Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SAN MARTIÑO DE NOIA
Ano de creación: 1434, primeira metade do século XV
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
O edificio está considerado como un exemplar de arquitectura gótico-arcaica galega. Declarado Monumento Nacional e a zona que o circunda, Patrimonio Histórico-Artístico dende 1931.
San Martiño pertence o tipo de igrexas dunha nave e capela maior poligonal que están moi vinculadas ó tipo de igrexas propias das ordes mendicantes.
O edificio foi reedificado en 1434, como se lee na cara inferior do dintel: "ERA DA NAÇD [E]MCCCXXXIIII".
INTERIOR
Consta dunha soa nave con cubertas de madeira dividida en cinco tramos por arcos doblados apuntados sustentados por semicolumnas e baquetóns que arrancan dun basamento alto. A capela Maior poligonal ten sete lados e cuberta con bóveda de crucería. Tres ventanais apuntados a iluminan. Un espléndido rosetón preside sobre o arco que da acceso ó presbiterio.
Destaca no interior a capela da Anunciación ou da Salutación, xa que acolle a un retablo con esta escea. Esta capela tivo como promotor a don Gabriel Freiro sendo Fernando Romero Dacosta o seu artífice. A cubrición da capela é de bóveda estrelada sobre lampetas que, segundo Caamaño, son os torsos dos catro evanxelistas.
A igrexa conta cunha soa torre que non se corresponde coas datas da reedificación. Foi construida na primeira década do seculo XVII gracias a don Pedro González Dosón. No espacio reservado a outra torre atopase actualmente o reloxio doado por Monroy.
O templo ten un aspecto de fortaleza debido ó coronamento almeado da Capela Maior, das ménsulas voladas no exterior do templo polos lados Norte e Oeste, polos muros e polo paseo de ronda existente entre as torres.
PORTADA
A fachada organízase dispoñendo a portada na parte central entre os contrafortes e situando na zona superior o fermoso rosetón. O hastial está rematado en piñón coroado por unha cruz flordelisada sobre carneiro. Nos laterais, flanqueando os contrafortes, sitúanse as torres.
A portada principal é moi interesante presentando unha variada riqueza escultórica onde é evidente a influencia do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. As esculturas representadas pertencen ós apóstoles, a unha Anunciación, ós doce anciáns músicos do Apocalipsis, ó Pantocrator e os anxos.
A presencia do estilo compostelano é evidente na arquivolta interior da arcada apuntada na que a figura de Cristo preséntase amosando as súas feridas entre os doce anciáns dispostos de forma radial. Na arquivolta seguinte temos no arranque do arco á imaxe da virxe e noutro extremo, a dun arcanxo. No centro dispóñense os anxos de forma radial. A última arquivolta presenta motivos vexetais. Nas xambas hai tres pares de columnas que teñen entre sí baquetóns. Os apóstoles adosados ás columnas distribúense en dous corpos, un inferior e outro superior.Son visibles os efectos do tempo que alteraron a policromía dificultando a lectura das cartelas que identificaban ós santos.
No tímpano destacan os escudos de Castela e León, parece que tardíamente e dous iguais na porta lateral de Lope e Mendoza.
O rosetón de grandes dimensións loce na parte alta da fachada e está acompañado de diversas figuras como catro anxos tocando instrumentos.
Os modelos para este edificio deben buscarse en Compostela pero sin descartar outras posibles influencias como Portomarín en opinión de Bango Torviso.
Fontes de información: VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. "Pueblos de Galicia. Noia". Volumen I. Coruña, 2000