Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: SANTA COMBA DE BANDE

Ano de creación: Ano 680 aproximadamente

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: SANTA COMBA DE BANDE
    A conquista de Galicia por Leovixildo no 585, supuso o fin do reino suevo e un impulso na evolución de Galicia cara unha unificación territorial , relixiosa e social acadando un periodo de estabilidade, de esplendor cultural e artístico que coñecenos máis por fontes que polos restos que quedan pero, indudablemente, revelan o progresivo poder acadado pola igrexa e o continuo auxe da vida cenobítica. Neste contexto debemos situa-la construcción da igrexa de Santa Comba de Bande en Ourense.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    Na actualidade o edificio está adicada a San Torcuato.
    Na súa estructura exterior destacan os volumes cúbicos ben remarcados, que se unen en ángulo, pero sen perder o seu aspecto independente.
    A pranta da igrexa é de cruz grega . Na súa orixe a capela presentaba cámaras adosadas ós muros do cruceiro e do pórtico das que tan só se conserva a situada ó noreste. Os arcos do cruceiro son de ferradura e áchanse interrelacionados. Neste tramo central da nave levántase un ciborio que se cubre cunha bóveda de arestas realizada en ladrillo de tipo romano. Os brazos da cruz presentan bóvedas de canón ó igual ca pequena ábsida.
    Son moi interesantes os dous capiteis do cruceiro, un deles posiblemente romano ó igual que as tallas a bisel dos arranques das bóvedas realizadas en gran detalle.
    A pintura mural é dunha época máis tardía e representa ó santo Antón de Padua.
    A influencia do edificio temos que buscala na igrexa de San Pedro da Nave, síntese de modelos constructivos visigodos.

Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993.