Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: IGREXA DE SAN PEDRO DE VILANOVA DO DOZÓN
Ano de creación: 1154, século XIII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información: SAN PEDRO DE DOZÓN ASPECTOS ARTÍSTICOS O actual edificio é o que queda dun antigo mosteiro de monxas bieitas. O interior está composto por un sóa nave pero sen dúbida é de salienta-la fermosísima ábsida semicircular construida cara a 1154 segundo se pode ler nunha inscripción que indica que a igrexa foi fundada nese ano por dona Gotho Suárez. Na cabeceira, moi coidada e con interesantes detalles, ábrense cinco xanelas, das que tres están cegas. Cada vano individualízase mediante dúas columniñas rematadas en capiteis decorados con flores. Xunto a estos motivos, completan o programa decorativo series de rosetas, billetes, zigzags e palmas. No conxunto destaca a porta norte, con tres arquivoltas apuntadas e decoradas con palmetas e un tímpano onde se descubre unha cruz. O campanario en forma de espadaña está situado nesta zona do edificio.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Pontevedra".VI. Vigo1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.