Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASTELO DE CASTRO CALDELAS
Ano de creación: SXIV-XV. Obras de restauración en 1985.
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2002
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL:
Emplazado nunha posición dominante que sobresae sobre o val no que se asenta a vila, no alto do casco antigo de Castro Caldelas, o castelo preside o barrio de Cima da Vila e está rodeado de estreitas rúas de pavimento enlosado e casas asentadas na rocha.
O castelo pertenceu ós Condes de Lemos e en 1777 pasou a propiedade do Duque de Alba.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A actual fábrica e un edificio de finais da Idade Media, S. XIV-XV, que debeu ocupa-lo emprazamento dunha fortaleza anterior. Composto de varios corpos de sillería, éstos foron construidos en diferentes épocas sendo as partes máis antigas das conservadas, a Torre do homenaxe e a Torre o do Reloxio. Gran parte do edificio e dependencias foron destruidas durante as Revoltas Irnandiñas. Consérvase o patio de armas, unha parte do foso e treitos da muralla cos torreóns. As armas da Casa de Lemos adornan as murallas da fortaleza e da igrexa vella.
Os condes de Lemos realizaron importantes obras de ampliación e reforma da fortaleza da que se ten as datas de remate 1560 gracias a unha inscripción.
Fontes de información: "Castro Caldelas". Gran Enciclopedia Galega. Gijón, 1974 Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.