Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SANTA MARÍA DE MELIDE, SAN PEDRO DE MELIDE
Ano de creación: Santa María do século XII, San Pedro do século XII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
1. SANTA MARÍA DE MELIDE
A igrexa de Santa María data da segunda metade do século XII. Presenta unha soa nave rectangular con ábsida circular de tramo recto e bóveda de cañón e de cascarón.
Destaca o arco de triunfo interior de medio punto doblado e algo apuntado apoiado en un par de columnas. Os capiteis son historiados e basas áticas con garras e decoración nos plintos.O capitel da dereita e Daniel no foso dos leóns e o da esqueda é vexetal.
A iluminación da ábsida realízase mediante un vano en derrame interior situado no centro do hemiciclo. Está decorada con pinturas murais do século XV. Na bóveda de forno e sobre un campo blanco e estrelado, aparece representado a divinidade, Deus Pai coa coroa imperial e sentado no trono sostén a Xesús crucificado. A composición é a modo de Pantocrator rodeado do Tetramorfos. Debaixo, unha franxa de cubos en perspectiva. Na zona inferior dispóñense unha serie de fornallas que acollen as imaxes dos apóstolos e, finalmente, na zoa inferior unha banda de cadrados.
Na nave destacan as dúas saeteiras en derrame interior e unha porta cunha reixería de ferro que data do século XIII.
>Exterior
O exterior da ábsida está dividida en tres tramos por dúas columnas con capiteis de flores. No tramo central ábrese unha fiestra de medio punto sobre un par de columnas exentas de capiteis florais, basas áticas e unha chambrana de billetes. O alero apoiase en canzorros con decoración animal e vexetal.
>Portada Principal
A portada flanqueada por tres pares de columnas presenta un tímpano liso. As columnas exteriores son entregas e as interiores exentas, os capiteis con decoración vexetal e animal e, sobre eles, apoianse as tres arquivoltas, dúas de baquetóns e unha de casetóns con debuxos xeométricos nas dovelas.
>Portada Sur
A portada sur con tímpano liso ábrese entre contrafortes pouco saíntes baixo un texaroz con dous pequenos canzorros historiados, arquivoltas de baquetón, arquitos e billetes apoiados en dous pares de columnas exentas de basas áticas e tres capiteis vexetais e un historiado con animais. A ámbolos dous lados, dúas fornallas con arcos apuntados e sarcófagos sen figura.
2. SAN PEDRO DE MELIDE
Coñecida tamén como San Roque, á entrada do pobo. Deste edificio só se conserva a portada románica con arquivoltas pero sendo destacable o cruceiro considerado un dos máis antigos de Galicia.
CRUCEIRO
O cruceiro representa a imaxe do Cristo en Maxestade sedente e amosando as súas mans con feridas e no lado posterior, a representación da Déesis.
Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. "Melide". Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XX. Gijón, 1974. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991.