Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASTRO DE A GUARDA

Ano de creación: Dende o século IV á romanización aproximadamente

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2003

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    O poboado galaico-romano de Santa Tegra foi descuberto casualmente en 1913 con motivo da apertura dunha pista forestal. Está declarado Monumento Histórico Artístico dende 1931 e é o castro galego máis completo e importante de Galicia.
    Trátase dunha citania moi interesante de características similares á de Briterios, en Braga, Portugal. Toda a zona do monte Tegra está considerada coma unha zona potencial de hachados arqueolóxicos.
    Ademáis dos restos de vivendas, coñecidas dende 1913, recolléronse tamén materiais diversos como pezas labradas, moedas, cerámica...que se conservan no Museo Arqueolóxico.

EXCAVACIÓNS
    Son catro as áreas excavadas:
1. Poboado de Calvo
2. Poboado de Mergelina
3. Zona Porta Sur
4. Casa Forestal

    Estas zonas foron excavadas en diferentes campañas.
    As primeiras campañas datan de 1914 a 1923. Ignacio Calvo realizou o primeiro contacto, inspección e control oficial do xacemento en 1914.
    De 1928 a 1933 realizouse outra campaña de excavacións ó cargo de D. Cayetano Mergelina. Estas leváronse a cabo por encargo e conta da Xunta Superior de Excavacións.
    En 1951 Filgueira Valverde, comisario Provinvial de Excavacións de Pontevedra reauna as excavacións.
    Dende 1952 a 1972 realizáronse outras campañas baixo o asesoramento de Manuel Fernández Rodríguez.

CARACTERÍSTICAS DO POBOADO
    O poboado castrexo estaba circundado por unha muralla. A muralla, de gran espesor, estaba flanqueada por dúas portas principais: a do Norte -á que se chega mediante unha ampla escada de pedra- e a do Sur -que se alcanza por unha rampa enlosada que ten un carácter máis defensivo-. Este asentamento estaba sitiado no borde na vía militar romana, "Per loca marítima". A citania divídese en grupos de vivendas limitados por muros , rúas enlosadas que se distribúen segundo demanda a configuración do terreo. Dentro de cadra grupo, pódese ver un número variado de nucleos de habitación: casa, almacén, depósitos.
    Non é posible determina-lo número de construccións que había en Santa Tegra. Os seus poboadores vivían da caza e da pesca e poden considerarse como as primeiras poboacións autóctonas. Estas xentes, dende época castrexa ocupábanse na gandeiría, agricultura e comercio.
    O abandono deste emplazamento foi pacífico o que provocou que levaran ós seus útiles para un novo emplazamento e esto confirmaría a pobreza de pezas de valor atopadas.

A CASA CASTREXA
    O poboado prerromano estaba constituido por conxuntos de construccións ou barrios. Cada un destos acollería a unha célula ou nucleo familiar. Alí estaba o fogar, o almacén, cuadras... Só unha destas construcción sería a vivenda-fogar con un ou dous fogóns, con forno, muíño e bancos corridos. Solían ter os muros enlucidos e o piso era terra pisada, enlousado ou arcilla. O fogon ocupaba o centro e pénsase que na vivenda podían estar colocadas repisas, colgadores, mobles funcionais que servían para facilita-la vida cotiá e moitas destas casas tiñan canais de desagüe. A esvástica, sen embargo, era un motivo ornamental moi común, cun sentido místico e é moi abundante en Santa Tegra.
    As plantas das casas podían ser circulares, elípticas, ovais ou cadradas. A casa estaba cuberta con teito cónico de materiais vexetais como palla, ramas... que se entrelazaban e cubrían de barro para impermeabilizalas.
    Estas construccións eríxense independientemente, sin muro medianeiro. Os teitos suxeitábanse mediante un pé fincado no centro ou empregando un sistema de texoiras.
    Testemuñas deste tipo de vivendas todavía podemos rastrealos nos Ancares e en O Cebreiro.

Fontes de información: Martínez Tamuxe, X.; "Citania y Museo Arqueológico de Santa Tecla". Servicio de Publicaciones da Xunta, 1993. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.