Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: CASCO URBANO HISTÓRICO DE BAIONA
Ano de creación:
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2004
Información:
BAIONA.
CASCO HISTÓRICO
Baiona é unha vila histórica asociada ó descubrimento de América.
A vila destaca polo seu patrimonio no que podemos mencionar entre outros o Baldaquino da Trinidade do século XV e a fortaleza de Monterreal.
COLEXIATA DE SANTA MARÍA
Templo gótico do século XIII a súa planta é basilical de tres naves con tres ábsidas rectangulares sendo maior a central. As ábsidas presentan unha cuberta de bóveda de canón. As naves locen arcos e cuberta de madeira.
É evidente a influencia formal da arquitectura cisterciense, sobre todo do mosteiro de Oia nas capelas rectangulares e o escalamento dos arcos da nave principal. A evidente sobriedade rómpese pola presencia dos capiteis vexetais, xeométricos e zoomorfos dos piares interiores.
Destaca o púlpito gótico de pedra calada e un retábulo barroco obra de Antón del Villar.
Na portada locen as arquivoltas apuntadas sobre columniñas acobadas e completa o conxunto o rosetón superior.
CAPELA DE SANTA LIBERATA
A igrexa é dunha sóa nave con bóveda de canón e cúpula sobre pendentes.
A portada principal organizase con porta adintelada coroada cun frontón partido no que se ubica a fornalla coa imaxe da titular desta igrexa.
A fiestra superior e o emblema heráldico completan o deseño deste monumento estructurado, neste caso, entre días torres de planta cadrada, cuberta cada unha delas por un cupulín rematado cun pináculo.
Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Pontevedra".VI. Vigo. 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. VV.AA.; "Galicia Arte. Colección Galicia". Tomos IX-XVI. Hércules. A Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.