Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: PEDRAFITA DO CEBREIRO E IGREXA DE SANTA MARÍA

Ano de creación: Data da Igrexa: 836

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL:
    Na actualidade, O Cebreiro, é unha zona que desperta un gran interés en historiadores, etnólogos, geólogos... Esto é así porque esta zona de paso foi poboada dende a antigüedade e acolleu ás poblacións máis antigas de Galicia sendo a palloza unha testemuña viva desta realidade histórica.

PALLOZAS
    A palloza é un tipo de casa redonda que constituíu a vivienda típica dos habitantes do Cebreiro. A planta da palloza ven formada por dúas medias circunferencias, unha maior ca outra, unidas entre sí por medio de dous paramentos que soen ser de granito ou pizarra. A cuberta aséntase sobre os "pes de armar", columnas de castiñeiro que se sitúan no centro de cada un dos semicírculos que compoñen a palloza e que son fixadas ó chan xa que se enclavan nun burato oradado nunha lousa do piso. A cuberta é de palla e xeralmente, o único elemento aberto ó exterior é unha ou dúas portas.
    O conxunto de pallozas conservadas no Cebreiro está declarado "Conxunto monumental". O Museo Etnográfico do Cebreiro está situado nunha palloza e outra delas é un albergue de pelegríns.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
IGREXA DE SANTA MARÍA DO CEBREIRO
    Exemplo da influencia do prerrománico asturiano en Galicia , o templo e hospital de Santa María está moi vinculada ó camiño de peregrinación. Os datos deste edificio son incertos o se perder o seu arquivo durante a Guerra de Independencia. Sen embargo, segundo o padre Yepes, a fundación do hospital realizouse no 836 pasando en 1072 a depender dos monxes bieitos de San Xeraldo de Aurillac ós que continua unido ata a reforma dos Reis Católicos.Transformouse entón en priorato dependente de San Bieito de Valladolid permanecendo os seus monxes no Cebreiro ata 1858. A marcha destes monxes sumíu o hospital nunha ruina que sé se atallou coa restauración de 1962.
    A igrexa, de aparello de lousa, é un amplo edificio de tres naves rematadas en tres capelas rectangulares por dentro e por fóra. Excepto os piares que dividen as naves en tres tramos e sobre os que destansan arcos forneiros así como o pechamento occidental das naves laterais, o resto do edificio foi remodelado en diferentes ocasións. A pesares das súas reformas, a igrexa mantén a estructura base da súa planta na que se seguía a forma característica das igrexas asturianas do século IX. É problable que orixinariamente non tuvera as naves abovedadas.
    A fachada actual presenta un soportal de entrada cuberto con bóbeda de cañón e tellado a dúas augas e un alto campanario adosado ó edificio no lateral dereito presentando, nas súas catro caras, un van en arco de medio punto polo que se poden ver as campás.
    No interior da igrexa consérvase a talla dunha Virxe do Cebreiro do século XII así coma un crucifixo e un cáliz.

Fontes de información: Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993 "Pedrafita do Cebreiro". Gran Enciclopedia Galega. Gijón, 1974 Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia. V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995. Pombo, A. “Guía préctica do camiño francés”. Rotas Xacobeas. Madrid, 1997.