Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO DE A CORUÑA
Ano de creación:
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
A CORUÑA
A riqueza histórica e patrimonial da cidade da Coruña e de tal magnitude que se revela como unha tarefa complexa o poder facer unha selección de edificios ou unha análise meticulosa -polo extensa que resultaría- dos monumentos máis senllerios da cidade polo que, tan só mencionaremos algúns dos coxuntos e edificios máis representativos pero sendo conscientes da calidade patrimonial que esconde a cidade.
TORRE DE HÉRCULES
O faro é unha valiosa obra pública do século II. O seu aspecto actual sufríu reformas como a cubrición da fachada con bloques graníticos, conformando un modelo neoclásico pero que todavía deixa intui-lo interior romano.
A CIDADE VELLA
>Igrexa de Santiago
É de finais do século XII pero sufriu reformas no século XVI despois dun incendio.
Conserva un interior gótico, con planta de salón e cuberta de madeira a dúas augas, rasgo común dos templos mariñeiros. As ábsidas son de deseeño románicao con cubertas de bóveda de canón sostidas por medio de arcos de medio punto.
Os elementos románicos son evidentes na ornamentación exterior das ábsidas da cabeceira.
A porta oeste presenta un tímpano presidido pola imaxe do Agnus Dei sostendo a cruz. As arquivoltas locen unha decoración vexetal.
A portada princial amosa a Santiago ecuestre e san Xoán sitos nas xambas e, os anciáns da Apocalipse, decoran as arquivoltas.
>Colexiata de Santa María do Campo.
A construcción orixinal data do século XIV.
A fachada principal está decorada coa Anunciación, a Epifanía que figura no tímpano e as imaxes das arquivoltas, así como a decoración da cornixa con arquiños.
Nas portadas laterais recréanse motivos variados e de lectura complexa como o martirio de santa Catarina no tímpano norte e a predicación de Xesús no tímpano sur.
>Convento de san Domingos
O templo foi realizado na segunda metade do século XVIII en substitución dunha igrexa gótica destruida tralo ataque de Drake. O novo edificio é unha construcción do dominicano frei Manuel dos Mártires, de estilo barroco e orde dórica, a planta é de cruz latina con torre na fachada.
No interior é notable o retábulo maior de estilo churrigueresco e as capelas dos Remedios e do Rosario, onde se venera a patroa da cidade.
O CENTRO DA CIDADE.
Destaca na cidade da Coruña, ós edificios de galerías que lle dan fama e identidade. Pero existen tamén singulares edificios que conforman un espectacular catálogo de arquitectura galega de finais do século XIX e comenzos do XX que merecen un percorrido cuidadose e detallado para o que é mellor segui-la fisonomía da cidade:
>Destaca a casa Rey
De 1911 de Julio Galán sita nunha esquina da plaza de María Pita.
>O Pazo do Concello
É obra de Pedro Mariño e foi realizado entre 1908 e 1912.
>Nos xardíns de Méndez Núñez
Destacan exemplos da arquitectura moderna de principios de século: A Terraza de Antonio de Mesa e Pedro Mariño, dos anos 20 e o Quiosco Alfonso , obra de González Villar de 1926).
>Nos Cantóns
Pódese atopar edificios como o Banco Pastor de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, de 1921 e do cine Avenida, racionalista dos anos trinta, obra de González Villar.
>Nas inmediacións á igrexa de Santo Andrés
Destacan outros tres edificios modernistas: os dé Bailén número 8, Barreira 23-25 obra de Boán y Callejas de 1906 e Panadeiras 13, un edificio obra de Galán Carvajal en 1908.
OUTROS EDIFICIOS DE INTERÉS
>Igrexa de San Xurxo
Foi proxectada por Domingo de Andrade en 1693 pero será Fernando de Casas en 1734 quen realmente defina as trazas da edificación.
O templo é de planta de cruz latina con tres naves e capela maior rectangular, con cubrición feita por medio de bóvedas de canón con lunetos exceptuando a zona do cruceiro onde se impón a bóveda de aresta. Destacan no trazado as tribunas que dan á nave principal.
>Igrexa de San Nicolás
Consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón con lunetos. A nave da paso a unha capela maior rectangular con bóveda de aresta e varias capelas laterais que imitan un cruceiro no que se abre unha cúpula sobre pendentes.
No interior do templo é evidente o traballo de Simón Rodríguez -1740-, coa presencia das placas xeométricas sobre os muros.
A fachada é moito máis tardía, neoclásica obra de Faustino Domínguez Coumes-Gay, 1867.
>Castelo de Santo Antón
O castelo data do século XVI e está emprazado nun illote ás portas da baía coruñesa. A sua unión a terra realizouse por medio dun dique.
Na actualidade é a sede do Museo Arqueolóxico da Coruña. Reestructurado interiormente, aínda é posible observar a primitiva estructura do foso e cociña, patios, postos de garda, alberca, calabozo e outras dependencias.
Fontes de información: Baldellou, A.; "Arquitectura moderna en Galicia". Madrid, 1995. Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Coruña". III. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991..