Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN

Ano de creación: Século XX-1939

Autores: D. Antonio Cominges, Don Jaime Santomé, Alberto Cominges

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL:
    O edificio foi inaugurado en 1943 nos terreos nos que antigamente estivera situado o castelo-Fortaleza de San Fernando e a antiga base naval.
    O "Plan Miranda", posto en marcha en 1914 polo ministro de Marina, o almirante Miranda, tiña como misión protexe-las costas españolas de posibles contienxencias durante a primeira Guerra Mundial. Para que esta protección fora o más efectiva posible e convencido da importancia das Rías baixas como punto estratéxico, o almirante decide crear tres bases navais en Ríos (Vigo), Marín e Vilagarcía.
    Co paso dos anos, a Escola Naval Militar de Marín convertiríase, dende 1943, no primeiro centro de ensinanza da Armada Española, ademáis de seguir sendo unha base naval secundaria para o que conta con peiraos de atraque e a infraestructura necesaria para o apoio de buques.

ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN ASPECTOS HISTÓRICOS
   As primeira relacións de Marín coa armada datan xa da Alta Idade Media cando, formando parte da escuadra dirixida polo almirante Bonifaz, naves galegas ó mando de Payo Gómez Chariño con tripulación da zona de Marín, contribúan a conquistar Sevilla axudando a Fernando III O Santo en 1248.
    No século XVI as Rías Baixas serven de refuxio ás embarcacións e tropas de ultramar ameazadas por corsarios ingleses e holandeses co cal e necesario defender e forticifa-las rías. Nestes momentos, Marín está ó cargo dos monxes do priorato de Marín dependentes do mosteiro de Oseira.
    A costa galega convértese nun paso obrigado para as embarcacións inglesas e do Norte de Europa no século XVII sendo moi importante o tráfico marítimo entre Portugal e Inglaterra. A guerra con Gran Bretaña permite a concesión de "Patente de Corso" ós barcos de Vigo e Marín para apoderarse das mercancías destes buques destacando nestes menesteres os irmáns Gago Mendoza.
    En 1867 créase en Marín un Distrito Marítimo de 1º clase ó mando dun Teniente de navío e, como consecuencia do desenvolvemento da zona polas actividade pesqueira e a industria conserveira o goberno crea, en 1903, a provincia marítima de Marín con capital e comandancia nesta cidade.O primeiro comandante sería D. Javier Quiroga. En 1944 Marín perde a comandancia debido a reorganización marítima e incorpórase como distrito na provincia marítima de Vigo.
    Como sinalamos con anterioridade, en 1914 o "Plan Miranda" do almirante Miranda en previsión dos posibles problemas derevados do conflicto da I Guerra Mundial decide reforza-las bases militares principais en España que son: Cádez, Ferrol e Cartaxena, pero insiste en desenvoltar un programa estratéxico de defensa na que se incluen Bases Navais Secundarias, o que chama "portos refuxio" entre os que se atopa Marín. Esta potenciación lévase a cabo en 1916 e na actualidade a Base Naval de Marín segue tendo pleno valor como Base Naval Secundaria. O ministro Miranda introduce tamén na armada española en 1916 a especialidade de Tiro Naval e o Polígono de Tiro Naval instálase nas dependencias da Base Militar de Marín xa en 1920.

TRASLADO DA ESCOLA
    En 1938 o Estado Maior da Armada decide traslada-la escola a un novo emplazamento tendo en conta as malas condicións da vella escola, a necesidade de reforma, de aulas, de campos de exercicio...O problema principal para non manter as antigas dependencias debíase -ademáis do mal estado-á carencia de terreo axeitado para as novas dependencias ademáis da obrigatoriedade de manter a vinculación co mar. Tendo en conta estas necesidade decidíuse trasladar a escola ó Polígono de Tiro Naval Janer de Marín. En función de este novo emplazamento e a necesidade de estudia-la viabilidade do proxecto nese terreo, noméase a unha comisión que preside o Capitan Xeral de Ferrol e da que forma parte o arquitectoFernández Shaw que será sustituido por D. Antonio Cominges. O anteproxecto deste arquitecto é aprobado nese mesmo ano e a Administración de Marina recibe o mandato de inicia-las obras da Escola.
    O proxecto definitivo da escola foille encargado a D. Jaime Santomé, Capitan de Inxenieiros da Armada, que toma como base o anteproxecto de Cominges. O seu proxecto definitivo é aprobado en Maio de 1939. Ese mesmo mes comenxou a obra tasada en 3.008.893,64 pts.
    A morte accidentada de D. Jaime Santomé permítelle a D. Antonio Comiges retoma-la obra respetando o proxecto definitivo de Santomé aínda que introduce algúns elementos persoais nas dependencias que faltaban por edificar, no ornato das fachadas e empregando o granito dun xeito decorativo que recorda ó estilo dos pazos galegos.
    O edificio é rematado en 1943, sendo a data da súa inauguración o 15 de Agosto nun acto solemne ó que asiste o Xefe do Estado.
    O continuo coidado da escola e as sucesivas necesidade e adelantos da Armada obrigan, nos anos 70, a acometer novas obras para mellora-las instalacións. Estas obras consistiron en crear aulas especializadas coma as de tecnoloxía ou un novo cuartel para os alumnos. As obra foron dirixias por D. Alberto Cominges. Continuando con esta atención constante, nos anos 90 constrirase o novo edificio destinado a aulas de manobras onde está a Comisión Naval de Regatas e a aula de Buceo, obra tamén de Alberto Cominges.
    Na actualidade a escola conta con máis de coarenta edificios para aulas especializadas, residencias, oficiñas, garaxes, talleres, hospital, ...Son destacables as zonas deportivas como pista de atletismo, fútbol, tenis, gimnasio, piscina climatizada...Dispón de medios de entrenamento mariñeiro con embarcacións como traiñas ou goletas.

Fontes de información: Piñeiro Martínez, J.M.;"Escuela naval militar de Marín" en Historia de las Rías. Tomo II.Cap.48. Vigo, 2000, páx. 761-776