Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASTELO DE VIMIANZO
Ano de creación: Finais do XII- Comenzos do S. XIII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
ASPECTOS HISTÓRICOS
A primeira fortaleza debeu ser construida a finais do século XII comenzos do XIII. Foi destruida no século XV, no1467, como consecuencia das Revoltas Irmandiñas e na actualidade só podemos ve-los alicerces primitivos da torre de homenaxe descubertos nos traballos de restauración de 1984-1986.
Na Idade Media, Vimianzo estaba baixo a influencia da mitra compostelana e do mosteiro de Moraime (Muxía). Da vinculación deste mosteiro coa familia dos Traba deriva o protagonismo que, dende mediados do século XV, adquirirá a rama dos Moscoso -procedente desta familia dos Traba-. A fortaleza de Vimianzo pertenceu á esta familia, de gran poder e influencia. O castelo foi a cabeza visible dunha extensa xurisdicción señorial ata o século XIX no que os Altamira o venderon a familia Martelo. Posteriormente volveu á mitra compostelana que acabou por vendelo á Deputación Provinvial.
ASPECTOS ARQUITECTÓNICOS
A fortaleza preséntase rodeada por un foso ovalado que recorda ós antigos castros. A súa planta é poligonal e de perímetro irregular.
Presenta catro torreóns sitos nos catro puntos cardinais. A torre da homenaxe está ubicada no lado suroeste, cercana a ponte de entrada que salva o foso e caracterízase porque non é a torre máis monumental do conxunto. Os adarves son do tipo doutros castelos galegos, os merlóns están formados con grandes pedras enteiras pentagonais colocadas entre as ameas. Toda a estructura érguese sen morteiro co que os merlóns tiñan, en caso de necesidade, un valor estratéxico e defensivo podendo ser empregados contra os inimigos.
A torre de homenaxe non é a máis monumental pero si a máis alta. Ten planta cuadrangular e a súa situación permítelle protexe-la entrada da fortaleza. Está dentro do perímetro amurallado e non proxectada cara o exterior como soe ser común noutros castelos.
O nome deriva da homenaxe que o alcaide lle rendía ó señor, un acto de sumisión de carácter feudal, que se realizaba na dependencia principal da torre. A torre non ten escaleiras de acceso dende o exterior en pedra ( so en madeira) para facilita-la defensa da mesma e impedi-la subida xa que esta era o último reducto defensivo en caso de seres atacada a fortaleza. A torre é a construcción máis importante do castelo, tendo unha función tanto intimidatoria coma representativa xa que nela concéntranse os escudos pétreos que certificaban o prestixio nobiliario da familia.
O patio de armas é un patio interior siatuado ante a torre da homenaxe.
Os bastións son as torres salintes que cubren cada ángulo da muralla sobresaíndo en planta. Os tres baluartes do castelo sitúanse en cada punto cardinal: o norte, o oeste e o leste que é a máis grande en planta. Orixinariamente, as torres remataban en adarves para acentua-lo seu carácter defensivo. Os adarves son os camiños de ronda situados por detrás dos parapetos da parte alta da muralla da fortaleza. Estos parapetos están rematados por merlóns, pedras de cantería dentadas. O espacio deixado entre eles chámase ameas aínda que, xeralmente, denominase amea á parte alta das murallas, sen distinguir entre merlóns e espacios intermedios. As saeteiras son aberturas nos muros do castelo por onde se disparan as frechas e saetas. Teñen unha función militar.
Nas dependencias interiores estaban a vivenda, a cociña coa lareira, fornos... Tamén as cortes para os cabalos e outros animais domésticos. As carceres eran un aspacio habitual dentro do castelo.
A ponte permite o acceso á fortaleza e é moi necesaria xa que salva o foso que rodea ó castelo. Na súa orixe foi tamén de madeira aínda que na actualidade é de pedra. O foso supuña unha excavación profunda e prolongada habitualmente chea de auga.
ESCUDOS
A. Escudos do dintel da porta de entrada:
Os escudos do dintel da porta de entrada ó patio de armas son os escudos máis antigos da fortaleza e datan do século XV. O que non se sabe con seguridade e si son anteriores ó asalto irmandiño de 1467 ou posteriores, a partir de 1472, data na que o conde Lopo Sanches de Moscoso toma a fortaleza.
1º. Escudo: A familia de Castro está representada mediante os seis roeis
2º Escudo: A familia Moscoso está representada polo lobo pardo coa boca aberta
B. Escudos no interior da fortaleza no que poden verse os escaques correspondentes á familia dos Vermudes de Traba -da que procedían os Mariño de Lobeira e os Moscoso-:
1º Escudo: sito no patio de armas
2º Escudo: sito nunha dependencia da zona norte
C. Escudo situado na porta principal do castelo
Este escudo non parece orixinal xa que está pouco desgastado e é posible que sexa un escudo de comenzos do século XX mandado esculpir por Don Evaristo Martelo. Ten a parte inferior angulada e nel está representada a familia dos Moscoso -cabeza de lobo-, dos Castros -seis roeles-e a familia Lara-caldeiriños-.
D. Escudo situado no lintel da porta da barbacá
Don Evaristo Martelo mandou esculpir este escudo e polo tanto é do século XX. A metade esquerda está adicada á familia Martelo -un martelo- e a metade dereita á familia Moscoso.
Fontes de información: Lema Suárez, J.Mª., Monzo Lavandeira, R.; "Castelo de Vimianzo". Coruña, 1998 VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.