Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: XUNQUEIRA DE AMBÍA, COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL
Ano de creación: Data de fundación 1164
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
COLEXIATA DE SANTA MARÍA A REAL
ASPECTOS ARTÍSTICOS
O edifico de planta basilical está dividido en tres naves mediante catro pares de pilastras que sosteñen os arcos faixóns da nave central e os arcos forneiros que soportan un falso triforio as naves laterais.
Tódolos arcos do templo son apuntados, agás os dos vans do triforio. O templo goza de boa iluminación, acadada a traverso de cinco pares de xanelas e tres rosetóns. A ábsida e a decoración realízase a través de motivos exclusivamente vexetais.
No século XVI mellorouse o templo cun magnífico retábulo, os púlpitos e o cadeirado do coro.
A traverso dun arco conopial, sito nas inmediacións da sancristía, accédese ó claustro gótico do século XV.
A fachada principal descubre no tímpano da porta a inscripción fundacional de 2 de xuño de 1164 e está ornamentada cunha variada decoración animalística.
Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.