Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: PAZO DE OCA

Ano de creación: Século XVIII

Autores: Anómino

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    O Pazo de Oca é un dos pazos galegos de máis sona e de meirande importancia tendo en conta o seu conxunto arquitectónico e paisaxístico.
    O Pazo está enclavado en San Estevo de Oca, parroquia pertencente ó concello da Estrada.
    As orixes do actual edificio podemos atopalas nunha fortaleza do século XV propiedade de Don Suero de Oca.
    Como consecuencia das revoltas e dos enfrentamentos entre a nobreza galega a finais da Idade Media, a fortaleza pasou a mans, en 1447, do arcebispo de Santiago Alonso de Fonseca.
    Esta situación mantívose ó longo dun século no que o arzobispado de Santiago disfrutou da propiedade das terras con tódalas súas casas e dignidades ata que en 1564, Felipe II conseguíu do Papado a devolución destas terras á coroa a cambio de parte do territorio que constituía o señorío de Santiago.
    Sen embargo, a propiedade non estaría por moito tempo en mans da realeza que se sería vendida a María de Neira por 195.775 marabedís en 1586.
    A intención de María de Meira foi fundar un morgado en 1600 a favor do seu fillo Juan coa condición de que o vinculeiro levase as súas armas e apelidos. A propiedade pasaría de Juan o seu primoxénito, Gonzalo de Neira Luaces que ó morrer sen descendencia deixa o morgado o seu sobriño, Juan Gayoso y Mendoza iniciándose unha nova etapa na historia do pazo. Andrés de Gayoso, señor de Oca, comenzou, na primeira metade do século XVIII a construcción do pazo actual no mesmo emplazamento da primitiva fortaleza medieval. As obras consistiron na reconstrucción da torre, na que se conservan as súas armas e a contrucción do corpo principal.
    O conxunto foi ampliado anos máis tarde por Fernando de Gayoso Ozores que construíu o corpo sur e a igrexa cos retábulos e o trazado dos xardíns.Durante o século XIX e XX o pazo sufriría reformas coma a galería da fachada Sur, a escalinata e outras modificacións que souberon respeta-lo espíritu barroco do edificio que o converte nunha das construccións pacegas máis interesantes de Galicia.

FACHADA
    A fachada do edificio destaca con maior esplendor gracias a praza señorial que se abre ante ela. A impresión xeral da construcción é dunha absoluta sobriedade, presentando unha estructura austera conformada polos diferentes volumes pétreos que forman un todo harmonioso.
    A fachada, realizada en granito galego de grandes e perfectos sillares, é un exemplo do equilibrio imposto en todo o edificio. O trazado da mesma mentense dentro dunha liña horizontal interrrompida pola chemineas da cuberta e polos volumes verticais da torre e da igrexa que otorgan a todo o conxunto un aire máis lixeiro.
    O corpo central está presididom pola porta de entrada en forma de arco de medio punto realizado en toscas doelas. A porta está flanqueada por paellas de columnas de fustes enfaixados. Sobre ela, disponse unha balconada de repisa pétrea sustentada por enormes canzorros de perfil curvilíneo que ennobrece a portada e que consegue anima-la sobriedade dos paramentos.A ámbolos dous lados da porta, o muro preséntase dividido en dous pisos mediante unha liña de impostas. As fiestras rectangulares ábrense nos muros seguindo unha distribución simétrica. Diferencianse as fiestras do corpo inferior, máis pequenas e con montantes, frente ás fiestras da zona nobre, máis simples e de maior tamaño.

TORRE
    No extremo occidental é necesario salienta-la presencia dunha torre que rememora o pasado militar do pazo. A torre presenta unha planta cadrada e unha estructura esvelta. As súas caras anímanse coa presencua de vans da mesma tipoloxía que na fachada principal. O máis interesante é o seu remate superior que consiste nunha cornisa saínte sustentada mediante canzorros sobre a que se dispoñen as ameas. A cara principal da torre que da a praza presenta un brason pétreo onde amosa as armas das distintas linaxes.

CAPELA
    A fachada da capela está orientada cara a praza e disponse en ángulo recto con respeito a fachada principal do pazo. A unión entre a arquitectura relixiosa e a civil realízase mediante arcos cegos. A igrexa foi construída nos anos centrais do século XVIII. É interesante sinalar as importantes dimensións da capela así coma a súa decoración interior propia do barroco.
    Presenta unha planta de cruz grega coas naves cubertas con bóvedas de cantería. Os pés do templo está o coro -espacio reservado para os señores do pazo-.Os retábulos da cabeceira e das naves laterais son de grande interese. As imaxes do retábulo son obra de José Gambino destacando a imaxe de San Antonio de Padua.
    A fachada da igrexa destaca pola súa verticalidade que rompe a monotonía da paisaxe. Divídese entres corpos, dous laterais estreitos e compactos e un central con tres ocos verticais: porta de entrada, balcón e nicho coa imaxe de San Antonio coroado cun frontón triangular.
    A porta alintelada de entrada aparece enmarcada nunha moldura con orelleiras laterais. A balconada responde máis a unha tipoloxía civil que relixiosa dándolle un aspecto pacego á construcción. As torres son tipicamente barrocas.

PRAZA
    Era orixinariamente un espacio de labor que adquiriu no século XIX a función actual. É un recinto solemne de amplas dimensións e formato rectangular pechado por tres dos seus lados.

FACHADA OCCIDENTAL
    Atravensando a porta principal do pazo, adentrámonos no amplo vestíbulo que conduce ó pórtico que se abre na fachada occidental da casa. Esta fachada, a segunda en importancia do pazo, presenta unha estructura máis sinxela, íntima e doméstica. A austeridade é evidente no seu paramento organizado en dous andares e tres corpos verticais. No primeiro corpo ábrese un pórtico constituido por cinco grandes arcadas de medio punto sobre o que se dispón unha galería pechada de dez ocos alintelados. Este corpo está acompañado, en ámbolos dous lados, por dous pavillóns con ventás e balconadas saíntes. Conectadas a cada un dos extremos deste corpo principal están as alas de servicio cunha disposición en ángulo recto que se amosa como un deseño perfecto para acolle-lo xardín pequeno e íntimo do século XVIII aínda que experimentou transformacións ó longo da súa historia. O recinto axardinado organízase en torno a unha fermosa fonte de pedra de traza barroca. A fonte consta dunha árbore central de deseño cóncavo-convexo con tres mascaróns dos que abrolla a auga que se recolle nunha pía de formato trilobulado.

PARQUE
    Esta parte do xardín foi trazada a partires do ano 1743 cando era dono da casa Fernando de Gayoso Ozores de Sotomayor. É un espacio de grandes dimensións organizado cun sentido aberto que se distribue en diferentes microespacios e que ten como referente principal a auga.
    A través do tempo, os xardíns de Oca foron medrando e evolucionando convertíndoo nun xardín no que se atopan diferentes influencias, dende as orientais ata ó xardín inglés ou francés, mesmo se pode atopar elementos herdados do pasado agrícola como as viña ou árbores froiteiras e todo elo acompañado dunhas condicións naturais difíciles de superar.

Fontes de información: Pereira Morales, A.: "Os Pazos. Moradas fidalgas de Galicia". Vigo, 1996