Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: COLEXIATA/ESCLAVITUD, SANTUARIO DE IRIA FLAVIA

Ano de creación: S. XIII. Segunda metade do século XVII

Autores: Frei Gabriel Casas

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: COLEXIATA DE IRIA FLAVIA
ASPECTOS ARTÍSTICOS
    A factura do edificio actual é unha mostra dos estilos clasicista e barroco, pero conserva a portada gótica na que se representa unha Epifanía.
    A presencia de artífices de primeira categoría é evidente no conxunto sendo salientable, no aspecto constructivo, a intervención de frei Gabriel Casas e a súa aportación no deseño das reformas barrocas levadas así como a mestría de Melchor Velasco y Agüero a quen se lle debe a capela de Santo Ildefonso.
    As torres campanario son do século XVI e amosan unha clara influencia da catedral Compostena, en concreto, das torres do claustro e Tesouro.
    No interior é imprescindible facer referencia o espléndido retábulo maior, obra de Miguel de Romay, exemplo de barroquismo extremo coas características columnas salomónicas recubertas de froitas.

SANTUARIO DA ESCRAVITUDE
ASPECTOS ARTÍSTICOS
    A fachada é a parte más significativa do edificio. Cun desenvolvemento ascensional, preséntase flanqueada por dúas esveltas torres. A autoridade compostelá volve a estar presente na escada con balaustrada e pináculos que precede ó adro. No interior é de salientar o retábulo do século XVIII.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Coruña."III. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Barroco. I" Galicia Arte. Tomo XII. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.