Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE CAAVEIRO
Ano de creación: Segunda metade do século XII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
ASPECTOS HISTÓRICOS
O mosteiro está situado no montículo creado pola confluencia dos ríos Eume e Sesín no municipio de A Capela. O seu entorno é o Parque Nacional Fraga do Eume, reducto de bosque atlántico. Caaveiro debe o seu nome precisamente a esos peñascos.
Consérvanse documentos do século X que sinalan que Bermudo I, rei de Galicia, no ano 934 concedeulle ó mosteiro a vila de Veremluy íntegra con tódalas súas posesións e as igrexas de Santiago e San Xurxo, todo situado nas proximidades do Eume. No 936 constátase a doazón por parte de San Rosendo co obispo don Ero, os abades Rodrigo e Analxildo e o clérigo Sinualdo de bens, libros, enseres, gandos.... Gracias a este documento, considerado como fundacional, sábese que era abade o monxe Exún e que os monxes estaban baixo a regra de San Bieito. A esta primitiva doazón engadíuse co tempo a de Alfonso III, Fernando II e Alfonso IX que puxeron a Caaveiro en condicións de liberarse da autoriade arzobispal de Santiago.
O mosteiro foi de monxes bieitos durante dous séculos pasando con posterioridade a pertencer ós canónigos regulares de San Agustín. Pénsase que o momento deste cambio realizouse nas últimas datas do século XII.
Toda esta serie de documentos ratifica a importancia e o poder que o mosteiro tivo en toda esta zona o que lle repercutíu privilexios, uns de xusta consecución e outros arrebatados o que lle supuxo unha longa serie e conflictos. Os pleitos e desavenencias acabaron coa vida do mosteiro. Unha orde de 1800 determina o secuestro de bens do priorato e a súa supresión. A Guerra de Independencia faría o resto. En 1854, tra-la desamortización, as reliquias de San Rosendo son trasladadas a Santiago e oas obxetos relixiosos distribuidos entre As Neves e Sonserra.
No último decenio do século XIX, Don Pío García Espinosa, xuíz de primeiras instancia de A Cañiza e a Coruña, comenza a facerse con terras e casas do antiguo mosteiro e acometer unha serie de restauracións que paralizaron temporalmente o ruinoso estado do mosteiro. A dirección das obras estivo a cargo de López Ferreiro e reedificouse unha das dúas antigas igrexas e dúas das casas dos coengos.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
O que queda actualmente do mosteiro limítase ó muro románico que soportaba a antiga igrexa, ó campanario barroco do século XVIII, obra de Simón Rodríguez, a cabeceira e parte da nave da antiga igrexa románica ca ábsida semicircular dividida ó exterior en tramos mediante columnas adosadas, ocupadas por fiestras de doble arquivolta.Tamén se conservan as cociñas e a casa dos coengos, un conxunto articulado nun orden de dependencias no que non resulta nada fácil distingui-lo número das habitacións e a súa finalidade.
IGREXA
Unha escada comunica co arco que da acceso ó adro aberto entre o que queda do que foi residencia de coengos e o frente da igrexa que é unha mostra das igrexas do románico rural da segunda metade do século XII.
O muro nororiental, un elemento de forza para contrarresta-lo peso da vella igrexa, é unha fábrica de sillares graníticos en fileira que amosa catro arcos de medio punto rebaixados de xeito que o muro prolóngase nos extremos e entre os dous arcos centrais ata asentarse na roca.
A igrexa é de planta rectangular dunha soa nave cuberta de madeira cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de cañón peraltada rematada en cascarón. O arco triunfal tamén é peraltado descansando sobre columnas adosadas ós muros. Os capiteis pusuen unha curiosa e variada decoración.
EXTERIOR
A ábsida divídese en tres tramos separados por semicolumnas adosadas con capiteis de muñóns que chegan ata o alero. En cada tramo, ábrense vanos de doble arquivolta semicircular apoiadas en dous pares de columnas acobadas. A fiestra do lado sur é de doble derrame e arco de medio punto en arista viva. As dos outros dous tramos amosan columnas cunha aspillera central. As bases son áticas e os capiteis están decorados con follas e bolas. O alero apoiase en canzorros de variada imaxinería de bolas, cubos, proas, cabezas de animais, humáns.
Sobre o piñón da cabeceira da nave, de maior altura ca ábsida, vese a antefixa románica na que se distingue o relevo dun animal de difícil identificación que sostén sobre o lombo unha cruz.
A portada principal está modificada xa que a primitiva era similar a da igrexa de Bergondo segundo López Ferreiro que dirixíu as reparacións en Caaveiro. En agosto de 1896 inaugurouse o novo templo restaurado.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; Galicia románica. Vigo, 1987. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 157-163. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.