Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: IGREXA DE SANTA MARÍA DE CAMBRE
Ano de creación: Século XII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
SANTA MARÍA DE CAMBRE
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A influencia Compostela é evidente nesta igrexa de románico tardío.
O edificio, vasto e espacioso, consta de tres naves e un cruceiro, onde destaca o presbiterio central e o deambulatorio que da paso á ábsida composta de cinco capelas de inspiración protogótica. O acceso ás capelas realízase través de arcos apuntados que descansan en columnas de coidados capiteis. Os nervios da bóvedas que cubren as capelas apéanse nas súas correspondentes columniñas. Cada unha das capelas recibe luz gracias a seis fiestras que se abren nos seus muros, algunhas sen luz cara o exterior. A singular elegancia desta zona da cabeceira anuncia os inminentes cambios na arquitectura cara ó gótico.
A decoración de interior, dos capiteis da nave central, indica que é un edificio coidado e especial, con incidencia no detalle que esixe unha contemplación pausada que para descubrir-los detalles iconográficos, os animais liados e os personaxes en actitude espantada.
A fachada , ben proporcionada, está composta por unha espadana de dobre arco, no que se impón o rosetón, un texaroz con canzorros e a porta , cinguida por estribos alén dos cales se abren senllas ventás.
É de salienta-la decoración dos capiteis e das arquivoltas, unha coa imaxe de Deus entre animais e outra con rosetas. No tímpano loce a recoñecida imaxe do cordeio e dous pesonaxes, un cun libro e otro cun pergamino, símbolos do Novo e o Antigo testamento.
A cuberta actual non é a orixinal que se perdeu en 1589, por mor do ataque dos ingleses.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Coruña".III. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.