Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SAN ESTEVO DE RIBAS DE SIL
Ano de creación: Século XII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
MOSTEIRO SAN ESTEVO DE RIBAS DE SIL
O mosterio petenceu a orde bieita, e mesmo se atribuíu a súa fundación a San Martiño dumiense en época sueva. Foi reedificado no século XII e dende entón sufriu numerosas transformacións.
Contou con gran importancia económica e social ata 1875 data da exclaustración na que, como moitos dos mosteiros, comezou o seu declive.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A igrexa é de planta basilical con tres naves cubertas con bóveda de crucería góticas e rematadas en tres ábsidas románicas.
Na decoración dos capiteis interiores predomina a temática vexetal e a cabeceira é a parte máis románica do edificio no que se poden descubrir na súa parte exterior os canzorros con variada temática antropomorfa, zoomorfa e vexetal.
Na capela maior destaca un retábulo manierista , obra de Jun de Angés o Mozo a finais do séculoXVI pero, sen embargo, é realmente singular o retábulo pétreo gótico de forma pentagonal visible no cruceiro.
A fachada principal en ángulo coa do convento é de época barroca -SXVIII-, pero con algúns vestixios da primitiva portada, está enmarcada por dúas torres de sección prismática tamén barrocas.
CLAUSTRO DOS BISPOS
O claustro máis antigo é o chamado dos Bispos. É gótico e pusúe planta rectangular e dous corpos , o primeiro con arcadas de medio punto e factura románica organizado en ocos de dous , tres e catro arcos que apoian en columnas xemelgas con capiteis que amosan rostros de monxes e figuras de animais. O segundo con arcos carpaneis renacentistas. A cubrición do corpo baixo fíxose con bóvedas de crucería a comenzos do século XVI. O renacemento é máis recoñecible nos outros claustros .
CLAUSTRO DA PORTERÍA
O claustro da portería, de planta rectangular con tres niveis, primeiro e terceiro con arcada de medio punto sobre columnas dóricas con basas de plinto rectangular. O segundo corpo adintelado con columnas de aire xónico e fiestras con arcos de medio punto.
Existe un terceiro clautro moito máis pequeno de finais do século XVI, con arcos de medio punto apoiados en columnas dóricas. Destaca no interior a escada barroca de 1739 cuberta cunha bóveda de crucería.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; Galicia románica. Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. Sa Bravo, H.de;"Monasterios de Galicia". León, 1990. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.