Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OSEIRA

Ano de creación: Entre 1183 e 1199

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    O mosteiro de Oseira sufríu remodelacións dende a Idade Media, periodo ó que pertence a Igrexa.
    Fundado no ano 1137 destaca a igrexa oxival. A icorporación do Mosteiro de Oseira ó Císter producíuse no ano 1141. No século XVI, un incendio destruíu o edificio deixando só en pé a Igrexa. A desamortización provocou que o mosteiro se abandoara pero, dende 1929, comenzouse unha laboura de restauración.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
IGREXA
    De planta de cruz latina de tres naves longas, cruceiro dunha nave e capela maior semicircular, con deambulatorio ó que se abren cinco capelas. A forma da cabeceira é realmente excepcional en Galicia e esta influida en modelos de Auvernia e Languedoc. O interior do edificio é simple cubríndose as naves con bóveda de medio cañón apuntado excepto no cruceiro onde se levanta unha cúpula. As naves menores son máis estreitas que a central.
    No exterior da igrexa destaca a cabeceira onde se aprecia con claridade os volumes, a disposición da capela maior composta de deambulatorio e cinco capelas radiais. O deambulatórico cóbrese con bóveda de cuarto de círculo. A gradación de volumes é unha das vista máis interesantes do exterior reflectindo a complexidade da igrexa. A sinxeleza decorativa ensalza o valor da arquitectura. Os contrafortes suben ata os beirados que posuían canzorros que en parte están perdidos. Sobre o tellado do deambulatorio álzase o remate da capela maior con esveltas columnas nos ángulos do polígono da cabeceira e contrafortes prismáticos nos tramos rectos. Entre uns e outros ábrense as fiestras.
    Tras o tellado, asoma o remate poligonal da cúpula semiesférica de base poligonal do cruceiro. Os paramentos exteriores do cruceiro presentan contrafortes. O brazo sur da igrexa está rodeada por dependencias monacais. No brazo norte mantén a fachada septentrional composta dunha porta cun tímpano e doble arquivolta de medio punto moldurada.
    O exterior das naves presentan unha gradación lumínica. Na fachada norte pódese ver os contrafortes prismáticos que delimitan os tramos e as ventás en arco de medio punto. Os beirados teñen canzorros en proa de barco.

FACHADA
    En 1637 engadíuselle a igrexa unha nova fachada ó conxunto monástico. A antiga igrexa cisterciense recibe unha nova fachada que consiste nun gran rectángulo almohadillado, cun lixeiro avance do corpo central que se remata cun frontón curvo partido para acoller á peineta. As rúas laterais serven de base para as torres con dóus corpos cúbicos decrecentes percorridos por pilastras afundidas que flanquean os vans con arcos de medio punto.
    Na portada do mosteiro destaca o temperán emprego das catro columnas salomónicas que enmarcan a porta en arco de medio punto. Difundidas en Galicia por Andrade, aínda que éste só as empleou nos retábulos, ofrecen dinamismo e movemento á fachada. É interesantes o gran número de blasóns e de escudos que a engalanan e que amosan a fastuosidade barroca.
    O aspecto final do conxunto é unha fachada máis dinámica, que xoga coas luces e as sombras e rompe coa austeridade imposta polo clasicismo herreriano.

PATIOS
    Dentro do mosterio existen dous patios de excepcional valor, o Patio dos Pináculos, de estilo Renacentista e o "Patio dos Medallóns" tamén Renacentista.

ESCALEIRA
    Coñecida como "Escaleira de Honra", é de estilo herreriano construída no século XVII.

ANTIGA SALA CAPITULAR
    Sala de gran interés construída a comenzos do século XVI. De planta cadrada, divídese en nove compartimentos por medio de catro soportes centrais nos que reposan os arcos e e os nervios da bóveda de crucería estrelada que cubre cada un dos tramos.

ESTANCIAS MONÁSTICAS
    As estancias emplazadas no lado este do claustro procesional do mosteiro son anteriores ó incendio de 1551. Consérvanse os restos das primitivas estancias monásticas destacando os muros oriental e occidental.

Fontes de información: Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993 "Oseira, Mosteiro de". Gran Enciclopedia Galega. Obre-pañán. Tomo XXIII. Gijón, 1974, pág. 134 Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; "La arquitectura en Galicia en el siglo XVII". Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995.