Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SERANTES, SANTO TOMÉ/SAN CLODIO

Ano de creación: Do século XII aproxi. Ámbolos dous edificios

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2004

Información: SANTO TOMÉ DE SERANTES
ASPECTOS ARTÍSTICOS
    O máis interesante deste templo románico é a fachada principal na que sobresáe o maxistral rosetón calado, perfecto tanto na súa labra coma no orixinal deseño e que revela o coidadoso traballo escultórico que singulariza todo o conxunto.
    Sobre a porta principal, o tímpano pasa a ser un novo elemento de interés sobre todo polas fermosas mochetas figuradas que representan a un touro e un lobo mordendo unha presa .
    O canzorros que rodean o a igrexa están tamén perfectamente tallados decantándose, neste caso, como programa iconográfico, pola figura humana, exposta gran cantidade de posturas grotescas e inverosímiles.

MOSTEIRO DE SAN CLODIO
    Monumento histórico artístico dende 1931.
    Orixinario de século VI, a documentación existente sobre o mesmo é dunha época moi posterior.
    No século XII o mosterio abandoa a orde bieita acolléndose ó císter co que foi acadando pouco a pouco poder e influencia.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
    A igrexa de San Clodio e unha das tres igrexas que en Galicia conservan a primitiva fachada cisterciense. As outras dúas son as de Armenteira e Meira.
    Precede á igrexa un amplo adro con escadas e balaústres barrocos. A sobria portada, do século XIII, presenta tres arquivoltas que enmarcan o vano de entrada e dan paso ó antigo rosetón, convertido na actualidade nunha fiestra rectangular, e que consegue singulariza-la fachada. Consérvanse tamén nos corpos laterais outros dous rosetóns, transformados en óculos sin tracería.
    O conxunto remata cunha torre cadrada dun só piso, coa parte superior reservada ó campanario.
    O interior é de planta basilical e concíbese en tres naves cunha cabeceira de tres ábsidas semicirculares. O edificio mantén tamén as antigas vigas románicas que sustentaron a primitiva cuberta do templo de madeira e a dúas augas. Como é habitual no estilo cisterciense, os arcos oxivais e as bóvedas de crucería conforman un interior recollido e apto para a oración. Os traballos dos capitais e o programa icnográfico enlazan coas construcción dos mosteiros de Melón e Oseira e suxiren a presencia de diferentes mestres , non sempre do císter máis estricto.
    Ten dous claustros, un renacentista e outro barroco.
    O claustro renacentista é similar ó do Mosteito de Montederramo. O piso baixo conta con arcos de medio punto volteados e apoiados en columnas que no piso segundo transformánse en dinteles sobre zapatas. No centro do claustro sitúase unha fonte ochavada de catro caños.
    O claustro procesional, barroco do século XVII, é obra de Pedro de la Sierra. De planta cadrada, estructúrase en dóus pisos, o inferior, con arcos de medio punto e bóveda con crucería de estrela. O piso superior amosa similares arcos de medio punto que encadran fiestras e sobre estas un óculo.
    A fachada do mosteiro é moi sinxela e preséntase decorada con tres escudos

Fontes de información: Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte. Ourense". V. Vigo 1999 "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.