, Castelo de Sotomaior, Monasterio de Armenteira, Lourizan, Castrelos, Escola Militar de Marín, Sobrado dos Monxes, Pazo de Oca, Monasterio de Poio, Conxunto Combarro, Catedral de Mondoñedo, Pazo de Baión
Catedral de Santiago de Compostela, Hostal Reis Católicos, San Martiño Pinario, Parte Vella da Cidade.
Dirección Proxecto: Roberto Quintero
Producción e Coordinación: José Luis González
Dirección de Arquivo e Catalogación: Rita Estévez
Producción Executiva: Fernando Marcote
Fotógrafos:
Andrés Perez L. , Patricia Perez T., Melitón Rodriguez L., Tatiana Lameiro G., Lorena González, Marta Morandeira, Elena Rodríguez, Elisabeth Pazo, Manuel Torres E., Davíd Dadín P., Davíd Bermudez B, Ana R. Sánchez B, Roberto Alvarez, Davíd Barreiro, Ramón Fariña, Felipe González, Raquel Estevez, Alejandro Mazóa, Manuel Louzao, Jorge Vidal, Montserrat Maneiro, Marta Mourelos, Reyes Rodríguez, Mª Jesús González, Carmen López Francísca Martínez, Vanesa Torres, Paula Uhía, Iván Lesende, Obdulia Domínguez, Felipe Toitiño, Davíd Paz, David Gil, Jorge Pino, Victor Mañana, Lino Alvarez, Jaime Alvarez, Iago Docampo, J. Carlos García, Gonzalo Garrido, Miguel Rodriguez, Elisa Alfaya, Manuel Pena, Elisa Dacosta, Tania Portela, José Fernández, Lara Garrido, Carmen Gimenez, Andrés Varela
Composición e Maquetación Proxecto: José Luis Glez. Barceló
Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.
ANEXO 01.2.-
“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002”
Localizacións recollidas. Ano 2002:
(Camiño Francés, Camiño Portugués, Vía da Plata):
Dirección Proxecto: Roberto Quintero
Producción e Coordinación: José Luis González
Dirección de Arquivo e Catalogación: Rita Estévez
Producción Executiva: Fernando Marcote
Arquivo: Andrés Perez, Eugenio Rouco,
Nuria Pérez, Iria Alvarez, Hector Meijide
Fotógrafos: Andrés Pérez, Melitón Rodríguez, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Iria Alvarez e Colectivo fotograf.
Localizacións 2002:
Pedrafita do Cebreiro, Mosteiro de Samos, Portomarín, Iglesia de Hospital, Castro de Viladonga, Praza de Fefiñanez, Casco Vello Cidade de Pontevedra, Catedral e Casco Vello Cidade de Ourense, Mosteiro de Oseira, Barrio Xudeo Rivadavia, Mosteiro de Oia, Castelo de Castrocaldelas, Castelo de Pambre, Catoira, Mosteiro de Carboeiro, Castro Baroña, Igrexa de Vilar de Donas.
Composición e Maquetación Proxecto: José Luis Glez. Barceló
Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.
ANEXO 01.3.-
“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003”
Arquivo Fotográfico.Terceira Parte. Ano 2003.
Dirección Proxecto: Roberto Quintero López
Producción Executiva: Fernando Marcote Núñez
Producción e Coordinación: José Luis González Glez. Barceló
Dirección de Arquivo e Catalogación: Rita Estévez Estévez
Arquivo:
Juan Carlos Pérez, Senen Hevia, Iria Alvarez, Hector Meijide
Fotógrafos:
Juan Carlos Pérez, Senen Hevia, Iria Alvarez, Hector Meijide, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Juan Angel López
Localizacións Xeográficas 2003:
A Guarda, Celanova, Pantón, O Saviñao, Sarriá, Lugo, Monterroso, Toques, Melide, Foz, Lourenzá, Viveiro, Ferrol, A Capela, Monfero, Betanzos, Vimianzo, Muxía, Noia.
Composición e Maquetación Proxecto: JLGG Barceló
Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.
ANEXO 01.4.-
“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004”
Arquivo Fotográfico.Cuarta Parte. Ano 2004.
Dirección Proxecto: Roberto Quintero López
Producción Executiva: Fernando Marcote Núñez
Producción e Coordinación: José Luis González Glez. Barceló
Dirección de Arquivo e Catalogación: Rita Estévez Estévez
Arquivo: Iria Alvarez, Nuria Pérez, Carlos Contreras
Fotógrafos:
Juan Carlos Pérez, Iria Alvarez, Eugenio Rouco, Nuria Pérez, Carlos Contreras, Margarita Rguez.
Colaboradores:
Manuel Alvarez, Luis Iglesias, Miguel Rguez., Antonio Pérez, Angela González
Localizacións Xeográficas 2004:
Montederramo, Rivas de Sil, Xunqueira de Ambía, Bande, Baiona, Entrimo, O Bolo, Vigo, Serantes, Arealonga, Coruña, Cambre, Allaríz, Dozón, Camanzo, Monterrei, Iria Flavia.
Composición e Maquetación Proxecto: JLGG Barceló
Producciones Vigo S.L. para a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Audiovisual. Xunta de Galicia.
ANEXO
02.-
“PROXECTO GALLAECIA”.
“Iª Parte: Santiago de Compostela. Ano 2001” |
|
||||||||
Nome do edificio-Conxunto |
Localización Xeográfica |
Estilo |
Ruta Xacobea |
Patrimonio Monumental |
|
||||
ARMENTEIRA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE |
Armenteira. Meis, Concello de. Pontevedra |
06. Gótico (cisterciense) |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|
||||
BAIÓN, PAZO DE |
Baión, Vilanova de Arousa, Concello de.Pontevedra |
10. Contemporáneo-Reconstrucción |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
COMBARRO. CONXUNTO HISTÓRICO |
Combarro. Poio, Concello de. Pontevedra |
11. Popular. Arquitectura |
|
CONXUNTO HISTÓRICO |
|
||||
LOURIZÁN, PAZO DE |
Lourizán. Pontevedra, Concello de. Pontevedra |
10. Contemporáneo. Eclecticismo |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
MARÍN, ESCOLA NAVAL MILITAR DE |
Marín, Concello de. Pontevedra |
10. Contemporáneo. Arquitectura Postguerra |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
MONDOÑEDO, CATEDRAL DE |
Mondoñedo, Concello de. Lugo |
06. Gótico |
NORTE, CAMIÑO DO |
|
|
||||
OCA, PAZO DE |
Oca. Estrada, Concello da. Pontevedra |
08. Barroco (XVIII) |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
POIO, MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE |
Poio, Concello de. Pontevedra |
08. Barroco |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|
||||
SANTIAGO, CASCO HISTÓRICO |
Santiago, Concello de. A Coruña |
12. Varios. Casco histórico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|
||||
SANTIAGO DE COMPOSTELA, CATEDRAL DE |
Santiago, Concello de. A Coruña |
05. Románico (XI a XII) -08. Barroco |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|
||||
SOBRADO DOS MONXES, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE |
Sobrado, Concello de. A Coruña |
08. Barroco (XVII-XVIII) |
NORTE, CAMIÑO DO |
|
|
||||
SOUTOMAIOR, CASTELO DE |
Soutomaior, Concello de. Pontevedra |
06. Gótico (S. XIII, XIV, XV) |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
TUI, CATEDRAL DE |
Tui, Concello de. Pontevedra |
05. Románico-Gótico (S. XII, XIII, XIV, XV) |
PORTUGUÉS, CAMIÑO |
|
|
||||
QUIÑONES DE LEÓN, PAZO DE |
Vigo, Concello de. Pontevedra |
07. Renacentista |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
SOBROSO, CASTELO DE |
Vilasobroso, Mondariz, Concello de. Pontevedra |
06. Gótico |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|
||||
“IIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Centro Sur. Ano 2002” |
|||||||||
Nome do edificio-Conxunto |
Localización Xeográfica |
Estilo |
Ruta Xacobea |
Patrimonio Monumental |
|||||
CAMBADOS, CASCO HISTÓRICO URBANO |
Cambados, Concello de. Pontevedra |
12. Varios. Casco urbano histórico |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
|||||
CASTRO CALDELAS, CASTELO DE |
Castro Caldelas, Concello de. Ourense |
06. Gótico |
|
CIVIL. ARQUITECTURA |
|||||
VILADONGA, CASTRO DE |
Castro de Rei, Concello de. Lugo |
02. Cultura Castrexa. Fase Galaico-Romana (Segunda metade do século IdC) |
|
CASTREXA, ARQUITECTURA |
|||||
CATOIRA, TORRES DO OESTE DE |
Catoira, Concello de. Pontevedra |
04. Prerrománico. Asturiano |
AROUSA, CAMIÑO DE |
|
|||||
MONFORTE DE LEMOS, COLEXIO DO CARDENAL DE |
Monforte de Lemos, Concello de. Lugo |
07. Renacentista |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|||||
HOSPITAL, SAN PEDRO FIZ O DE. O INCIO |
O Incio, concello de. Lugo |
05. Románico |
|
RELIGIOSA. ARQUITECTURA |
|||||
OIA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE |
Oia, Concello de. Pontevedra |
05. Románico, gótico, barroco |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|||||
OURENSE, CASCO HISTÓRICO URBANO |
Ourense, Concello de. Ourense |
12. Varios. Casco Urbano histórico |
PLATA, RUTA DA |
|
|||||
OURENSE, CATEDRAL DE |
Ourense, Concello de. Ourense |
05. Románico.Gótico- Barroco |
PLATA, RUTA DA |
|
|||||
VILAR DE DONAS, IGREXA DE SAN SALVADOR DE |
Palas de Rei, Concello de, Lugo |
05. Románico |
FRANCES, CAMIÑO |
|
|||||
PAMBRE, CASTELO DE |
Palas de Rei, Concello de. Lugo |
06. Gótico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|||||
PEDRAFITA DO CEBREIRO E IGREXA DE SANTA MARÍA |
Pedrafita do Cebreiro, Concello de. Lugo |
11. Popular. Arquitectura-Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|||||
PONTEVEDRA, CASCO HISTÓRICO HISTÓRICO |
Pontevedra, Concello de. Pontevedra |
12. Varios. Casco urbano histórico |
PORTUGUÉS, CAMIÑO |
|
|||||
BAROÑA, CASTRO DE |
Porto do Son, Concello de. Coruña |
02. Cultura Castrexa (SV aC-ata a segunda metade do S. I dC) |
|
CASTREXA, ARQUITECTURA |
|||||
PORTOMARÍN, IGREXA DE SAN XOÁN DE |
Portomarín, Concello de. Lugo |
05. Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|||||
RIBADAVIA, BARRIO XUDEO DE |
Rivadavia, Concello de. Ourense |
12. Varios. Casco urbano Histórico |
|
CIVIL-RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|||||
SAMOS, MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE |
Samos, Concello de. Lugo |
08. Barroco |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
|||||
OSEIRA, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE |
San Cristobo de Cea, Concello de. Ourense |
06. Románico-Renacentista-Barroco |
PLATA, RUTA DA |
|
|||||
CARBOEIRO, MOSTEIRO DE SAN LOURENZO DE |
Silleda, Concello de. Pontevedra |
05. Románico |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
|||||
“IIIª Parte: A Galicia Monumental e Rutas do Norte. Ano 2003” |
||||
ome do edificio-Conxunto |
Localización Xeográfica |
Estilo |
Ruta Xacobea |
Patrimonio Monumental |
CAAVEIRO, MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE |
A Capela, Concello de. A Coruña |
05. Románico |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
A GUARDA, CASTRO DE |
A Guarda, Concello de. Pontevedra |
02. Cultura castrexa |
|
CASTREXA, ARQUITECTURA |
BETANZOS, CASCO HISTÓRICO |
Betanzos, Concello de. A Coruña |
12. Varios. Casco histórico |
|
CASCO URBANO |
CELANOVA, SAN MIGUEL DE/MOSTEIRO DE SAN SALVADOR |
Celanova, Concello de. Ourense |
04. Prerrománico. Mozárabe |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
FERROL, CASCO URBANO HISTÓRICO |
Ferrol, concello de. A Coruña |
09. Neoclásico |
|
CASCO URBANO |
FOZ, SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO |
Foz, Concello de. Lugo |
05. Románico |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
LOURENZÁ, MOSTEIRO DE SAN SALVADOR |
Lourenzá, Concello de. Lugo |
08. Barroco |
NORTE, CAMIÑO DO |
|
LUGO, CASCO HISTÓRICO |
Lugo, Concello de. Lugo |
12. Varios. Casco urbano Histórico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
MELIDE, SANTA MARÍA DE/SAN PEDRO DE |
Melide, Concello de. A Coruña |
05. Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
MONFERO, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA |
Monfero, Concello de. A Coruña |
08. Barroco |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
MONTERROSO, SAN JUAN DE NOVELÚA |
Monterroso, Concello de. Lugo |
05. Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
MUXÍA, SAN XIÁN DE MORAIME/SANTUARIO VIRXE DA BARCA |
Muxía, Concello de. A Coruña |
05. Románico |
INGLÉS, CAMIÑO |
|
NOIA, SAN MARTIÑO DE |
Noia, Concello de. A Coruña |
06. Gótico |
AROUSA, CAMIÑO DO MAR DE |
|
O SAVIÑAO, SAN ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO/SAN PAIO DE DIOMONDI |
O Saviñao, Concello de. Lugo |
05. Románico |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
PANTÓN, MOSTEIRO DE EIRÉ/MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE FERREIRA |
Pantón Concello de. Lugo |
05. Románico |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
SARRIA, SANTIAGO DE BARBADELO/CONVENTO DA MAGDALENA |
Sarria, Concello de. Lugo |
05. Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
TOQUES, SAN ANTOLÍN DE |
Toques, Concello de. A Coruña |
05. Románico |
FRANCÉS, CAMIÑO |
|
VIMIANZO, CASTELO DE |
Vimianzo, Concello de. A Coruña |
06. Gótico |
|
CIVIL, ARQUITECTURA |
VIVEIRO, CASCO HISTÓRICO |
Vivieiro, Concello de. Lugo |
12. Varios. Casco histórico |
|
CASCO URBANO HISTÓRICO |
“IVª Parte. Outros patrimonios Arquitectónicos de Galicia (Rutas Meridonais). Ano 2004” |
||||
Nome do edificio-Conxunto |
Localización Xeográfica |
Estilo |
Ruta Xacobea |
Patrimonio Monumental |
CORUÑA, CASCO HISTÓRICO |
A Coruña, Concello de. A Coruña |
12. Varios. Casco Urbano Histórico |
INGLÉS, CAMIÑO |
|
ALLARIZ, CASCO URBANO HISTÓRICO |
Allariz, Concello de. Ourense |
12. Varios. Casco Urbano Histórico |
PLATA, RUTA DA |
CASCO URBANO |
BAIONA, CASCO URBANO HISTÓRICO DE |
Baiona. Concello de. Pontevedra |
12. Varios. Casco Urbano Histórico |
|
CASCO URBANO |
BANDE, SANTA COMBA DE |
Bande, Concello de. Ourense |
04.Prerrománico. Visigótico |
|
RELIXIOSA. ARQUITECTURA |
CAMBRE, IGREXA DE SANTA MARÍA DE |
Cambre, Concello de. A Coruña |
05. Románico |
INGLÉS, CAMIÑO |
|
DOZÓN, IGREXA DE DAN PEDRO DE VILANOVA |
Dozón, Concello de. Pontevedra |
05. Románico |
PLATA, RUTA DA |
|
ENTRIMO, SANTA MARÍA A REAL DE |
Entrimo, Concello de. Ourense |
08. Barroco |
|
RELIXIOSA. ARQUITECTURA |
SERANTES, SANTO TOMÉ/SAN CLODIO, MOSTEIRO |
Leiro, Concello de. Ourense |
05. Románico |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
MONTEDERRAMO, MOSTEIRO DE SANTA MARÍA |
Montederramo, Concello de. Ourense |
07. Renacemento |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
MONTERREI, CASTELO/MIXÓS, SANTA MARÍA |
Monterrei, Concello de. Ourense |
06. Gótico/04. Prerrománico. Mozárabe |
PLATA, RUTA DA |
|
RIBAS DE SIL, SAN ESTEVO |
Nogueira de Ramuín, Concello de. Ourense |
08. Barroco |
|
MONÁSTICA, ARQUITECTURA |
O BOLO. SANTUARIO DAS ERMIDAS DE |
O Bolo, Concello de. Ourense |
08. Barroco |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |
IRIA FLAVIA, COLEXIATA/ESCLAVITUD, SANTUARIO DE |
Padrón, Concello de. A Coruña |
08. Barroco |
PORTUGUÉS, CAMIÑO |
|
VIGO, CASCO URBANO DE |
Vigo, Concello de. Pontevedra |
12. Varios. Casco Urbano Histórico |
|
CASCO URBANO |
CAMANZO, MOSTEIRO DE SAN SALVADOR DE |
Vila de Cruces, Concello de.Pontevedra |
05. Románico |
PLATA, RUTA DA |
|
AREALONGA, IGREXA DE |
Vilagarcía de Arousa, Concello de. Pontevedra |
08. Barroco |
AROUSA, CAMIÑO DO MAR DE |
|
XUNQUEIRA DE AMBÍA, COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL |
Xunqueira de Ambía. Concello de. Ourense |
05. Románico |
|
RELIXIOSA, ARQUITECTURA |