Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASCO URBANO DE VIGO

Ano de creación:

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: VIGO
CASCO VELLO
    A cidade de Vigo constitúe un núcleo urbán por descubrir, dun encanto difícil de entender moitas veces pero exemplo sintomático do desenvolvemento de Galicia, da complexa relación entre o crecemento urbanístico e arquitectura tradicional, entre a modernidade e o feito diferencial.
    Quizáis a zona máis personal e única de Vigo sexa o Casco Vello, que ten como centro a Praza da Constitución no que se atopa o edificio do antigo Concello que alberga na actualidade a Biblioteca da Fundación Penzol. É un edificio de estilo neoclásico obra de José María Ortiz , realizado en 1859.
    A Colexiata é un edificio neoclásico que garda a imaxe famosa do Cristo da Victoria. O conxunto foi proxectado por Melchor de Prado Mariño, sendo comezada en 1826 e inaugurada en 1836. O arquitecto, formado en San Fernando, legou á cidade un dos mellores exemplos de arquitectura purista, de neoclasicismo ortodoxo sin olvidarse de elementos innovadores. A colexiata, de planta basilical, introduce elementos da arquitectura Juan de Villanueva.
    Unha mención especial merece o barrio mariñeiro do Berbés no que todavía son evidentes restos da arquitectura tradicional como os soportais.

VIGO MODERNO
    A cidade de Vigo preséntase coma un catálogo da arquitectura de finalis so século XIX e comenzos do século XX. Pódese descubrir edificios de interés histórico artístico exemplo do o pulo económico desas datas.

    Entre éstes arquitectos merece a pena salientar os nomes de Jenaro de la Fuente Domínguez, Paczevich, Benito e Manuel Gómez Román, Francisco Castro Represas e Jenaro de la Fuente Álvarez.

    Exemplo de fermosos edificios modernistas son os que circundan a Porta do Sol, presidida pola escultura de Paco Leiro, O Sireno, sendo de mencionar:

    >Casa Simeón na esqina coa rúa Doutor Cadaval, obra do arquitecto Benito Gómez Román.
    >Casa de Pardo e Casa Ledo, de Jenaro de la Fuente Domínguez.
    >Antigo Gran Hotel do arquitecto de Paczevich é na actualide un edificio remodelado.

    Subindo pola rúa do Principe e facendo un percorrido polo centro da cidade, atópanse outros edificios de interés como:

    >Edificio do Mercantil, antiga sociedade viguesa, obra a Manuel Gómez Román.
    >Antiga Escola de Artes e Oficio. Obra de Paczevich e sito na esquina da rúa de García Barbón con Pontevedra.
    >A casa Bárcena, obra de Jenaro de la Fuente, a Casa Bárcena, encargada polo Conde de Torrecedeira sita en Policarpo Sanz, facendo esquina con Velázquez Moreno.
    >Teatro Rosalía de Castro. É obra do arquitecto Antonio Palacios. Foi construido por encargo de don José García Barbón. Adquirido por Caixa Vigo, esta entidade someteuno a unha importante remodelación, da que se encargou o arquitecto Desiderio Pernas. A citada remodelación incluía o remate do edificio, para o cal Pernas ideou unha cúpula e a ornamentación da cornisa con dous cabalos en bronce do escultor Oliveira e unha serie de figuras, que representan as Artes, e das que se encargou Manuel Buciños.

    A Alameda de Compostela é outro importante espacio da vida de Vigo onde se atopan edificios relevantes como un edificio de vivendas do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez, un dos exemplos máis destacados do racionalismo arquitectónico vigués.
    Preto da praza atopamos otro edificio de Paczevich, a Casa Yánez, na que destacan as galería de madeira.
    Os xardíns de Elduayen son un espacio urbán moi interesantes e dende eles achégase á rúa Areal onde se instalaban as grandes industrias de salazón e a conserva. Nesta rúa destaca a Casa Bonín. É quizais a mostra máis senlleira do modernismo vigués e a obra mais representativa de Jenaro de la Fuente Domínguez. Vigo , pola súa fisonomía dispón de incomparables miradores onde o mar se convirte no gran protagonista O monte do Castro é unha plataforma privilexiada para coñece-la cidade e a ría de Vigo.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Pontevedra".VI. Vigo. 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Galicia Arte. Colección Galicia". Tomos IX-XVI. Hércules. A Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991..