Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASCO URBANO HISTÓRICO FERROL
Ano de creación: Mediados do século XVIII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
INTRODUCCIÓN XERAL
O nacemento da cidade tal e como a coñecemos na actualidade parte de 1749 como resultado da política borbónica de rearme naval que decide crear un gran arsenal no norte de España e ferrol foi seleccionado para este menester tendo en conta as excepcionais condicións naturais da ría que permitían acoller a u gran número de barcos.
Inicialmete seleccionouse como asentmento o lugar da Graña pero debido a carencia de espacio deu lugar ó traslado do Arsenal a cercana vila de ferrol onde se crearon catro conxuntos urbanos: o Arsenal e a súa correspondente cidade de nova planta con deseño clasicista, o Asteleiro e o barrio obreiro. Todo esto estaba integrado dentro dunha muralla que tamén incorporou á primitiva vila existente.
A pesares desto, cada barrio estivo definido e individualizado, non só pola súa configuración urbanística senín tamén socialmente creando tres barrios claramente diferenciados: Ferrol Vello, A Magdalena e Esteiro. Cada barrio ten unhas peculiaridades ben definidas que son encuadrables e datables segundo o momento no que foron trazados.
1. BARRIO DE FERROL VELLO
Constitue o nucleo poblacional máis antigo, é o barrio existente antes da construcción do arsenal e tivo a súa época de explendor no sñeculo XIV co desenvolvemento dos nucleos mariñeiros. As súa rúas son estreitas e todas se dirixen cara ó lugar principal, o centro da vila, o peirao. O barrio estaba rodeado por un sinxelo muro que acollía ás edificacións máis importantes como a Casa Consistorial, o cárcere, o Hospital de pelegríns e a Igrexa de San Xulián. Na actualidade ningún destes edificios conserva o seu aspecto orixinal xa que ou ben foron demolidos ou totalmente reformados no século XVIII.
2. BARRIO DE ESTEIRO
Este é o segundo nucleo poboacional máis antigo de Ferrol. A súa orixe está totalmente ligado ó asteleiro que, a mediados do século XVIII, Fernando VI decide construir no monte Esteiro.
A instalación das gradas para os barcos delatou a necesidade de man de obra e polo tanto de vivenda co que se decidíu acomete-las obras de trazado dun barrio para os traballadores. A traza resultante e sinxela e práctica composta de seis rúas rectas estreitas e longas. Este será o barrio obreiro por excelencia.
3. ARSENAL
A data de 1750 é fundamental para a historia desta cidade xa que é cando se promulga a Real Orde de Fernando VI pola que se decide a constriucción du gran Arsenal de Marina no Norte de España. O proxecto foi encargado ós inxenieros militares Sánchez Bort, Cosme Álvarez e Francisco Llobet e pode decirse que é unha das obras máis importantes levadas a cabo neste século en España combinándose á perfección as necesiades militares coa arquitectura cos elementos industriais.
O proxecto consta dunha dársena rectangular rodeada de amplos malecóns que se levantaron sobre o fondo do mar. Sobre este recinto edificáronse numerosas construccións funcionais para diversos usos como ferrerías, baterías, almacéns...De entre todas destaca o edificio da Sala de Armas.
SALA DE ARMAS
O edificio estaba destinado a almacén de armas navais. Na actualidade é o cuartel de instrucción militar. O seu aspecto é palaciego tendo en conta as súas proporcións e a nobreza do material constructivo. É un edifico de planta rectangular con dous corpos rematados en cornisa corrida sobre a que destaca a cuberta mansarda o que lle da un aspecto moi francés. O conxunto remátase por un cimborrio que acolle no interior a unha escada espectacular.
ALMACÉN XERAL E O GRAN TINGLADO
Ámbolos dous edificios foron erixidos en época de Carlos III e constituían o modelo a seguir en futuras construccións que non chegaron a realizarse. O gran tinglado está na actualidade moi alterado polas constinuas reformas e engadidos pero é un bo exemplo de arquitectura funcional.
PORTA DO DIQUE
É a porta de acceso ó Arsenal e data da época de Carlos III. Nesta porta aunáronse tres tipos de construccións diferentes: un arco de triunfo, unha torre cadrada e unha cúpula semiesférica. O arco está flanqueado por dous columnas toscanas sobre as que se asenta un entablamento con ático e frontón semicircular. A torre decora as súas esquinas con longas pilastras xónicas e o escudo real no centro da perede e, por último a cúpula semiesférica rematada cunha linterna de ferro.
4. BARRIO DA MAGDALENA
Este barrio é unha interesante mostra das poboacións de nova planta creadas en datas de Carlos III -por Real Orde de 1761- onde se aproban os planos do novo asentamento da cidade cun trazado xeométrico, sinxelo e práctico propio da Ilustración sendo o único en España con esas características. O barrio naceu para acoller ó persoal de marina, persoal militar que desempeñará un papel dirixente. O barrio estará situado no centro da poboación. O seu trazado consiste nun amplo rectángulo con seis longas rúas paralelas cortadas en ángulo recto por nove rúas transversales.
Tras un periodo de crisis e coa revitalición económica de mediados do século XIX, remátanse moitos dos edificios do barrio da Magdalena que adquiríu un novo aspecto coa remodelación de fachadas mediante galerías corridas e miradores acristalados.
IGREXA DE SAN XULIÁN
Os planos para este edificio foron deseñados por Julián Sánchez Bort e aprobados en 1765. O edificio inspírase no edificio de San Andrés Avelino de Roma. Ten planta de plan central organizada en torno a unha gran cúpula apoiada en catro pilares. O seu arredor crea espacios destinados a capelas, tres das cales, xunto coa entrada, están cubertas con bóveda de cañón mentras que os catro espacios restantes cúbrense con bóveda vaída.
A súa fachada realza os elementos arquitectónicos frente ós decorativos. Esta dividido en dous corpos: o primeiro con tras grandes arcadas de acceso ó pórtico e o segundo máis estreito remata en frontón triangular. O corpo inferior e superior están unidos mediante aletóns. O conxunto está flanqueado por dúas altas torres.
IGREXA DE SAN FRANCISCO
A igrexa conventual de San Francisco foi reconstruida nestas datas de mediados do século XVIII. Foi edificada en 1757 ocupando o mesmo solor que orixinalmente tiña o convento mandado construir no século XIV por Fernán Pérez de Andrade o "Bo". É unha construcción de planta rectangular na que queda inscrita unha cruz latina destacando o espacio destinado a sacristía e a Capela Maior.. O interior está dividido en tres naves separadas por pilares de gran tamaño ós que se adosan columnas toscanas. Sobre as naves laterais existe unha tribuna aberta á nave principal e que chega ata o crucero. A igrexa está presidida pola cúpula de tambor circular con óculos para permiti-la entrada da luz.
A súa fachada e tan sinxela como a de San Xulián. Organízase en grandes pilastras toscanas pareadas asentadas sobre altos basamentos conformando tres rúas e situando a portada principal, adintelada e con frontón, na rúa central. Nesta igrexa consérvase un retábulo estraordinario de José Ferreiro.
TEATRO JOFRE
No primeiro tercio do século XX podemos destaca-la presencia dun importante edificio como o Teatro Jofre, de estilo modernista ou o Casino ferrolano.
Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Ferrol". Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XII. Gijón, 1974. Páx. 179-188. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.