Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: BARRIO XUDEO DE RIBADAVIA

Ano de creación: Século XI

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A vila, declarada en 1947 Conxunto-Histórico Artístico, destaca polo esplendor dos seus edificios e a beleza das súas rúas.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
BARRIO XUDEO
    A cidade estaba incluida na Ruta Sefarad pola importancia da súa colonia xudía da que se conserva a xudería máis importante de Galicia. O barrio é do século XI e, na actualidade, pódese desfrutar deste entorno organizado arredor da Plaza da Magdalena que é o centro do antigo barrio. O máis interesante son as rúas estreitas e os soportais que nos trasportan á Galicia medieval onde o comercio do viño do Ribeiro, monopolizado case na súa totalidade polos xudeos, era fundamental para o desenvolvemento económico da cidade. Serán así mesmo os xudeos os que perfeccionen a calidade dos caldos mellorando o cultivo das vides, aproveitando o terreo en terrazas e extendendo a rede de regadios.

IGREXA DE SANTIAGO
    Edificio de estilo románico de finais do século XII e comezos do XIII, con planta dunha soa nave e ábsida semicircular. Fachada principal flanqueada por contrafortes. Portada de medio punto con tres arquivoltas semicirculares sobre xambas con capiteis de figuras e follas. Tímpano sobre mochetas con apertura trebolada. Sobre o tornachuvias, un rosetón con orlas de perlas.

IGREXA DE SAN XOÁN
    Pertenceu á orde dos cabaleiros hospitalarios de San Xoán de Xerusalén. Igrexa románica de finais do século XII dunha soa nave restangular con cuberta de madeira e ábsida semicircular con bóveda de cañón rematada en cascarón e fiestras similares a dos muros laterais. Presenta unha portada con arco sobre dintel, e sustitue ó tímpano, apoiado en mochetas e unha triple arquivolta sostida por xambas en derrame. Sobre a portada un tornachuvias con canzorros e, sobre éste, una fiestra de doble arquivolta en arco de medio punto sustentado por dúas columnas acobadas. Corona o conxunto, a cruz da orde de san Xoán e o Agnus Dei. As fachadas laterais presentan baixo o beirado do teito, canzorros, e nos paramentos catro fiestras románicas de doble arquivolta.

CASTELO DOS SARMIENTO
    Fortaleza da segunda metade do século XV da que se conservan os grandes muros, as portas, o torreón e os sepulcros excavados nas rocas ademáis dalgún tramo de muralla.

Fontes de información: "Ribadavia". Gran Enciclopedia Galega. Puga-Riña. Tomo XXVI. Gijón, 1974, pág. 194 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.