Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASCO URBANO HISTÓRICO ALLARIZ
Ano de creación:
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
ALLARIZ. CASCO HISTÓRICO
Allariz conta cun importante patrimonio artístico e monumental con edificios de singular beleza que se complementan cunha ilustre historia xa que a vila foi sede da corte do rei Afonso VI e nela viviron e se educaron relevantes persoeiros coma Fernado III o santo e Afonso X o Sabio.
Na praza maior sitúase a igrexa de Santiago e importantes edificios como o pazo dos Enríquez do século XVIII.
EDIFICIOS MÁIS REPRESENTATIVOS
IGREXA DE SANTIAGO
Edificio de gran sinxeleza destaca pola ábsida de comenzos do XIII, aínda que o resto da construcción remóntase a finais do século XI. Presenta xanelas e cornisa decorada con canzorros. As dúas portas, a do sur e oeste, son igualmente narrativas en capiteis e arquivoltas.
O interior conserva un teito de madeira e no altar, enmarcado nun arco triunfal apuntado é visible un frontal románico. Son singulares os sepulcros góticos e unha capela renacentista , a da virxe da Expectación, que posúe unha talla mariana de Juan de Juni.
CONVENTO DE SANTA CLARA
O templo do século XVIII é de gran sobriedade respetando en todo momento, tanto na fachada como no interior, á claridade xeométrica de Simón Rodríguez. Conserva un interesante claustro barroco de amplias dimensións.
Na actualidade, o edificio é sede do importante Museo de arte sacra. Outros elementos interesantes son os arredores e Allariz, a ponte medieval sobre o río e a capela de Santa maría de Vilanova
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Galicia Arte. Colección Galicia". Tomos IX-XVI. Hércules. A Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.