Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO DE FOZ
Ano de creación: Segunda metade do século XI
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
A sede episcopal de Mondoñedo tivo ó longo da idade media diferentes ubicacións. A primeira, ligada ó seu confuso inicio foi Bretoña, permanecendo nese lugar ata a invasión islámica da Península. Da segunda metade do século IX a 1117 estivo establecida en San Martín de Mondoñedo, onde todavía se conserva a antiga catedral. No ano de 1117, o rei favorece o traslado do obispo a Vilamaior pero máis tarde, o rei Fernando II decide levalo a Ribadeo. Finalmente, a capital diocesana , nos primeiros anos do século XIII volve a Vilamaior que pasa a chamarse Mondoñedo, herdando o nome da primitiva sede. Todo este periplo de cambios e traslados é consecuencia do peligro existente nas costas, do medo ás invasión e ós ataques.
O edificio foi un importante mosteiro en época sueva residindo os obispos dumienses contándose entre eles a celebridades como San Rosendo ou San Gonzalo.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
San Martín de Mondoñedo é unha obra singular dentro do románico primitivo galego xa que non se observan influencias do románico compostelano co que pode datarse este edificio a finais do século XI e comenzos do XII. Para esto, tómase como dato a inscripción que figuraba na nave do cruceiro referente ó obispo Gonzalo: "anos 1071-1112". O edificio más que de nova construcción, foi realmente restaurado nestas datas e Núñez Rodríguez resalta a súa vinculación co arte asturiano e pódese detectar unha síntesis de elementos prerrománicos e románicos.
O templo é de planta rectagular, con tres naves estreitas e triple cabeceira semicircular. No alzado, sin embargo, presenta planta de cruz latina debido a que a nave do cruceiro sobresae en altura e presenta unha linterna ovalada. A nave principal sobresae tamén en altura sobre as laterais e a iluminación mediante vanos é directa na nave maior. A cuberta das tres naves é de madeira que descansa sobre arcos semicirculares que parten de columnas adosadas ós muros laterais e ós machóns que dividen as naves e as organizan en tres compartimentos. Tamén son semicirculares os arcos forneiros que se abren entre os machóns para comunica-la nave maior coas laterais e os de ingreso ás tres ábsidas. Estes arcos das ábsidas destacan pola súa decoración, pola iconografía dos seus capiteis sostidos por semicolumnas adosadas. As ábsidas cúbrense con bóvedas semicirculares rematadas en cascarón destacando a ábsida central cos muros animados por tres estreitas fiestras semicirculares que iluminan o espacio interior.
EXTERIOR
Os muros están construidos con sillares desiguais e incluso, nalgúns tramos, pódese adiviña-la presencia de sillares pseudo-isódomos o que delataría a existencia do templo prerrománico anterior. No muro do lado norte ábrense catro fiestras semicirculares e unha porta, actualmente tapiada -a porta actual é posterior-. No lado sur consérvase unhas ménsulas empotradas pertencentes a un claustro que formaría parte das dependencias do antigo edificio monacal.Os canzorros do alero presentan tallas moi ricas e interesantes. Case todos son figurados, algúns deles pornográficos segundo era frecuente no románico.
No que respecta á cabeceira, a ábsida central está dividida en tres tramos por bandas verticais que xera tres paños individualizados por unha fiestra semicircular cun tornachoivas decorado con billetes. Os canzorros do alero sustitúense por un zigzag ondulante e follas nos ángulos que nas ábsidas laterais se convirten en arquiños lombardos que se extenden ó longo da cornisa e que sinalan a relación deste edificio cos primitivos templos románicos cataláns.
PORTADA
A portada principal decorada con arquivoltas semicirculares de forma obocinada que descansan sobre tres pares de columnas acobadas con capiteis entre os que destaca algún de deseño prerrománico. No tímpano, o anagrama de Cristo co cordeiro e a cruz. Sobre a portada, o tornachoivas con palmetas, ventás semicirculares nas partes correspondentes á nave principal e ó lado do Evanxelio. No ángulo do piñón, un rosetón tetrafoliado e no centro unha cruz grega. No lado da epístola, a torre cunha fiestra.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 44-50. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.