Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA

Ano de creación: Sobre 1185

Autores: Bernaldo

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL:
    A chegada da orde do Císter a Galicia sitúase en torno ó 1141 en Oseira aínda que Valle Pérez apunta a data de 1142 en Sobrado. A nova orde defendía a sinxeleza, fuxindo do decorativo e do supérfluo. Esto xera unha arquitectura determinada cunha enorme variedade de solucións, pero adaptada tamén a necesidades concretas que se caracterizan pola beleza que reside na proporción, na austeridade e na armonía.
    O Mosteiro de Santa María de Oia é un exemplo desta arquitectura xa que conserva íntegramente a planta primitiva. A súa fundación sitúase entre 1132-1137 e é o único mosteiro galego situado a beira do mar. No momento da súa fundación, o mosteiro é afecto a regra de San Bieito. O ano 1185 é o sinalado como de adhesión do mosteiro á orde do Císter. O seu especial emprazamento lles obrigou a manter unha situación de defensa, cunha batería de cañóns. Coa desamortización, os monxes venderon o mosteiro que pasou a mans particulares e a igrexa pasou a ser parroquial baixo a advocación de Santa María la Real de Oia.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
IGREXA
    A Iglesia é de planta de cruz latina de tres naves. Ó cruceiro ábrense como capelas rectangulares graduadas destacando a capela maior. No interior prima a austeridade decorativa que se traduce ó exterior do templo. As características estructurais o convirten nun espacio especial xa que a súa tipoloxía de planta é allea a tradición constructiva local remitindo a esquemas foráneos. Segundo Hipólito de Sa, a construcción do edificio dataría do 1185 e o seu arquitecto era francés e se chamaba Bernaldo.
    O remate das obras producíronse en torno a 1224-1238.

CABECEIRA
    As capelas da cabeceira gradúanse en planta e en alzado e van aumentando en altura dende os extremos ata a central. No testeiro, actualmente tapado co retábulo barroco, abríanse tres ventás con arco de medio punto sobre columnas e máis arriba un rosetón. As capelas laterais teñen ó fondo unha ventá e na parte interior repiten o esquema de arco sobre columnas con capiteis vexetais.

NAVES
    A igrexa consta de tres naves. A bóveda da nave central é de cañón apuntado ó igual que as naves laterais aínda que nestas, o eixe non é paralelo o da nave maior senón trasversal co que cada tramo ten unha bóveda independente formando pequenas capelas que comunican entre sí mediante arcos nos muros laterais.
    A iluminación das naves realízase a través de ventás abertas no arco central da capela maior. Existen ventás tamén no muro sur do cruceiro e no muro lateral dese lado.

EXTERIOR DO TEMPLO
    O exterior delata a organización interior e presentan a mesma contención ornamental. A fachada occidental e os primeiros tramos das naves laterais fixéronse de novo e no exterior da cabeceira obsénvanse algunhas modificacións. Os muros reiteran a austeridade imposta polo Císter. De tramo en tramo intercálanse contrafortes e ábrense ventás baixo arcos de medio punto.

FACHADA DO SÉCULO XVIII
    A fachada occidental actual do templo é unha obra que data de 1740. A fachada primitiva foi sustituida pola barroca aínda que a nova portada traduce exteriormente o interior do templo. Tendo esto en conta pódese pensar que a actual fachada continúa as liñas da portada primixenia.
    A alta torre do campanario é do século XIX.

Fontes de información: "Oia, Mosteiro". Gran Enciclopedia Galega. Obre-pañán. Tomo XXIII. Gijón, 1974, pág. 24 Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993 Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; "La arquitectura en Galicia en el siglo XVII". Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.