Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE POIO

Ano de creación: Século XVII

Autores: Frei Grabriel das Casas

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
ASPECTOS HISTÓRICOS
    Na actualidade, o mosteiro de San Xoán de Poio forma parte do patriminio artístico nacional. As súas orixes son descoñecidas pola falta de documentación fidedigna sobre o mesmo aínda que se cree que a fundación do mosteiro débese a San Fructuoso no século VII sendo a illa de Tambo o lugar elexido onde o santo realizou o milagre de camiñar sobre as augas segundo o relato de San Valerio.
    A pesares das dúbidas sobre a identidade do fundador do mosteiro, está comprobado e que no ano 942 xa existía porque éste aparece mencionado no inventario dos bens que o cabaleiro Tello Alpis que reparte a súa facenda coa sía irmá Bratasia. Existen diferentes versións nas que se recolle a existencia deste inventario. Segundo o P. Gaspar Vaca, que foi abade do mosteiro no século XVI, a raiña dona Urraca concedeu ó mosteiro dous privilexios no ano 1116: Concesión da vila de Simes e outras pripiedades así como todo o coto dos arredores da vivienda monacal. Nun destes documentos mencionase como fundador do mosteiro ó rei Bermudo, antergo da raiña.
    Nos primeiros anos do século XII, o mosteiro poseía o coto que o rodeaba exento da xurisdicción real e eclesiástica así como as vilas de Simes, Padriñán ou Beluso coas súas igrexas, homes.
    O mosterio estivo sempre baixo a protección real que o distingíu con donacións e privilexios o que lle permitíiu alcanzar unha importancia extraordinaria tendo en conta a amplitude da súa xurisdicción e o seu señorío que comprendía moitas vilas e igrexas do Salnés e do Morrazo. En Pontevedra tiña dereitos, por concesión de Fernando I, a metade dos proveitos da igrexa de Santa María e, por donación anterior, privilexio de pesca no río Lérez. Todo este amosa a influencia e poderío do mosteiro, tanto na orde benedictina como en todo o litoral das Rías de Pontevedra, Arousa e o Salnés.
    No ano 1548 inaugurouse un colexio Maior de Teoloxía onde impartíu clases o Padre Feixoo.
    En 1835 os monxes benedictinos tiveron que desaloxar o mosteiro con motivo da exclaustración. Dende entón o mosteiro sufríu un periodo de abandono ata o ano 1890 no que o edificio pasou a mans da orde dos monxes mercedarios.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    A igrexa destaca pola súa beleza interior, pola amplitude do seu espacio central que reflicte a armonía dos templos barrocos que presentan liñas do clasicismo propio das obras de Melchor de Velasco e de Frai Gabriel das Casas. Segundo Bonet Correa, este último é con seguridade o autor dos planos.

FACHADA
    Con dous corpos, o primeiro dórico e o segundo corintio con columnas pareadas e frontón cortado flanqueado por dúas torres. O primeiro corpo está ornamentado mediante fornallas con santos, Santiago e San Andrés nos laterais e San Xoán Bautista no central. No segundo corpo, unha fiestra rectangular enmarcada con resaltes e sobre a mesma, un escudo de España.

INTERIOR
    O amplio interior está configurado por unha nave central. Dez arcadas sobre pilastras compostas que sosteñen a bóveda do templo e marcan os tramos da nave maior e os do brazos do cruceiro. O coro sobre a porta principal é moi amplo e as tribunas laterais individualízanse mediante balcóns pacegos con balaustrada de pedra. A capela maior consta de dous tramos e o retablo é obra de Lucas Cabrera.

MOSTEIRO
    Do antigo mosteiro consérvanse os dous claustros: o das Procesións e o dos Laranxos. No primeiro, do século XVI, destaca a semellanza que garda, sobre todo no primeiro corpo, co mosteiro de Celanova. O peche está composto de arcos semicirculares entre pilastras, e o corredor presenta bóvedas de crucería que arrancan de pequenas ménsulas historiadas, mascaróns nos ángulos internos. A fonte sitúase no centro do claustro.
    O segundo claustro, do século XVIII de dous corpos comunícase coas principais dependencias do mosteiro.
    A escada de honor, de balaustres barrocos, destaca pola súa estructura que sorprende pola falta aparente de puntos de apoio.
    Na actualidade, o mosteiro de Poio segue sendo un espacio adicado ó estudio.

Fontes de información: De Sa Bravo, H.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 312