Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASTELO DE PAMBRE

Ano de creación: Finais do século XV

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    Considerado como unha das construccións defensivas máis importantes e interesantes de Galicia, o castelo presenta na actualidade un evidente estado de deterioro. O suposto constructor do edificio, xa que este dato está posto en duda, foi Gonzalo Ozores de Ulloa en 1378 deixándollo en herdanza o seu fillo Lopo aínda que tódolos estudos confirman que a construcción da fortaleza é posterior a 1460.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
CASTELO
    Enclavado sobre un outeiro rocoso, o castelo está constituido por un edificio central de corte rectangular que se acompaña da torre de homenaxe de base cadrada. Completa este núcleo central as catro torres que protexen os flancos. Forma parte do conxunto a igrexa de estilo románico e a muralla de circunvalación.
    No ángulo suroeste da muralla sitúase o portalón de entrada con arco de medio punto co escudo dos Ulloa na clave.
    O emprego das armas da familia como forma de decoración vólvese a repetir na torre de homenaxe que posue no seu costado Norte unha interesante porta con canzorros e modillóns situando a pedra de armas no tímpano. No terceiro corpo presenta unha fiestra con arquiños.
    Conserva parte do ameado en algunhas zonas sostido por ménsulas de varios lóbulos de escalonamento.
    Destaca o gran número de signos lapidarios que recobren moitos dos sillares, moi variados o que indica que traballaron diversos canteiros.

Fontes de información: "Pambre, castelo de". Gran Enciclopedia Galega. Obre-pañán. Tomo XXIII. Gijón, 1974, pág. 247 Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995. Pombo, A. “Guía préctica do camiño francés”. Rotas Xacobeas. Madrid, 1997.