Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SAN MIGUEL DE CELANOVA, MOSTEIRO DE SAN SALVADOR CELANOVA
Ano de creación: Mosteiro do século X Igrexa do 1661, inicio das obras da igrexa
Autores: Igrexa:Melchor de Velasco
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
SAN MIGUEL DE CELANOVA
Dende a segunda metade do século VIII e durante todo o século IX, Galicia vaise repoboando e colonizando gracias á chegada de hispanos fuxidos do sul musulmán. Esto aumenta a necesidade de mellora-la estructura relixiosa e o sistema nonacal onde destaca a figura de San Rosendo ó que lle debemo-lo máis interesante exemplo de arquitectura de Repoblación: San Miguel de Celanova
CAPELA
A pequena capela é o único resto que se conserva da época de San Rosendo. Créese que foi un oratorio que formaba parte dun importante conxunto cenobítico fundado polo obispo e consagrado no ano 942. O edificio é unha mostra do refinamento cultural e dos contactos San Rosendo tiña coas tendencias culturais e artísticas do momento.
O recinto da igrexa non abarca os 22 m² e en altura non alcanza os 6 metros. É un edificio próximo a Santiago de Peñalba e está presente a influencia musulmana como é evidente pola súa ábsida que evoca un mihrab.
O interior presenta tres partes claramente diferenciadas: unha nave cuberta con bóveda de cañón á que sigue un cimborrio máis alto con cuberta de bóveda de aristas sobre arcos murais apoiados en modillóns de rollo e finalmente a cabeceira composta por unha ábsida con arco de entrada de ferradura e alfiz na fachada. A ábsida con cuberta de bóveda de cascos que parten directamente dos muros para pasar do cadrado ó octógono e rematar nun círculo.
Estes espacios tradúcense claramente ó exterior. A porta de acceso está situada na nave do lado sur e a luz repártese gracias ás fiestras distribuidas en espacios a diferentes alturas. O aparello é de sillería colocado a soga e tizón. Son moi interesantes os modillóns de oito rodillos do alero de influencia cordobesa.
SAN SALVADOR DE CELANOVA
ASPECTOS HISTÓRICOS
A vila de Celanova configurouse en torno ó mosteiro. Na súa plaza situouse a fonte que pertenceu ó claustro das procesións. Esta fonte servíu de inspiración para as fontes doutros mosteiros como o de Oseira ou Poio. Na actualidade o edificio acolle ó Concello, ó instituto de segunda ensinanza e ós Servicios Sociais.
O mosterio foi fundado por San Rosendo, obispo de Dumio en terreos familiares, no lugar de Vilar. O terreo foi cedido polo seu irmán o conde Froilán Gutiérrez e trouxo para a fundación monxes benedictinos do mosteiro de Ribas de Sil. Anos máis tarde, San Rosendo renunciaría a sede Episcopal de Santiago e trasladaríase a Celanova cenobio do que foi abade desde 959 ata a súa morte en 977.
Os reis de León e Castela defenderon o mosteiro con privilexios e exencións. O mosteiro tivo licencia para defender os seus dereitos e bens gracias o seu Pertigueiro. A pesares desta providencia, o mosteiro non evitou os conflictos, os pleitos nin os inconvenientes que truxeron ós abades comendatarios, alleos completamente a vida monacal.
Con motivo da reforma monacal o mosteiro de Celanova uniuse á Congregación de San Benito o Real de Valladolid no ano 1506 comenzando unha nova vida para o mosteiro, unha época de estudio, de construcción renovándose as dependencias do mosteiro, construíndose a nova igrexa...Coa exclaustración, a igrexa do mosteiro pasou a ser igrexa parroquial e as dependencias monacales tiveron diferentes usos como cárcere, casa consistorial, escolas...ó tempo que se perdían os documentos do mosteiro e os libros eran roubados. Un caso grave de expolio foi o acontecido coa botica da que desapareceu tódolos libros, vasos, albarellos, orzas de Talavera.
Do esplendor do mosteiro quedan como testemuña ós seus muros que sorprenden pola súa beleza. O mosteiro non chegou a unha ruina total porque os Pais Escolapios fundaron en 1869 un colexio que foi pechado en 1929.
Tra-la Guera Civil, o edificio foi empregado para diversas funcións entre as que destacan ser sede do Concello, xulgado, casa parroquial e colexio.
IGREXA
No templo todo é grande, sorprendente, totalmente barroco, cheo de luz e de profusión ornamental.
As obras da igrexa con trazas de Melchor de Velasco y Agüero comenzan en 1661 e danse como rematadas en 1687, ano no que foi inaugurado. É un edificio pertencente á primeira etapa do barroco e destaca pola súa beleza que transmite todavía rasgos do clasicismo renacentista.
A planta é rectangular na que queda inscrita unha cruz latina con tres naves no brazo maior e unha transversal formando o cruceiro. O primeiro tramo debaixo do coro alto cúbrese con bóveda cruciforme apoiada en pilastras estriadas e arcos de casetóns lisos.Os arcos do tramo central son baixos como consecuencia de ter que soporta-lo peso do órgano. Os altares dos lados están adicados a santa Escolástica e a Santa Xertrudis.
O cruceiro con bóvedas de arista e decorado cun artesón de pedra.
Grandes pilastras sosteñen o cornisamento ó tempo que separan as naves. Sobre o cornisamento elévase unha balconada que percorre tódala igrexa. A cúpula sobre pechinas ten forma de media laranxa coroada cunha linterna con catro fiestras. A ornamentación da cúpula é espectacular con guirnaldas. As pechinas están adornadas con escudos.
O templo conserva os dous coros colocados no seu sitio primitivo.
O órgano é un instrumento de 1776 que sustituíu a un de 1710. O seu ornamento, tallas e materiais de construcción o definen como un auténtico monumento musical.
RETÁBULO
Destaca o retábulo barroco do Altar Maior no que están as reliquias do fundador, San Rosendo e de San Torcuato construido en 1697 polo leonés Francisco del Castro Canseco. O retábulo de orde monumental presenta catro columnas salomónicas con basas nas que se representan os catro Evanxelistas. Sobre os capiteis compostos desplégase o remate de catro esculturas ecuestres. Os intercolumnios ocupados con relevos que amosan distintas esceas como Nacemento de Cristo, Presentación no Templo, Epifanías, Ascensión, Resurrección... Na parte baixa do retábulo, un templete acolle o Sagrario. En conxunto, é unha obra única tendo en conta a calidade plástica e artística da peza, a beleza dos relevos dos intercolumnios e a colección de pequenos cadros en alabastro do basamento representando esceas da vida de Cristo que plantexa o interrogante dunha influencia oriental patente na composición das escenas e nos rasgos das súas figuras.
FACHADAS
O mosteiro presenta unha fachada estructurada en tres corpos sendo o principal o pertencente á igrexa.
A fachada da igrexa denota esa influencia do clasicismo na obra de Melchor de Velasco aínda que esta foi reformada no século XVIII co que se observa unha maior profusión ornamental e de estilo distinto á prevista e deseñada polo arquitecto. Esta fachada amosa catro pares de columnas corintias elevados sobre un zócalo de casetóns almohadillados. As columnas dan paso a unha cornisa de frontón semicircular partido que acolle a unha enorme fiestra rectangular tamén coroada por un frontón triangular partido flanqueado por columnas compostas a cada lado.As columnas centrais flanquean a porta principal sobre a que se coloca unha fornalla coa imaxe de San Bieito. Nos intercolumnios laterais sitúanse as imaxes de San Rosendo e San Torcuato. O conxunto remátase na parte superior cunha peineta co escudo abacial rodeado de oito pináculos barrocos.
A fachada plantexa tamén diferencias con respecto ás outras fachadas do mosteiro que dan paso a dependencias como claustros...que son moito máis austeras. Estas fachadas foron todas restauradas desde que en 1548 o abade Fr. Alonso de Valladolid comezou a restauración das antigas dependencias monacais sendo o director de obras Fr. Juan de Badajoz, mestre maior da catedral de León.
CLAUSTRO PROCESIONAL
A porta principal do mosteiro, correspondente á antiga portería comunica co Claustro Procesional, chamado Claustro Vello comezado a construir en 1550 segundo os planos de Juan de Badajoz. O lenzo oriental a sí como a cociña remataron en 1564 en os lenzo Sur en 1580 colocándose a fonte que está agora na plaza da vila.
O claustro, no que prediminan dous estilos distintos, é de planta cadrada con dous corpos, o inferior do século XVI con arcos de medio punto separados por pilastras e bóvedas de crucería con bustos nas ménsulas dos arranques dos nervos e no superior presenta un corpo de traza barroca dada no século XVIII polo monxe Fr. Plácido Iglesias. Os cambios débense á profusión ornamental dada polas gárgolas, pináculos, barbacana, placas e recadros en todo o conxunto das fistras e balcóns de cada lenzo do claustro.
CLAUSTRO DA HOSPEDERÍA
Este segundo claustro con dous corpos é máis sinxelo e foi construido entre os anos 1611 e 1722. No corpo inferior presenta un balcón baixo o teito. No corpo superior ventás con dinteis semicirculares. Este claustro comunica coa fachada Sur do mosteiro e a él abríanse as dependencias da hospedería, da enfermería e do lugar da antiga botica monacal.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 264-273. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993.