Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE ARMENTEIRA

Ano de creación: Século XII-XIII

Autores: Petrus Froya-posible autor da igrexa

Ano de toma fotográfica: 2001

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
ASPECTOS HISTÓRICOS
    O Mosteiro de Armenteira foi declarado Monumento Nacional en xuño de 1931.
    Segundo Hipólito de Sa Bravo, o mosteiro de Armenteira é recordado, non só pola súa importancia histórica ou artística, senón por seres un motivo literario empregado polos poetas, novelistas e historiadores de Galicia. A fundación do mosteiro atrubúese a Don Ero, un nobre galego. Gracias as súas xestións, á cesión das súas terras e á petición de colaboración dos monxes cistercienses, erixiuse o mosteiro de Armenteira nas súas propiedades. O mosteiro estaba adicado a Santa María e rexido baixo a orde do Císter. En 1150 foi, o propio do Ero, nomeado primeiro abade do mosteiro de Armenteira. Co paso do tempo, incrementouse o número de monxes e as dotacións económicas iniciándose en 1168 as primeras obras que corresponden coa construcción da igrexa que sería rematada en 1212. Ó longo da súa historia o mosteiro foi ganando en propiedades, donacións e dereitos, pero o tempo, a mala xestión e os problemas da exclaustración e da desamortización conduciron ó mosteiro ata a súa ruina. O mosteiro que coñecemos na actualidade é o resultado dun proceso de reconstrucción iniciado en 1963 gracias ó esforzo da "Asociación de Amigos do Mosteiro de Armenteira" fundada por Carlos del Valle-Inclán.

IGREXA
    A igrexa é de planta de cruz latina con tres naves de tres compartimentos e o cruceiro, formado por unha nave de brazos cortos. A cabeceira componse de tres ábsidas semicirculares. A central está individualizada mediante a presencia de tres vans separados por estribos. A cuberta é de bóvedas de medio cañón sustentada por arcos lixeiramente apuntados. O cruceiro destaca pola súa cúpula poligonal con linterna sobre nervos e trompas cónicas apoiadas en dous arcos pareados normais nos frentes e outros diagonais que van de vértice a vértice do cadradiño central formado polos catro arcos pareados ó cruzarse. Segundo Antonio Palacios, a cúpula é moi especial é revela a presencia da tradición mozárabe en Galicia. A fachada principal é obra, segundo Rafael Tobío Cendón, de Petrus Froya que a levantou entre os séculos XII e XIII. Existen en Galicia só dúas igrexas máis da época que conservan a súa fachada primitiva -San Claudio y Meira-. Neste caso, a portada é moi interesante pola súa configuración abocinada con arquivoltas semicirculares sobre seis pares de columnas acodilladas con capiteis tallados. As arquivoltas reciben a mesma decoración distinguíndose tan só a arquivolta exterior, ornamentada cun festón de arcos de ferradura. O resto de arquivoltas decoradas con moldura axedrezada. Sobre a portada un tornachoivas sostido por canzorros e na zona superior o rosetón de estrelas. Para Antonio Palacios, os detalles do rosetón, do festón de arcos de ferradura e da linterna presentan elementos estilísticos similares ós atopados nas igrexas do Cristo da Luz de Toledo e de Vera Cruz de Segovia delatando unha forte impronta mozárabe aínda que, neste caso, estos rasgos sorprenden pola súa monumentalidade. O campanario, construído en 1778, sustitue a espadaña orixinal da igrexa. Está construido con sillares de granito cun cupulín de tambor octogonal sobre pilastras.

MOSTEIRO
    Do mosteiro consérvase o claustro procesional cuberto con bóvedas estreladas sustentadas mediante arcos de medio punto e capiteis floridos formando un rectángulo que pecha o patio interior que forma un xardín. O resto das despendencias son resultado do preceso de reconstrucción.

Fontes de información: De Sa Bravo, H.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 322