Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: PAZO DE LOURIZÁN

Ano de creación: Últimas décadas do S. XIX

Autores: Jenaro de la Fuente Domínguez

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A finca pertenceu ó político Montero Ríos e foi centro de actividades políticas. Na actualidade é un edificio estatal que funciona coma centro de estudios de investigacións agrónomas e forestais. O edificio sufríu, ó longo do tempo, unha evolución lóxica que lle permitíu adaptarse ás necesidades de cada momento da súa historia pasando sucesivamente de pazo fortificado a pazo labrego, máis tarde a pazo burgués do século XIX e finalmente a Escola Técnica Superior de Inxenieiros de Montes. Consérvase un plano do edificio de 1887 no se que describe a planta do edificio tal e como era nesas datas e que revela unha funcionalidade propia de pazo labrego con capela, hórreos -existían dous, un de madeira desaparecido e outro de 1798-, corral, pombal, cuadras para o gando, vivenda de criados e casa principal. Esta era a configuración de Lourizán no momento en que Montero Ríos adquiríu o pazo que se mantivo intacta durante algún tempo ata que se acometeron os primeiros cambios en 1893-94 co fin de mellora-las instalacións da familia e habilitar despachos para os políticos.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    Como xa sinalamos, o Pazo de Lourizán era un típico pazo labrego, Pazo da Serra, que sufríu modificacións transcendentais na súa configuración exterior.
    Estas remodelacións, que determinaron a súa ordenación actual, foron realizadas nas últimas décadas do século XIX. Esta é a época da Restauración onde se impuñan estilos tan diversos como o Neomedievalismo o Eclecticismo ou incluso o Modernismo no seu estado máis inicial pero, sobre todo, a arquitectura destes momentos sufre unha gran influencia do Segundo Imperio Francés e do arquitecto Garnier, influencia na que se encadra a linguaxe arquitectónica do edificio. A consideración xeral é que o autor das obras de remodelación foron realizadas por Don Jenaro de la Fuente Domínguez. A arquitectura deste inxenieiro revela un ecleticismo evidente, inspirado na arquitectura francesa do Segundo Imperio. As características son a suntuosidade nas fachadas en pedra, a rica decoración...
    Os traballos de remodelación de Lourizan supuñan tres problemas iniciais que eran difíciles de solventar:
1. Era necesario conservar a estructura do pazo orixinal adquirido por Montero Ríos coñecido como Pazo da Serra.
2. O mesmo tempo facíase necesario remodelar totalmente as austeras fachadas do pazo labrego para adaptalas a nova función de residencia de verán e imprimirlles un aspecto máis nobre e monumental.
3. Necesidade de crear un edificio aberto ó entorno, á beleza da Ría de Pontevedra, co cal era prioritario buscar a relación interior do edificio-exterior.

   A solución de Jenaro de la Fuente é xenial ó desenvoltar unha proposta que resolve os tres problemas. Plantexa integrar ó antigo pazo dentro dun segundo corpo que o envolve case na súa totalidade. Este segundo corpo practicamente non posue muro - queda reducido a un doble orde de piares semientregados-convertindo ás fachadas en espacios abertos constituidos por amplios vans acristalados. Este corpo envolvente, que absorve tres fachadas do pazo interrómpese no tramo da portada limitándose a adosar sobre esta unha nova fachada que disimula a sinxeleza do antigo pazo. A comunicación da portada co exterior realízase a traverso da gran escada imperial. Con esto, o aspecto de pazo defensivo e labrego da paso a unha arquitectura aberta, alegre e mundana.
   Nos traballos de cantería de Lourizán participaron os máis afamados canteiros galegos destacando o mestre Cerviño.

FACHADA
    É innegable a influencia que a arquitectura francesa exerce na fachada de Lourizán. Orientada cara o mediodía, preséntase como un corpo, de maior altura que o resto do edificio, estructurado en tres tramos, dous avanzados e un tramo central rectangular máis refundido, o que acentúan a prestancia da entrada principal. O desenvolvemento do tramo central, amosa unha composición de estricta simetría na que se emprega unha linguaxe clásica cun gran repertorio de motivos decorativos de carácter arquitectónico e se xoga coa alternacia de elementos rectos e curvos. Estos elementos son escalinatas, torres, cúpulas, frontóns, balaustres, pilastras...O tramo central loce un aspecto máis severo e maxestuoso debido a maior altura que ostenta con respeito ós tramos laterais. Esta singularización reafirma a importancia deste espacio central de entrada acentuándose coa escalinata en doble rampa cuns brazos que se unen no medio formando un templete-mirador semicircular. O espacio vacío do interior da escalinata aproveitase para instalar unha fonte en gruta con estalactitas e estalagmitas que teñen un carácter ornamental. A porta de acceso é sobria, adintelada, con vidros coas iniciais do matrimonio "Eugenio e Avelina". A ámbolos dous lados da porta, dúas fornallas con arcos de medio punto acollen a dúas esculturas femininas. No nivel superior da fachada, preséntase outra porta con van en arco que se abre a unha balconada con ménsulas. O van está franqueado por sendas semicolumnas pseudoxónicas e un par de pilastras a cada lado animando así a sobriedade dos muros. Sobre a balconada un frontón triangular con decoración escultórica de medio relevo constituída por palmetas que rodean un libro aberto como símbolo da profesión do propietario. Seguidamente dase paso ó espinete moi ornamentado. Na parte superior loce un óculo que enmarca un reloxio. Todo o conxunto se remata cun frontón circular que ten na clave o anagrama das letras enlazadas. A cuberta de estilo francés, unha cúpula troncocónica con teito de folla de pizarra. Os corpos laterais, que franquean ó tramo central, preséntanse máis avanzados. De evidente horizontalismo, organízanse en dúas plantas estructuradas por medio de grandes vans adintelados na planta baixa con cristaleiras compartimentadas e separadas por pilastras de orde pseudodórico. O remate na cornisa é mediante balaustre corrido. Nos extremos dos corpo lateral, adósanse dous balcóns exentos soportados por piares.Os balcóns alteran o ritmo repetitivo dos vans. Este tramos laterais remátase en altura coa presencia de dúas cupulas troncocónicas de menor entidade que a central.

ALAS LATERALES
    A ala esqueda do edificio presenta unha planta baixa acristalada que contrasta coa planta inferior da ala dereita xa que ésta é parte do antigo pazo e pódese apreciar o encastre das dúas obras dando como resultado unha gruta. Existen outras grutas en interesantes e románticos espacios do xardín.

XARDÍN E FINCA
    Cando Montero Ríos comprou Lourizán, na relación de documento de compra do pazo, non se detalla a existencia de parques ou xardíns, tan só se relaciona ó uso da auga en fontes e pozos que tiñan unha utilidade ornamental e, seguindo a tipoloxía propia de pazo galego, existía un só xardín diante do edificio principal.
    En 1887, Don Manuel Fernández Soler realiza un plano da finca indicando os cultivos existentes na mesma, os paseos, camiños, grutas, parques....co que é posible coñece-lo mundo vexetal do pazo abundante en: viñedos, frutais, eucaliptais e maizais, é decir, case todas especies de carácter productivo, non decorativo.
   Co desexo de cambio e as necesidades de converte-la casa rural en pazo solariego comenzan as transformacións do entorno, dunha finca rústica a unha mansión potenciando a presencia de plantas ornamentais que inciden no sentido lúdico da propiedade. O complexo constaría ó final dos arreglos cun xardín-presentación diante do pazo, o invernadeiro acristalado coas plantas exóticas, o inmenso parque, "Las Rías" e o resto da finca na que os camiños, os campos e os viñedos forman parte do conxunto que forma un todo harmonioso e especial.

Fontes de información: Pérez Moreira, R.; "Lourizán. Ciencia, arte e naturaleza". Xunta de Galicia, 2001 Fernández de Ana Magán, F.J, Álvarez Fernández, D.; "Lourizán. De pazo solariego a Centro de Investigaciones forestales". Pontevedra, 1994