Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO VIVEIRO

Ano de creación:

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2003

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A vila de Viveiro representa un conxunto arquitectónico moi interesante tendo en conta o valor histórico e monumental de moitos dos seus edificios. A vila está declarada Conxunto Histórico Nacional e conserva parte do seu trazado medieval e tres das seis portas que permitían o acceso á cidade. Dende o século XVI as portas das cidades transfórmanse de defensivas en decorativas como será o caso da porta de Carlos V.

PORTA DO CASTELO DA PONTE, OU PONTE MAIOR OU CARLOS V
    A estructura medieval desta porta foi reemplazada por unha plateresca por mor dun incendio en 1540. A nova porta orientada cara a ponte, revaloriza a súa posición como porta de entrada e de encrucillada de camiños. A obra foi comezada en 1548 por Pedro Poderoso, mestre de canteiría que tras un parón nas obras, conseguirá remata-la porta.
    A portada ten un carácter conmemorativo onde o defensivo cede a favor do sentido ornamental. Esto xustifica os reforzos circulares dos ángulos como recordos inservibles dos torreóns medievais defensivos que flanquean as portadas, o delicado parapeto das troneiras sobre o que se dispoñen as ameas, nalgún caso figuradas. O vocabulario militar, perdida a función de defensa, convértese nun ornato, nunha cita aúlica. A porta pode compararse coa porta de Santa María de Burgos. O simbolismo do monumento está relacionado co tema da glorificación que Galicia e en concreto Viveiro, fan da monarquía xa que coas prórrogas e as exencións tributarias, a vila pudo reconstruirse e sair do estado calamitoso como consecuencia do incendio de 1540. Na porta exáltase a figura de Carlos V que aparece como o novo Hércules, como herdeiro dos reis hispanos, unha exaltación mitolóxica moi típica do renacemento.

IGREXA DE SANTA MARÍA DO CAMPO
    Igrexa declarada Conxunto Histórico Artístico. A igrexa románica posue planta basilical de tres naves e ábsida semicircular dividida ó exterior por tres paños separados por semicolumnas adosadas e individualizados mediante fiestras de arquitos semicirculares abocinados sobre columnillas acobadas. No testeiro da nave, frente á central, loce un óculo. O arco triunfal que separa a nave da ábsida é semicircular peraltado sobre semicolumnas adosadas. A ábsida cúbrese con bóveda de cañón semicircular rematada en cascarón.
    Na fachada principal, que conserva parte dos contrafortes antigos, ábrese a portada de arquivoltas de medio punto sobre tres pares de columnas acobadas nas xambas. Sobre ela, un tornachoivas sobre canzorros e coronando o conxunto, o fermoso rosetón.

IGREXA DE SAN FRANCISCO
    Construida no tránsito do século XIV a comenzos do século XV, de estilo oxival. Ten planta de cruz latina e ábsida pentagonal con bóveda de abanico. A ábsida está iluminada mediante cinco ventanais oxivais. Conserva a portada principal de arcos semicirculares con columnas nas xambas e dúas arcadas máis rebaixadas ós lados que posúen restos de pinturas murais.O claustro é de estilo renacentista tardío con dous corpos, o inferior de arcos semicirculares con pilastras e o segundo adintelado.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995. Pombo, A. “Guía préctica do camiño francés”. Rotas Xacobeas. Madrid, 1997. "Viveiro". Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XXX. Gijón, 1974 VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.