Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO URBANO CAMBADOS
Ano de creación:
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2002
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
O municipio de Cambados ofrece espacios de especial interese determinados, tanto polo seu privilexiado emprazamento xeográfico, como polo seu rico patrimonio.
A vila organízase a partires de tres núcleos primitivos, a Praza de Fefiñaness, onde atopamos o pazo de Fefiñanes e a igrexa de San Bieito ademáis das casas de abolengo e dos pazos que se ubican en rúas estreitas. Nun segundo núcleo, o de Santo Tomé, destaca a presencia do pazo barroco de Montesacro, hoxe asilo de anciáns. E, finalmente, son importantes as ruínas de Santa Mariña Dozó e o Pazo de Ulloa.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
PAZO DE FEFIÑANES
Fefiñáns pertenceu a señoría da Mitra, sendo seus tenencieros, no século XV, os Valladares que acadaron o dominio do Vizcondado de Fefiñáns en 1647.
A construcción do pazo do século XVII débese ós dous primeiros vizcondes, Don Gonzalo e Don Fernando Valladares. O pazo pasou máis tarde, por casamento, ós condes de Figueroa que conservan aínda a propiedade do pazo. Neste edificio barroco é interesante a presencia de elementos italianos post-renacentistas coma os balcóns redondos esquinados. Destaca o predominio dos blasóns que ennoblecen o edificio.
O Pazo organízase en planta en dúas ás en ángulo recto destacando, nunha das súas ás, a torre ameada con balcóns. A fachada do pazo presentase en dous corpo, un corpo inferior sinxelo presidido polas portas de entrada acompañadas de pequenos vans que percorren os paramentos e un corpo superior con fiestras rectangulares adornadas con frontón triangular e con acceso á balconada con varandela. Sobre as dúas portas principais, unhas fiestras con balconada e o remate con escudo.
RUÍNAS DE SANTA MARIÑA DOZÓ
Declarada Monumento Histórico-Artístico en 1943.
A igrexa, construída sobre unha antiga vila romana, e un importante exemplo de gótico mariñeiro en Galicia e unha mostra da influencia que as órdenes mendicantes exerceron nas vilas mariñeiras onde o estilo tera un gran éxito.
A igrexa parroquial é do século XV e foi construida por mandato de López Sánchez de Ulloa. Dunha soa nave onde destaca a presencia de esveltos arcos. A ábsida é de planta rectangular, con arco de entrada apuntado e bóveda de crucería. No fondo do presbiterio ábrese unha fiestra no muro permitindo a entrada de luz. A fachada tuvo ata comezos do século XX un rosetón. O edificio conserva elementos decorativos alusivos ó Evanxelio e ós pecados capitais.
A igrexa foi abandoada a mediados do século XIX convertíndonse nunhas ruínas.
IGREXA DE SAN BENITO
Igrexa de orixe románica sufríu profundas remodelacións a comenzos do século XV aínda que as modificacións máis importantes, que determinaron o aspecto final do edificio, abordáronse entre 1618 e 1634 por mandato de Don Gonzalo Valladares. É un edificio con planta de cruz latina, de nave única e bóveda de cañón sostida por arcos faixóns. O cruceiro presenta unha cuberta de bóveda de crucería. O Neoclásico é o estilo predominante tendo en conta que as torres e a fachada pertencen o século XVIII. Destaca o gran reloxio de sol gravado nos paramentos da igrexa.
PAZO DE ULLOA
O edificio sitúase no lugar coñecido como Os Pazos, solar de Don Lope e Doña María Ulloa, I e II señores de Cambados. A costrucción pacega, de finais do século XV ou principios do século XVI, sufríu reformas no século XVIII. Sobre a porta da fachada principal ostenta o escudo coas armas que correspondía ós fillosde Doña María, Don Diego de Acevedo e Don Alonso de Fonseca, arzobispo de Santiago e Toledo.
Fontes de información: "Cambados". Gran Enciclopedia Galega. Boli-Canse. Tomo IV. Gijón, 1974, pág. 188 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.