Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: SAN ANTOLÍN DE TOQUES

Ano de creación: Segunda metade do século XI

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2003

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A igrexa de San Antolín de Toques pertencía a un antigo mosteiro benedictino de fundación incerta aínda que parece que a fins do século X recibíu algunhas donacións e dende 1069 aparece mencionado nun documento de doación do rei de Galicia Don García ó abade Tanoi e ós monxes do mosteiro de San Antonio. En 1515 foi anexionado por bula de León X ó mosterio de San Martín Pinario. A comenzos do século XIX coa formación dos primeiros concellos Toques constiuiuse como tal e así permanece ata a actualidade.
    O edificio actual é a igrexa do citado mosteiro bieito e presenta unha estructura maltratada como consecuencia das reformas na fachada que alteraron a presencia orixinal da fábrica. Sen embargo, a igrexa conserva todavía elementos da súa traza primitiva, considerada da segunda metade do século X e comenzos do XI, onde se observan caracteres de un monumento prerrománico, o que leva a pensar a diversos autores que o mosteiro existía xa nos primeiros anos do século XI.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
INTERIOR IGREXA
    San Antoniño aproveita, ó igual que San Martiño de Mondoñedo, materiais prerrománicos na súa etapa románica dando lugar a un templo excepcional que conxuga a tradición visigoda, as raíces mozárabes e o románico primitivo.
    A igrexa é dunha nave con teito de madeira e na cabeceira unha capela rectangular con bóveda de cañón peraltado. O arco de ingreso á capela é semicircular descansando sobre capiteis que non teñen ábaco nin collarino e que aparecen ornamentados con círculos e figuras xeométricas correntes nos lóbulos dos modillóns mozárabes. Nos muros perduran unhas pequenas fiestras abocinadas semicirculares con arcos de medio punto, similares ós que sosteñen a cornisa do tejaroz e ó dunha das portas laterais, a única que se conserva da traza primitiva. A actual portada está reformada.
    A igrexa conserva pinturas murales e un Cristo románico de especial importancia.

EXTERIOR
    Os muros están formados mediante aparello pseudo-isódomo, como nas igrexas do século X, así como a cornisa do testeiro da ábsida ornamentada con dentes de serra de factura similar á ornamentación das igrexas mozárabes de Escalada, Peñalba e Celanova. En Antolín, estes dentes de serra son de ladrillo como nas igrexas toledanas. Complean a cornisa, as rosetas que recordan a motivos ornamentais visigóticos. É moi interesante a particularidade de combina-lo ladrillo coa pedra, rasgo tamén compartido polas igrexas mozárabes.

Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 144-150. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.