Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MONFERO
Ano de creación: 1620-1656
Autores: Simón de Monasterio
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
DESCRIPCIÓN XERAL
ASPECTOS HISTÓRICOS
O mosteiro cisterciense de Santa María de Monfero está situado entre os vales do río Eume e Lambre e foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1941.
En 1970 iniciouse o proceso de restauración da igrexa e en 1993 o claustro Procesional apuntalando con columnas de madeira as bóvedas.
Rodeado de terreos abruptos, esta zoa convírtese nun espacio ideal para a ubicación dun mosteiro.
Un primitivo cenobio deu orixe ó mosteiro bieito existente xa cando no século X San Rosendo fundou o mosteiro de Caaveiro. Existen poucos datos desta primeira comunidade de donde era abade Pedro no ano 934. Bermudo, rei de Galicia lle otorgou o privilexio dun coto en propiedade que circundaba o lugar no que estaba situado o cenobio. Este primitivo lugar de oración foi destruido polos normandos.
Na primeira metade do século XII o conde don Pedro Osorio e don Alonso Bernúdez decidiron restaura-la antiga vida eremítica para o que consultaron co rei Alfonso VII. O mosteiro foi recuperado tal e como desexaban os dous cabaleiros para o que contaron cos bens dos señores Froila e Suero Bermúdez confiscados polo rei como castigo polo asasinato do mordomo de Dona Urraca. A estes bens súmanse as posesións de don Pedro Osorio e don Alonso Bernúdez. A data de restauración é de 1124 aínda que a vida monacal tardou algún tempo en recuperarse.
Os propios don Pedro Osorio e don Alonso Bernúdez acolléronse á vida monacal e o resto dos monxes chegaron de Santa Marina de Valverde, no Bierzo.
A nova fundación foi confirmada por Alfonso VII mediante un documento dado en Palencia en 1135 onde se definen as propiedades do mosteiro e o exime de todo tipo de foro rexio, de pagar portazgo e lles permite viaxar en paz por tódolo seu reino.
O mosteiro pasaría da orde bieita á orde do císter gracias a mediación dos monxes cistercienses do Sobrado onde estaba o abade Don Pedro, discípulo de San Bernardo. O paso de Monfero ó císter sitúase en torno ó 1147 aínda que outros autores dan a data de 1201. O ingreso baixo esta nova orde supuxo cambios na vida monástica xa que se comezou a erixir unha nova igrexa adicada a Santa María segundo o costume da orde que sustituíu ó antiguo oratorio baixo a advocación de San Marcos que edificaran no coto monasterial. A igrexa románica de Santa María que estaba rematada en 1152 sería posteriormente derrubada no século XVIII.
En Monfero o desorde, o desgoberno e os abusos impuxéronse a finais da Idade Media como foi moi habitual nese momento de ahí a necesidade da reforma xeral das ordes no século XV mediante o ingreso das abadías en Congregacións Reformadas baixo o mandato xeral dun abade que tiña limitado ó cargo a un determinado número de anos. Monfero ingresou na Congrecación de Castela en 1506 co que se iniciou unha vida de total renovación.
Coa exclaustración a soedade aduéñase de Monfero e comenza o proceso de deterioro e de abandono a pesares de algúns intentos illados de recupera-la vida monástica.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
IGREXA
A actual igrexa sustituíu á románica, derrubada en 1620-1623, e foi inaugurada en 1656 sendo abade Frai Nicolás García. Da antiga igrexa só se conserva unha parte do muro meridional que soporta as bóvedas do tramo corto do claustro reglar cunha porta tapiada de arco apuntado sobre mochetas sinxelas e xambas en arista viva.
A nova igrexa, obra de Simón de Monasterio, é un edificio de planta de cruz latina moi ben proporcionado, dunha soa nave de catro tramos, con cruceiro e unha capela na cabeceira. A cuberta das naves e mediante bóvedas de medio cañon sin lunetos ornamentadas con casetóns e puntas de diamante. O cornisamento articúlase a base de molduras, dentículos, frisos de triglifos e metopas e un sinxelo arquitrabe que descansa sobre pilastras adosadas ós muros.
No cruceiro, a cúpula octogonal sobre pechinas con fiestras laterais apoiadas en bandas escalonadas que descansan nos arcos torais da intersección das bóvedas. Nas pechinas, casetóns nervados e unhas repisas nas que había imaxes de santos da Orde Cisterciense.
Na nave do cruceiro, no brazo norte, está ubicada a Capela da Virxe de Cela e outras detrás do altar maior con bóveda de cañón decorada con casetóns con debuxos de cruces, rostros e emblemas militares.
FACHADA
A morte do arquitecto en 1624 deu paso a unha sucesión de mestres co que a igrexa foi rematada en 1656 cando quedaba por facer o seu coronamento con dúas torres rematadas en pináculos, balaustrada e unha peineta. Dese coronamento só queda os dous corpos do lado dereito.
A fachada teatral destaca pola súa decoración a base da combinación de pizarra e granito. Está articulada mediante grandes pilastras estriadas nos extremos para enmarca-lo conxunto dividido en tres rúas separadas por columnas xigantes adosadas ó muro. O conxunto está coroado por un friso superior.
Na rúa central, a porta de entrada en arco semicircular decorada con frontón triangular partido para acolle-la fiestra rectangular superior decorada tamén con frontón triangular. Sobre esta segunda fiestra unha terceira igualmente rectangular. Nas rúas laterais, fornallas con santos e sobre elas, fiestras similares ás da rúa central. Os muros son interesantísimos por esa alternancia de pizarra e granito que crea ese xogo de damero e unha impresión cromática que individualiza e anima a fachada do mosteiro.
CLAUSTROS
Das zonas residenciais do mosteiro, pouco queda habitable, só se conservan dous lenzos do lado Sur do claustro da Portería ou Hospedería. O claustro Procesional está máis completo con dous corpos superpostos, o inferior con fiestras rectagulares e o superior con óculos. Todo separado por pilares con pináculos e vintecatro tramos de bóvedas de crucería, con nervos que dibuxan flores de catro pétalos, claves ornamentadas e ménsulas. Neste claustro actuou Juan de Herrera, morto en 1573 co que non pudo remata-las obras.
Fontes de información: "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Bango Torviso, I.; "Galicia románica". Vigo, 1987. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 151-157. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Yzquierdo Perrín, R., Manso Porto, C.;"Arte Medieval II". Galicia Arte. Tomo XI. Hércules, Coruña, 1993