Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: SANTUARIO DAS ERMIDAS DE O BOLO

Ano de creación: Mediados do século XVII

Autores: fachada obra de Xoán Martínez Pita

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: O SANTUARIO DAS ERMIDAS
ASPECTOS ARTÍSTICOS
    O santuario, un dos enclaves histórico-naturais máis fermosos de Galicia, ten a súa orixe na devoción ós milagres da virxe das Ermidas que, segundo a lenda, aquí apareceu nunha cova.
    O santuario comenza a adquirir importancia a partir do ano 1624 por mor da protección do bispo de Astorga, Don Alonso Messía de Tobar que foi o impulsor do templo, erixido inicialmente cunha soa nave, sendo as outras dúas de construcción posterior, o que explica as diferencias existentes entre elas.
    Dende o punto de vista arquitectónico o máis destacado do conxunto é a fachada principal flanqueada por dúas torres de cinco tramos con cúpulas e balconadas. Os elementos decorativos combinan arquitectura e escultura xogando coa presencia de estatuas de santos e columnas salomónicas.
    A vinculación estilística desta obra con Santa María a Real de Entrimo é evidente no traballo na pedra que adopta solucións empregadas nos retábulos. As columnas panzudas perden a súa función sustentante e pasan a ter un valor esencialmente ornamental, de encadramento da portada, con arco de medio punto, mentres que as columnas salomónicas , con diferentes tamaños, axústanse á porta principal e incluso se empregan coma soporte de figuras que representan ás virtudes. Completa o conxunto o maxistral cruceiro do adro.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia. V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Barroco. II" Galicia Arte. Tomo XIV. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.