Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: IGREXA DE AREALONGA

Ano de creación: Inicio da obra en 1657

Autores: Melchor Velasco, Pedro Monteagudo

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: IGREXA DE AREALONGA
    Descoñécese a data de construcción da primitiva igrexa de Arealonga pero consérvanse documentos que a sitúan no ano 912.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    A ampliación do edificio lévase a cabo na segunda metade do século XVII gracias á iniciativa de D. Fernando de Andrade, encargando á obra ó arquitecto Melchor Velasco.
    A obra comenza en 1657 e en 1669, o falecer Melchor Velasco encárgase ós seus herdeiros que finalicen a capela do Rosario.
    A partires de 1662, traballará na igrexa Pedro de Monteagudo. O traballo deste mestre é fundamental pois aínda que segue as trazas de Melchor de Velasco, introduce modificacións que confirman o seu estilo a súa visión do barroco.
    A fachada é unha mostra da austeridade que comezaría a impoñerse. Está composta pola porta adintelada enmarcada entre pilastras e con frontón curvo partido típico do barroco que da paso a unha fornalla coa imaxen de pedra de santa Eulalia con remate tamén en frontón semicircular. Sobre a fornalla sitúase unha fiestra rectangular, que da luz á nave, flaqueada por dous escudos.
    O interior presenta planta de cruz latina. A nave central é espaciosa con bóveda de canón. Nos brazos do cruceiro as capelas son de diferentes épocas.
    A dereita a capela do Rosario, de planta de cruz grega , obre de Melchor e Velasco e construida a partires de 1690. A cúpula proxecta a súa luz sobre ó cruceiro. Destaca a súa riqueza decorativa con sartas de froitas que flanquean os vanos e adornan as pilastras e as ménsulas, así como las follas carnosas de acanto engalanan as claves das fiestras. Tamén na parte dereita do cruceiro se atopan las capelas de San Antonio de Ntra. Sra,. Del Carmen.
    A capela de s. Miguel ou do Pilar, débese a iniciativa de d. Pedro de Navia e proxectada por D; Pedro de Monteagudo.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Pontevedra". VI. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Barroco. I" Galicia Arte. Tomo XII. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.