Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASTRO DE BAROÑA

Ano de creación: 800 a C-I d.C. (SV aC-ata a segunda metade do S. I dC) Excavado por Luengo

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    O mone de castro significa "poboado fortificado situado nun lugar estratéxico". Esto indica a importancia da guerra na vida cotián e polo tanto, a súa influencia na arquitectura.
    Os primeiros poboados castrexos, que ocupaban lugares estratéxicos, eran aldeas de campesiños que se adican á agricultura e gandeiría. A planta das casoupas é circular e, en moitos casos, adoita seres de pedra.
    Na fase de desenvolvemento, que vai dos séculos V a I a. d. C., a arquitectura dos castros é máis acabada, as construcción están máis xuntas e comenza certa planificación.
    Os castros aséntanse nunha variada gama de lugares aínda que se aprecia a predilección por determinados emplazamentos coma outeiros, penínsulas ou diques, no que ten un papel fundamental o interese defensivo no que é clave a muralla. Os castros cronolóxicamente máis avanzados presentan unha estructura coidada o que se explica coa maior complexidade social á vez que unha maior presencia do factor bélico.A arquitectura reflicte, deste xeito a diferencia dos distintos grupos humanos.

CASTRO DE BAROÑA
    É difícil determiñar as dimensións totais do castro tendo en conta que o conxunto divídese en tres elevacións parcialmente separadas por acantilados que caen en pico sobre o mar. Coma a parte que da ó mar está cortada por acantilados, só se levantaron dúas liñas de murallas, a liña externa de comenzo do itsmo e a segunda liña de murallas que rodea a zona na que se asenta o poboado. A muralla consta de tres muros paralelos, escalonados, dun metro de espesor con espacios intermedios cheos de pedras e terra. O aparello é pedra grande no muro externo e manpostería no interior. O muro interior son dúas paredes paralelas co oco recheo de terra. A estructura da muralla cambia o chegares á porta de entrada ó poboado. Nas proximidades ás viviendas, a muralla está formada por unha tira de 80 cm de aparello de mampostería.
    Descoñécese a altura real das murallas aínda que se pensa que poden rondar os 2 metros.

VIVENDAS
    Descubríronse dez vivendas de diferentes plantas, tres delas son de planta circular, catro alongadas e dúas delas con paredes rectas redondeadas nos ángulos. Existe certo tipo de vivendas mixtas con formas irregulares xa que se adaptan ós muros defensivos ou a casas veciñas. Resulta difícil tamén determinar a altura das casas xa que só se conserva a cimentación. O aparello é de mampostería pequena, máis pobre na parte interior da vivienda xa que todas elas foron costruidas con doble parede.

Fontes de información: Vázquez Varela, J.M.; Rodríguez Colmenero, A.: "ArtePrehistórica e romana". Galicia Arte. Tomo IX. Hércules, Coruña, 1993 "Baroña, castro de". Gran Enciclopedia Galega. Astu-Bole. Tomo III. Gijón, 1974, pág. 95 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Calo Lourido, F.; "A Cultura castrexa". 3, Vigo, 1997. VV.AA.; Historia del arte gallego. Madrid, 1982. VV.AA.; Catálogo Galicia no Tempo. Santiago, 1991.