Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: PAZO DE BAIÓN

Ano de creación: Século XX

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
  O pazo de Baión está situado no municipio de Vilanova de Arousa.

CASA DE FONTÁN
    A primeira referencia a antiga Granxa de Fontán ou Casa de Fontán, actualmente Pazo de Baión, sita na feligresia de San Xoán de Baión e próxima a súa igrexa parroquial de estilo románico, data do século XII, época na que pertencía ós condes de Soutomaior. Da primitiva construcción non perduran máis que as dúas pedras armeras que se inscrustaron na fachada da nova edificación, producto dunha reconstrucción.
    A casa pertenceu ó conde de Priegue aínda que non se sabe quen era o dignatario poseedor. Por documentación existente no convento franciscano de Herbón, sábese que a casa, xunto coa casa de Basandre, formaba parte dos foros pertencentes a dito convento.
    Despois da pertenza da propiedade ós señores de Refojo pasou, máis tarde, a mans dunha sociedade anónima, que dedica a finca á explotación de albariño, edificando unha nova mansión colocando na súa fachada principal os dous escudos que ostentaron os muros da desaparecida Casa de Fontán.

ESCUDOS BLASONADOS
    1.Éscudo do lado esquerdo:
Labrado nunha cartela, de forma ovalada, é partido e cortado de dous, adornado de ramo vexetal que o circunda e embrazado coa mítica serea dos Mariño. Como cimera, sobre a cabeza da muller-pez, un heraldo en acción de toca-la trompera. É de alianzas e amosa nos seus cuarteles: emblema dos Sarmiento, emblema de Torre Silva, emblema de Quiroga, emblema de Moscoso, emblema de Osorio e emblema de Camba

    2. Escudo do lado dereito:
Labrado nunha cuartela, de forma ovalada, convexa, bordura lisa e lixeiramente adornada, é tamén partido e cortado de dous con escusón sobre o todo. Ó tombre unha cabeza de monstruo e por cimera, sobre a mesma, un heraldo portando na súa man unha trompeta en acción de tocala. É de alianzas e presenta nas súas cuartelas: emblema dos Figueroa, emblema dos Valladares, emblema de Altamira, emblema de Mosquera, emblema de Pereira, emblema de Camba e no escusón, emblema de Sarmiento.

PAZO DE BAIÓN
    O edificio é na actualidade un símbolo da loita contra a droga e os colectivos antidroga solicitaron que o edificio se destine á rehabilitación de drogodependientes ou que os beneficios obtidos coa súa venda se destinen a loita contra o narcotráfico.
    De gran interese son os viñedos de viño albariño e a adega que produce o viño "Pazo de Baión".

Fontes de información: Vázquez Casáis, J.A.; "Cambados y el valle de Salnés". La heráldoca de sus pazos y casas solariegas. Vigo, 2000