Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ano de creación: Do século XI ata o século XVIII

Autores: Bernardo El Viejo, Mestre de Praterías, Mestre Mateo, Juan de Álava, Rodrígo Gil de Hontañon, Domingo de Andrade, Fernando de Casas, Ferro Caaveiro, Lois Monteagudo

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    Falar da catedral de Santiago en Galicia é como abrir unha gran enciclopedia de arte e de estilos. O inicio da construcción da Catedral de Santiago en 1075, está considerado como o acontecimiento máis importante na historia artística de Galicia.
    A edificación da basílica, a súa forma, deseño e estructura, están íntimamente ligados ó desenvolvemento da peregrinación que convertía ó Camiño de Santiago nun rieiro de intensa comunicación Norte-Sur, España-Europa. Pero, o éxito e difusión do estilo Románico en Galicia explícase pola interacción doutros factores, como o impulso dos monxes de Cluny, o aumento da poboación, a mellora das comunicacións e, sobre todo, polo destacado lugar que Galicia vai a ocupar dentro da monarquía leonesa.

A CATEDRAL DE SANTIAGO
ROMÁNICO
    Os primeiros vestixios do Románico en Galicia localízanse a finais do último cuarto do século XI. En palabras de Izquierdo Perrín, estas primeiras obras delatan unha tendencia lombardo-catalana pero, a pesares do evidente interese destas obras, non debe olvidarse que todo o Románico galego estará influido por Santiago e polas esculturas da fachada de Platerías, un románico de influencia franca.
    O descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago sucedeu en tempos do obispo Teodomiro de Iria Flavia e do monarca Alfonso II O Casto nos primeiros anos do século IX. Este feito deu orixe a unha das máis simbólicas rutas de peregrinación do mundo cristiano. A expansión do fenómeno da peregrinación engadido á destrucción que a "razzia" de Almanzor causou na basílica de Alfonso III en 997, plantexoua necesidade de construir unha nova catedral. As obras do novo edificio poden desglosarse en diferentes etapas que desenvolven un trazado estructurado en función da veneración das reliquias.

ESTRUCTURA
    Dende o inicio, a catedral ordeouse cunha planta de cruz latina de tres naves tanto no corpo principal como no cruceiro que presenta dúas capelas no lado Leste de cada brazo. A cabeceira adoita unha forma semicircular precedida dun amplo presbiterio rodeado por un deambulatorio ou xirola -propio das igrexas de peregrinación-que da paso a cinco capelas radiais. A capela central, baixo a advocación do Salvador, está no centro do deambulatorio. A capela da esquerda está adicada a San Pedro e a da dereita a San Xoán. Teñen planta semicircular que xeran bóvedas de cuarto de esfera.
    A cuberta da nave central é unha bóveda de cañón, as laterais cúbrense con bóveda de arista e o deambulatorio con bóvedas de cuarto de círculo. No alzado, sobre as naves laterales e no deambulatorio sitúanse as tribunas abertas á nave maior e a cabeceira que permiten ós pelegríns efectuar un recorrido polo templo non só na parte baixa.

CAPELA DO SALVADOR
    É a capela central, baixo a advocación do Salvador, é tamén coñecida como capela Rei de Francia. Nesta capela iniciouse a construcción da catedral. No exterior presenta unha planta cuadrangular aínda que no interior revélase coma semicircular con cuberta de bóveda de forno. Os capiteis decóranse con diferentes temas e motivos e son a primeira mostra de arte románico do templo.O retábulo plateresco é obra de Juan de Álava.

ETAPA DE DIEGO PELÁEZ
    Os inicios das obras sitúanse en torno ó ano 1075, contando co apoio dun personaxe clave, o Obispo Diego Peláez. Desta primera etapa constructiva da Catedral consérvanse os tramos centrais do deambulatorio coas súas capelas. O mestre das obras, mencionado no Códice Calixtino foi Bernardo El Viejo, que contou coa axuda do seu aparellador, Roberto e de cincuenta canteiros. Os problemas entre Diego Peláez e Alfonso VI culminaron en 1088 coa destitución do obispo o que provocou non só a paralización das obras da catedral senón tamén a expansión do Románico en Galicia. ETAPA INTERMEDIA

ENTRE DIEGO PALÉZ E DIEGO XELMÍREZ
    Durante este periodo de tempo, entre Diego Peláez e Diego Xelmírez, é posible, segundo Moralejo, que se acometeran as obras das dúas capelas da cabeceira que faltaban por erixir: a capela de Santa Fe e a Capela de San Andrés (hoxe desaparecida).

ETAPA DE DIEGO XELMÍREZ
    Os obras cobrarían un gran impulso dende o ano 1100 gracias a Diego Gelmírez. A súa intervención foi esencial para o afianzamiento das obras da catedral e do Camiño de Santiago xa que gozaba de certa influencia ante Alfonso VII e incluso ante o Papa Calixto II. Baixo o seu arzobispado conságranse as capelas do deambulatorio así coma as do cruceiro.
    O ano de 1112 supuso o derrubo definitivo da antiga basílica de Alfonso III que estaba dentro da nave da catedral e que fora empregada ata ese momento para o culto. Nestas datas asístese tamén ó remate das obras no cruceiro iniciadas no 1100. Atópase no cruceiro unha harmonía estética evidenciada pola unidade dos capiteis. A súa amplitude e proporcións evitan a sensación de pesadez, de mole de pedra para o que conta coa axuda da alternancia dos pilares cadrados e circulares. A configuración arquitectónica deste espacio, a alternacia de columnas e pilares, os arcos formeros e o triforio serviron de modelo para organiza-la nave maior.
    No punto de intercesión do cruceiro e a nave maior situouse o ciborio. As naves, imitando ó cruceiro, ofrecen así unha sensación de lixeireza respetando á alternancia de pilares circulares e cadrados e a bóveda de cañón sustentada con arcos faixóns. A nave estructúrase en dous corpos, o inferior con arcos de medio punto que dan paso a unha tribuna. As obras remataron, segundo o Códice Calixtino, no ano 1122. Sen embargo, quedou por acometer unha empresa de trascendental importancia: o Pórtico da Gloria.

ESCULTURA
FACHADA SUR OU DE PLATERÍAS
    Os exemplos máis relevantes de escultura románica poden asociarse ás portadas da catedral de Santiago sendo todavía mostras dunha plástica dependente do marco arquitectónico.
    Das dúas fachadas do cruceiro, Norte y Sur, esta última é a única se conserva. A fachada Norte foi derruida en 1757. Os mestres dos relevos destas fachadas son autores de gran prestixio destacando o coñecido como "Mestre de Praterías".
    O programa iconográfico da fachada Sur resulta confuso debido principalmente as alteracións as que se víu sometida, aínda que se admite que o prograna orixinal estaba centrado no tema da Redención.
    A fachada estructurase en dous niveis. Na zona superior destacan dous ventanais xemelgos orixinados por arcos polilobulados con arquivoltas. Este corpo individualízase do inferior mediante unha ampla cornisa sustentada por canzorros. O corpo inferior presenta un doble pórtico de entrada flanqueado por once columnas de diferentes materiais e triple arquivolta. No tímpano da esquerda poden descubrirse relevos representando ás tentaciones do Señor coma a muller adúltera... e no tímpano da dereita as catro esceas da paixón de Cristo. Dentro do conxunto destaca a figura do rei David, situado nun dos contrafortes laterais. A mala colocación dos relevos, o emprego de diferentes materiais, deu lugar á teoría dunha posible alteración do proxecto inicial como consecuencia do incendio sufrido pola catedral en 1117.

PROTOGÓTICO
O PÓRTICO DE LA GLORIA, 1188
    A obra do Mestre Mateo supón a última etapa dos traballos acometidos na Catedral de Santiago. Estes traballos corresponden ó peche da nave maior. A obra organízase en tres estancias superpostas. A inferior é a cripta coñecida como Catedral Vella, que ten a función de salva-lo desnivel entre o templo e a actual Praza do Obradoiro. O segundo corpo é o Pórtico da Gloria, ordeado en tres tramos. Orixinalmente o Pórtico estivo aberto non só ás naves da Catedral, senon ó exterior, co que o Pórtico era un nexo de unión entre o mundo celestial e o terrenal.
    O simbolismo e a mensaxe iconográfica do Pórtico é moi estudado. A idea máis admitida es que representa una visión Apocalíptica basada en la obra de San Juan.
    O Pórtico, cunha configuración tripartita, amosa tres arcadas que corresponden os tres tramos da nave maior da catedral. A arcada central presenta o van partido polo parteluz compoto por cinco columnas, onde destaca a columna de mármore labrada co árbol de Gesé. Sobre a columna sitúase a imaxe de Santiago e no dintel do tímpano gravouse a data da súa colocación: a ano 1188.
    Verticalmente, o Pórtico estructúrase en dous corpo de columnas que sosteñen as arcadas. As basas da columnas lábranse cunha variada fauna de animais fantásticos e leóns. No basamento do parteluz represéntase a un home que cos seus brazos rodea as cabezas de dous león e esta figura está identificada con Sansón.
    Sobre estas primeras columnas se dispoñen as estatuas-columna do segundo corpo, que representan profetas, apóstoles e outros personaxes do Antigo Testamento. Realmente, só son identificables as estatuas pertencentes á arcada central, posto que as estatuas dos laterais son de difícil asignación. De entre elas destaca a imaxe de Daniel.
    O tímpano da arcada central está presidido coa imaxe do Santo Cristo -Pantócrator-rodeado dos catro Evanxelistas -Tetramorfos-, dos anxos cos instrumentos da paixón e dos benaventurados. A visión apocalíptica completase, na primeira arquivolta, cos vintecatro anciáns do Apocalipsis, músicos, sedentes e portando algún instrumento musical. O enlace desta arcada central coas laterais realizase mediante anxos que portan almas de bienaventurados.
    As arcadas laterais non posuen tímpano. As arquivoltas do arco da esquerda aluden a unha representación de la lei mosaica que oprime ó pueblo xudeu, simbolizado polas tribus por eso aparecen figuras como Adán e Eva, patriarcas e un Cristo xove e imberbe. As arquivoltas da dereita preséntase o Xuízo Final dispoñendo á dereira os benaventurados -son coma nenos asexuados e espidos- e a esquerda os condeados-atormentados en relación con algún pecado coma a luxuria, gula...-. O conxunto das dúas arcadas representa unha anástasis de Cristo, que equivale ó Xuízo Final.
    A influencia fundamental do Pórtico recíbea da arte francesa que logrou que o Mestre Mateo rompera coas fórmulas romñanicas introducindo un maior naturalismo nas imaxes que dialogan, que transmiten estados anímicos, que descubren a súa anatomía a traverso dos finos panos das súas vestiduras. O Pórtico é, en palabras de Izquierdo Perrín, un espacio místico onde o espectador síntese verdaderamente inmerso nun espacio apocalíptico.

O GÓTICO
CAPELAS DAS RELIQUIAS E CIBORIO
    Tradicionalmente tense considerado ó gótoco como un estilo de pouca presencia en Galicia. Esto é debido a gran presencia do románico e do barroco que ocultan as xoias do gótico galego. Pero, sin dúbida, o principal problema para o afianzamento deste estilo en Galicia foi que o seu período de desenvolvemento e esplendor coincidíu cunha etapa de crise. A morte de Alfonso IX e a subida ó poder de Fernando III supuseron, como destou Sicart Giménez, o illamento e case o olvido dunha terra e dunha cidade como Santiago, que fora un referente artístico e espiritual da Cristiandade.
    A este estilo pertencen diversas capelas da catedral como a Capela de Mondragón, a Capela das Reliquias ou Panteón Real. Nesta capela albérganse sepulcros dos monarcas e infantes de León e Galicia dos séculos XII e XIII. O ciborio sobre o cruceiro da basílica e unha obra gótica -do século XV-en sustitución da antiga linterna románica pero conservando as trompas que forman o octógono.

RENACEMENTO
CLAUSTRO, FACHADA DO TESOURO E ESCALINATA DO OBRADOIRO
    O claustro da catedral de Santiago foi unha obra erixida no renacemento a instancias do arzobispo Alonso de Fonseca III e ligada á creatividade do artista Juan de Álava, que está en Santiago dende 1510 delatando o seu traballo unha forte influencia salmantina. O continuador da obra será Rodrigo Gil de Hontañón, que chega a Galicia en 1537. O estilo que anima ó autor encádrase dentro da búsqueda da proporción e a armonía e, en 1540, eleva o muro oeste de peche que mira cara a Praza de Praterías concebindo a Fachada do Tesoro da catedral de Santiago. Estructurada en tres corpos horizontais, reproduce a fachada do Pazo de Monterrey en Salamanca, o que lle confire un aire pacego e civil. No conxunto dos tres corpos amosa un programa iconográfico constituido a base de medallóns no que se asocian diversas temáticas que evocan aspectos do culto xacobeo e mariano. É interesante o remate en crestería calada e a torre escalonada para a que existen diferentes interpretacións formais aínda que o que está claro é o seu simbolismo funerario.
    As "Escalinatas do Obradoiro" de 1606 son obra do artista Ginés Martínez. Son escalinatas de doble tiro e responden a un tipo de escalinata típica do renacimento italiano, aínda que o seu antecedente está na "Escaleira dorada" da catedral de Burgos de Diego de Siloé.

BARROCO
TORRE DO RELOXIO
    Os inicios do Barroco galego sitúanse en 1625 coa aparición de columnas salomónicas no desaparecido retábulo das reliquias da Catedral de Santiago. Esto é moi importante tendo en conta o prematuro da data e sabendo que será necesario esperar ata 1657 cando na catedral se instale realmente o novo estilo da man do canónigo Vega y Verdugo, un home culto e intelectual. O canónigo elaborará un informe no que expresa o seu desexo de adecenta-la basílica e a Capela Maior, ademáis das fachadas do Obradoiro e a Quintana. As obras estarán dentro dun plan coherente e coordinado que contará ó frente das mesmas co arquitecto máis interesante do Barroco, Domingo de Andrade. Home extraordinariamente culto, con coñecementos de libros de gravados, de tratados de arquitectura -él mesmo escribiría un tratado- que empregará como fonte de inspiración , sobre todo o libro de gravados de Fernando de la Torre Farfán para modifica-las trazas do Baldaquino do Altar Maior da Catedral adoptando a actual disposición piramidal.
    A obra mestra deste arista será a Torre do Reloxio da catedral. Finalizada en 1680, sopón o remate dunha torre gótica con campanario e exercerá unha gran influencia sobre os mestres galegos. A torre, cun primeiro corpo decorado verticalmente por bandas, da paso a un segundo corpo cadrado, diseño de Andrade, o que lle segue un terceiro octogonal. A decoración realízase a partires das sartas de froitas -tomadas de Serlio, trofeos militares... o que le confiere á obra unha enorme distinción convertíndose no rasgo máis distintivo do estilo do autor, a decoración naturalista e carnosa.
    A gran envoltura barroca que se dispón orredor da cabecera románica é coñecida como a Fachada da Quintana. Destaca a Porta Santa e o Pórtico Real, obra de Andrade.

FACHADA DO OBRADOIRO
    Fernando de Casas y Novoa é un artista que sabe auna-la decoración vexetal, típica de Domingo de Andrade coas novas formas que tenden cara a xeometría. Terminará obras importante xa empezadas como a Capela do Pilar coñecida como capela do arzobispo Monroy. O plan iniciado por Andrade en 1665 como sacristía trócase en 1711 porque o arzobispo Monroy desexaba erixi-lo seu mausoleo. Entre as novidades que introduce Fernando de Casas descóbrese unha decoración moi menuda basada na policromía conseguida pola combinación de mármores e xaspes.
    A obra máis importante de Fernando de Casas é a Fachada do Obradorio na catedral de Santiago. Plantexada como unha fachada telón, é o mellor exemplo de arquitectura escenográfica. Será en 1738 cando se aborden as obras cun proxecto que partía inicialmente de certas limitacións como a necesidade de conxuga-los elementos xa existentes -como os primeiros corpos medievais das torres- co novo estilo. En palabras de Ortega Romero, o éxito deste autor consiste en que logrou articula-la fachada como un todo coordinado, coma un gran arco de triundo enmarcado polas torres. Outro logro de gran relevancia consistíu en plantexa-la fachada de xeito que no privara de luz ó interior para o que dispuso grandes ventanais, un gran reto técnico no seu día. O máis destacado é o sentido vertical que prima no conxunto.

PORTA SANTA
    A Porta Santa, situada na Praza da Quintana, está flanqueada por unha serie de figuras que formaron parte do antigo coro pétreo do Mestre Mateo. A zona superior está coroada con imaxes do apóstolo Santiago e dous discípulos realizadas a finais do século XVII.

NEOCLÁSICO
FACHADA DA AZABACHERÍA
    A entrada do estilo Neoclásico en Galicia foi moi temprana e ten como principal responsable a Domingo Lois Monteagudo que chegou en 1765 a Galicia para revisa-las trazas da nova Fachada da Azabachería iniciada por Ferro Caaveiro y Fernández Saavedra. Domingo Lois era un arquitecto formado na Academia de Belas Artes de San Fernando e o remate da fachada supón a introducción do novo estilo en Galicia. O resultado da súa intervención é a remodelación dos dous primeiros corpos e a configuración do terceiro. O resultado final é plenamente neoclásico.
    A súa obra mestra será a Capela da Comunión, de 1766, na catedral. Nesta obra deixa trasluci-lo seu coñecemento da arquitectura italiana de Palladio, cunha una planta circular rodeada de fortes columnas xónicas e coroada cunha cúpula.
    A catedral de Santiago é o punto final dun camiño de peregrinación e misticismo, digno espacio para acolle-lo sepulcro do Apóstolo Santiago.

Fontes de información: Baldellou, A.; Arquitectura moderna en Galicia. Madrid, 1995. Bango Torviso, I.; Galicia románica. Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; La arquitectura en Galicia en el siglo XVII. Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; Contribución al estudio del gótico en Galicia. Valladolid, 1962. Castro, X.A.; Expresión Atlántica. Arte galega dos oitenta. Santiago, 1985. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; Enciclopedia temática de Galicia. V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; Galicia Arte. Colección Galicia. Tomos IX-XVI. Hércules. A Coruña, 1993. VV.AA.; Historia del arte gallego. Madrid, 1982. VV.AA.; Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990. Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; Catálogo Galicia no Tempo. Santiago, 1991. VV.AA.; Arte Galega. Estado da Cuestión. Santiago, 1991. VV.AA.;"Arte" en Galicia 2002. Coruña, 2001, páx. 77-122.