Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CATEDRAL DE OURENSE

Ano de creación: Sobre 1160

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A irradiación do Románico compostelán foi gracias a factores como a expansión do fenómeno de peregrinación, o auxe económico e a presencia da orde de Cluny.
    A catedral de Ourense considérase unha catedral pouco influida pola compostelá. Sen embargo, é importante sinalar a evidente asimilación das ensinanzas do mestre Mateo na Portada do Paraíso que, combinada con outros elementos importados do Románico Abulense, convirten á Portada da catedral de Ourense en algo especial.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
CATEDRAL
    De base de cruz latina, posue cabeceira de triple ábsida e tres naves coroadas con bóvedas de crucería. É un edificio que reflexa diversos estilos como o Románico, Gótico, Renacentista, Barroco. Destaca o Pórtico do Paraíso, o retablo Maior e a Capela do Santo Cristo.
    O inicio das obras da Catedral datan do ano 1160 e será o bispo do Lourenzo o que remate a catedral entre 1230 e 1248 aínda que despois se continuará con máis engadidos e reformas.

CABECEIRA
    Da cabeceira orixinal de tres ábsidas, só se conserva a capela maior. O semicírculo absidial describe no interior cinco absidiolas. O exterior da capela maior quedou oculto no muro do deambulatorio barroco.

RETÁBULO
    A influencia que podemos apreciar na escultura durante as primeiras décadas do século XVI é borgoñona. O escultor máis importante do momento é Cornielles de Holanda. A súa obra documéntase en Santiago entre 1521 e 1547 aínda que as primeiras referencias nos levan ó Retábulo da Catedral de Ourense. A obra deste autor é realmente interesante xa que aúna o decorativismo renacentista coa expresividade borgoñona.

NAVES
    O soporte da bóveda de crucería realízase mediante contrafortes con semicolumnas acobadas. No corpo inferior, a unión dos controfortes e a separación da nave principal das laterais realizase mediante arcos apuntados. Na zona superior ábrense fiestras nos lunetos das bóvedas coma nunha especie de tribuna.

CRUCEIRO
    O segundo tramo da capela comunícaa co centro do cruceiro. O cruceiro ábrese ás capelas mediante arcos que no lado norte teñen capiteis con follas recortadas e de eixes perlados e os do lado sur con decoración de sereas-páxaro. O cucreiro cúbrese co ciborio, proxecto de 1498 de Rodrígo de Badajoz, de estilo renacentista. Álzase sobre trompas e ten planta octogonal. Interiormente consta de tres corpos superpostos e exteriormente ten tres corpos con duas fiestras por lado.

CLAUSTRA NOVA
    Construída a fines do século XIII ou comenzos do XIV, está situada no lado meridional da catedral. É unha obra incompleta onde so se constuíron catro tramos que arquitectónicamente non supoñen nada novedoso pero sí son interesantes as tallas dos capiteis cun variado e rico programa iconográfico.

DEAMBULATORIO BARROCO
    Ó longo da primeira metado do século XVII, mentras que na cidade de Santiago se instala o Clasicismo, en Lugo e Ourense é máis evidente o influxo herreriano, con arquitectos casteláns ou santanderinos. Nestes anos, na catedral constrúese o deambulatorio por man de Antonio Martín Daraque que continúa a obra de Simón de Monasterio. O deambulatorio disponse de cinco tramos e cinco capelas rectangulares abertas con xirola. A un e outro lado, pilastras dóricas con forte refundido e sobre elas a cornixa con bóveda de cañón.

CAPELA DO SANTO CRISTO
    A gran devoción profesada en Ourense a esta imaxe do século XIV obrigou a remodelar unha antiga capela convertindo este espacio nun santuario barroco. A cúpula é obra de Pedro de Arén e o camarín Barroco está feito con trazas de Domingo de Andrade. A rica ornamentación escultórica correu da man de Castro Canseco e Franciaco de Moure

FACHADA NORTE
    Fachada flanqueada orixinariamente por contrafortes. A fachada estructúrase en duas partes, unha inferior para a portada e unha superior para o rosetón. Esta fachada sufríu reformas no século XV. Conserva duas estatuas columnas, unha por xamba. Tímpano representando o descendemento.

FACHADA SUR
    Fachada flanqueada orixinariamente por contrafortes aínda que desapareceron os orientais ó construirse a torre do reloxio no século XVI. Na zona superior, a altura da cornixa, dispóñense torreóns cilíndricos o que lle dan a catedral un aire de fortaleza. A fachada estructúrase en duas partes, unha inferior para a portada e unha superior para o rosetón. A portada presenta unha arquivolta exterior con arcos de ferradura, a central con follas de col e a interior con figuras.

PÓRTICO DO PARAISO
    Datado en 1248, é evidente a dependencia que presenta do Pórtico da Gloria, aínda que é importante sinalar as diferencias xa que non é da mesna calidade que o santiagués, os autores son máis toscos.
    Formado por tres arcos, asentados os laterais sobre os muros, e o central sobre dous machóns con sete pares de columnas acobadas. Na arquivolta central están os Vintecatro Anciáns do Apocalipse. No tímpano, San Martiño, unha imaxe do século XVI. No parteluz, composto por seis columnas con capiteis onde se representa as tentacións de Cristo, sitúase unha imaxe de Santiago Apóstolo. No arco esquerdo arquivoltas vexetais e na dereira representación do xuízo final.

FACHADA OESTE
    A pesares das reformas, é moi próxima á primitiva. Esta organizada entre dúas torres e disposta en dous corpos divididos en tres rúas estructuradas por contrafortes. No corpo superior da rúa central está o rosetón. Na zona inferior a entrada con parteluz. Recibe decoración de tres arquivoltas apuntadas con tímpano acristalado. As portadas laterais con dous corpos no alzado. A torre das campás sitúase no costado Norte.

Fontes de información: Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993 "Ourense". Gran Enciclopedia Galega. Obre-pañán. Tomo XXIII. Gijón, 1974, pág. 64 Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; "La arquitectura en Galicia en el siglo XVI"I. Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995.