Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASTRO DE VILADONGA

Ano de creación: Séculos III-V dC, fase Galaico-Romana (Segunda metade do século IdC). Excavado en 1972 por manuel Chamoso Lamas Excavado en 1982 por Felipe Arias Vilas

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A fase de apoxeo da Cultura castrexa é a de finais do século I a. d. C. ata a 1º metade do século I despois de Cristo. Coincide coa penetración romana na península. Tras a penetración, a cultura sufrirá unha transformación provocada pola reforma dos emperadores flavios que fan que a Cultura castrexa se converta en Cultura Galaico-romana.
    Na cultura Galaico-romana a arquitectura continúa igual que na fase de apoxeo, o mesmo tipo de planta nas vivendas, e os poboados rodeados de murallas e foxos que defenden o conxunto habitado máis estructurado dacordo cunha planificación que atende á organización do espacio.

CASTRO DE VILADONGA
    Descuberto en 1911 é o castro con maior valor didáctico dos conservados.
    Trátase dunha acrópolis circular de case 100 metros de exe rodeada dun sistema de murallas ou foxos. A muralla principal é, na actualidade, unha mole de terra de 12 a 14 m. que acolle no seu interior un murallón de laxes de pizarra. Á muralla segue un profundo foxo nun sistema alternante que na parte E. repítese ata tres veces mentras que na parte O. a maior inclinación do terreo provoca un antecastro e logo un terraplén que lle serve de defensa natural.
    Coas excavacións, puxéronse ó descuberto moitas vivendas e dependencias. As construccións son de enorme variedade en canto a súa forma e disposición, circulares, ovaladas, cuadrangulares con ángulos redondeados, combinacións mixtas... É de destacar unha gran cosntrucción alongada cunha posible función social ou a pavimentación con lousas de pedra, que aínda se conservan en algunhas vivendas.
    O resultado das excavacións indican que o castro tivo unha longa vida pero que o seu auxe chegou coa época tardorromana, no século III ó V d. C

Fontes de información: Vázquez Varela, J.M.; Rodríguez Colmenero, A.: "Arte Prehistórica e romana". Galicia Arte. Tomo IX. Hércules, Coruña, 1993 "Viladonga, castro de". Gran Enciclopedia Galega. Vea-Zurita. Tomo XXX. Gijón, 1974, pág. 67 García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; Enciclopedia temática de Galicia. V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; Historia del arte gallego. Madrid, 1982. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.