Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASTELO DE SOBROSO
Ano de creación: Século XI-Segunda metade do século XV
Autores: Anónimo
Ano de toma fotográfica: 2001
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
O castelo do Sobroso ou castelo de Vilasobroso, está ubicado nun promontorio rochoso sito no outeiro de Landín. Dende alí, a fortificación domina un amplo territorio.
O seu nome, antigamente Soberoso, garda relación coa presencia de sobreiras existentes nese emplazamento que son abundantes en tódala zona.
ASPECTOS HISTÓRICOS
Os primeiros datos sobre o castelo remóntanse o ano 1117 cando a raíña dona Urraca é cercada nesta fortaleza polos partidarios do seu fillo Alfonso VII. A raíña consegue escapar refuxiándose en Compostela baixo a protección do arcebispo Xelmírez. Documentación posterior indica que a fortaleca pertencía, en 1379 á familia Sarmiento, sendo o seu señor, por doazón do rei Xoán I, Pedro Ruíz de Sarmiento, señor de Ribadavia e adelantado maior de Galicia.
Na segunda metade do século XV, época violenta e de loitas feudais, o castelo ten como o seu amo e señor a Don Álvaro Páez de Soutomaior quen a posuiría ata a case destrucción do castelo en 1467 con motivo das Revoltas Irmandiñas.
A fortaleza pasou a mans de Pedro Álvarez de Soutomaior, irmán bastardo de Don Álvaro, coñecido como Pedro Madruga que debe o seu nome, segundo Vasco da Ponte, ó costume de "madrugar moito cando facía as súas cabalgadas". Pedro Madruga restaurou en gran parte o castelo, reconstrucción que se conserva hoxe en día e que determina a estructura do edificio de finais do século XV. Este nobre pertence o grupo de cabaleiros galegos que se aliaron en contra do arcebispo de Santiago, Fonseca. O final da Idade Media é un periodo importante na historia de Galicia e Pedro Madruga é unha figura clave exercendo o seu poderío e dominio sobre o sur de Galicia ademáis de derrotar ó obispo Fonseca, Diego de Muros, ó Obispo de Tui e a García Sarmiento co control de Baiona.
Con motivos das loitas de sucesión -Pedro Madruga defende a causa da Beltraneja-, o nobre é derrotado polas forzas reais e capturado por unha celada do Conce de Benavente, o que lle permite a García Sarmiento recupera-lo castelo permanecendo éste nas súas máns a pesares do cerco imposto máis tarde polo conde de Camiña -título outorgado a Pedro Madruga polos monarcas portugueses-.
Durante o reinado dos Reis Católicos o castelo pasou de fortaleza a residencia señorial da familia dos Sobroso e Salvaterra , feito que non evitaría o seu abandono nos séculos XVIII e XIX.
A finais do século XIX pasou a máns do conde de Torrecedeira sendo vendido en 1923 a Alejo Carrera Muñoz quen acometerá dúas restauracións para salvalo do seu ruinoso estado. Os herdeiros de Alejo Carrera, venderon o castelo ó municipio de Ponteareas que o comprou en 1981 realizando con posterioridade obras de acondicionamento. O castelo pode visitarse e nos seus salóns realízanse actividades de carácter cultural.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
O castelo é un dos mellores exemplos de arquitectura civil de estilo gótico en Galicia aínda que é difícil determinar o que conserva da estructura orixinal gótica. A función do castelo era vixiar a fronteira portuguesa.
Está formado por tres corpos superpostos:
>A muralla exterior
>O corpo residencial
>Torre de Homenaxe
A muralla exterior, de 140 m, presenta os lenzos máis antigos no lado Norte, correspondentes ó século XV. Para chegar á porta principal da mesma, é necesario percorrer un longo camiño situado ó pé da mesma e que constitúe un elemento máis de defensa.
A torre de Homenaxe domina sobre o conxunto e está situada a un lado da cerca na zona máis desprotexida da fortificación, xa que é o único lado polo que se atopan alturas maiores os do propio edificio. Pegada ó recinto interior, érguese, nos costados libres, sobre un robusto talude de cantería labrada. A torre está coroada mediante un parapeto saínte decorada con dous cuartos de bocel, presenta esquinas con garitas asentadas sobre cinco modillóns os cales, na súa orixe, probablemente alcanzaran maior altura.
O recinto residencial parece que tivo dous pisos adicando o inferior á defensa como revelan as troneiras do muro.
Signos lapidarios e brasóns decoran os muros do castelo. Os primeiros están presentes en zonas diversas da Torre de Homenaxe e os brasóns son unha mostra das armas das casas nobres galegas coma os dos Sarmiento. O escudo do Reino de Galicia preside a entrada principal do recinto externo dende a primeira restauración xa que foi atopado durante as excavacións realizadas durante a mesma.
Fontes de información: Varela, P.: "Castelo e fortalezas de Galicia". As.1999