Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: TORRES DO OESTE DE CATOIRA

Ano de creación: Segunda metade do S.IX , primeira do S. X

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    Os datos dos que se dispoñen sobre a arquitectura de defensa dos séculos VIII e IX son escasos ou parciais. Sen embargo, a costa galega é un lugar especialmente vulnerable polo que foi necesario crear estructura para a súa defensa.

TORRES DO OESTE
    As excavacións realizadas no emplazamento das torres revelaron que éstas se erixían sobre un antigo asentamento romano que tiña unha finalidade comercial favorecida polo seu enclave estratéxico en comunicación coa "vía per loca maritima". A esta orixe se superpuso, quizáis polos mesmos motivos comerciais, unha fortaleza medieval. Esta edificación alcanzou unha gran importancia en tempo de Alfonso V, no ano 1000, pola misión de evitar a invasión normanda. Tendo en conta os asedios sufridos, os deteriros e as reconstruccións, non é doado precisar o momento o que pertence cada parte.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    Declaradas Monumento Nacional, as torres, sobre todo a torre próxima ó esteiro, conserva o paramento norte e a fachada Oeste. A segunda torre, presenta o muro norte adosado á capela, e mantén tamén a fachada Norte. Ambas torres desvelan nos seus paramentos as formas de construcción propias do prerrománico asturiano. As almeas son propias do románico e o material dos muros é un aparello miúdo, con grandes sillares nas esquinas con soga e tizón. Os asentos están formados por bloques regulares, cun lixeiro encintado mentras que nos panos dos muros búscase un efecto de "estado bruto" con vans formados por un arco de descarga e lintel monolítico.
    Así pois, nas torres quedan vestixios dos muros datables na segunda metado do século IX ou na primeira metade do século X.

Fontes de información: Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993 "Catoira". Gran Enciclopedia Galega. Castro-Colga. Tomo VI. Gijón, 1974, pág. 5 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995.