Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MONTEDERRAMO
Ano de creación: Reforma dende 1518
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO
O mosteiro atópase emplazado presidindo a gran plaza no centro do municipio.
As datas da fundación do mosteiro remóntase a agosto de 1124 conservánse tan só desa primeria etapa unha fiestra do claustro procesional e a planta en cruz latina da antiga igrexa románica de tres naves e cabaceira recta.
A historia deste mosterio é moi longa e complexa sendo de destacar a súa riqueza e a extensión do seu patrimonio que chegou a alcanzar terras de Coruña, Lugo e Pontevedra.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
O mosteiro é o conxunto monástico máis importante do renacemento en Galicia comenzando a reforma renacentista a partires de 1518 aínda que é posible aprecia--la presencia de outros estilos artísticos como por exemplo no claustro procesional que presenta unha ornamentación inspirada no gótico tardío portugués, o manuelino.
O claustro da hospedería é unha mostra da estética renacentista. De planta cadrada, presenta unha estructura con arcos de medio punto sobre columnas cuns capiteis de inspiración xónica. Nostra un motivo tan italiano como os medallóns que o adornan. No segundo corpo as columnas duplícanse dando lugar a unha galería de arquitrabes con volutas decorando as zapatas e una cornisa con triglifos e metopas.
A antiga igrexa románica foi reconstruida e o traballo encargouse no século XVI ós irmáns Juan e Pedro de la Sierra.
O exterior é espectacular amosando unha zona central enmarcada entre pilastras xigantes que dan paso a un frontón triangular co escudo cisterciense no centro. Os extremos do frontón sustentan uns cubos de sillería rematados en bolas. Que dan paso nos flancos a uns aletóns que cubren os dous corpos laterais. A bola máis alta leva a fecha de conclusión da fachada. 1607.
De novo a presencia das pilastras singularizan a entrada principal pero neste caso son dobres e flanquean a porta rematada cun frontón curvo de entablamento liso, e un círculo no que figuran un xarrón e un ramo baixo unha fornalla que acolle á virxe.
O interior é un espacio amplo, plantexado en sillería de granito. A planta é de cruz latina, de tres naves con cuberta de cúpula de crucería. No centro do cruceiro loce a cúpula sobre pechinas lisas e un presbiterio de bóvedas con lunetos e centro acasetonado. As naves, divididas en tramos, axudan a organiza-lo interior. Os tres primeiros sustentan o coro alto mediante arcos rebaixados. O cruceiro cúbrese con dous tramos de bóveda e dúas capelas rectangulares a cada lado. A cúpula de trazo lineal, está cortada a súa media altura para dar paso á linterna. O retábulo barroco e impresionante e esta sito na sancristía . Data do século XVII sendo obra de Mateo Prado e Bernardo de Cabrera.
A sancristía, con paramentos organizados mediante pilastras acanaladas con capiteis de estilos superpostos opta por unha cuberta de bóveda de gallóns cunha clave que é un enreixado de nove cadrados con florón no centro.
Fontes de información: Sa Bravo, H.de;"Monasterios de Galicia". León, 1990. Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.