Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO LUGO

Ano de creación:

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2003

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    Centro é unha cidade monumental destacando o seu centro. O casco amurallado foi declarado conxunto histórico en 1973 e posue edificios de enorme interese.

MURALLA
    Este conxunto defensivo constrúese no século III seguindo as directrices de Marco Vitrubio no seu tratado "De Arquitectura" para protexe-la cidade contra as invasións xermánicas. O material é lousa e nas portas, sillares de granito e orixinalmente eran catro: San Pedro ou Toledana, Rúa Nova, Santiago e Porta do Carme ou Miña. O resto das portas fóronse ampliando co tempo por necesiaddes urbanísticas.
    A muralla de Lugo que rodea á cidade ten 2.200 metros de perímetro. Ademáis do admirable da súa construcción, a muralla permite pasear pola parte superior da mesma, pola ronda permitindo coñece-la cidade de Lugo. Son varias as escadas que ó longo do perímetro, permiter subirse á muralla. Os muros compóñense de lenzos de cinco metros de ancho e unha altura de entre dez e quince metros. Destacan os 72 cubos cilíndricos e bo estado. Sobre cada cubo érguese un torreón de dous ou tres andares e catro ventás en cada un deles pero só se conserva parte dun na zona da Mosquera.
    Foron declaradas Monumento nacional en 1921 e na actualidade son Patrimonio da Humanidade.

CATEDRAL
    A catedral está emplazada na antiga plaza de Santa María e as obras comezaron no século XII no solar da antiga basílica prerrománica, concretamente durante o obispado de don Pedro III en 1129 baixo a dirección de Raimundo de Monforte.
    A basilíca presenta unha amalgama de estilos como consecuencia dos engadidos e reconstruccións podendo adiviña-lo estilo románico, barroco, neoclásico... A catedral ten o privilexio da contínua Exposición do Santísimo no Alta Maior descoñécendose a data deste privilexio pero sí se sabe que xa no século XII gozaba do mesmo.
    A planta é de cruz latina, con tres naves no brazo maior, cruceiro e cabeceira de tres ábsidas que serían demolidas dous séculos máis tarde.
    O estilo oxival é o más destacable do interior e foise adaptando durante a construcción das tribunas, situadas sobre as naves laterais e abertas a maior mediante arcos apuntados. As bóvedas románicas de cañón quedan limitadas ó espacio do cruceiro e contrastan co deambulatorio, xa gótico que presenta un abovedamento de crucería e está iluminado por altos ventanais. Este deambulatorio do século XIV con capelas radiais que rodea ó Altar Maior representa o exemplo de gótico galego con influencias da catedral de Burgos.
    Durante o renacemento e o barroco a catedral vivirá unha época de esplendor. De datas barrocas será a sillería coral obra de Francisco de Moure no século XVII en madeira de nogal sin policromar. A sacristía é tamén data do século XVII, obra de Domingo Andrade que a deseñou co desexo de ornala con riqueza, poñendo nela todo o seu estilo decorativo con sartas de froitas labrados en granito.

    >Capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes
Unha das construccións máis importantes da catedral é a Capela da Virxe dos Ollos Grandes, obra de Fernando de Casas do século XVIII. A este autor tamén se lle debe o claustro, que é unha obra de xuventude mentras que a capela é unha obra mestra do barroco, unha creación madura que representa, coa unión e o apoio do camarín que é obra de Miguel de Romay, a maior exaltación da virxe en Galicia.
Fernando de Casas recibirá en 1725 o encargo. A obra está inspirada nun libro de Serlio e esto xustifica a súa planta de cruz grega con altas pilastras que sosteñen a cúpula rematada en linterna pola que se recibe a luz. A capela, según Bonet Correa é unha maravilla nun templo-camarín autónomo con respecto á catedral. O retábulo é un deseño do autor que se inspira nunha coñecida fonte: O libro de Fernando de la Torre Farfán.

    >Portada Norte
É unha portada románica e considérase moi importante por ser a entrada de pelegríns na súa chegada a Lugo. A portada está protexida por un porche do século XVI e amosa escultura de enorme valor como o Cristo en Maxestad na mandorla do tímpano e a Sagrada Cena tallada no capitel pinxante.

    >Portada Principal
A fachada occidental é neoclásica, do século XVIII, obra de Xulián Sánchez Bort e está inspirada en modelos romanos.

PALACIO EPISCOPAL
    É un edificio barroco construido sobre a antiga torre de dos Condes de Lemos, hai que destaca-lo seu emplazamento elevado enfrente á catedral, xerando con esta un equilibrado conxunto arquitectónico.
    Ten o aspecto tradicional dos pazos barrocos urbanos. Sobre aporta loce un grandioso escudo do bispo Gil Taboada que ordeou a constricción do edificio en 1743. O frontón que sobresae por riba do tellado na parte central é un resto da primitiva edificación e ós lados da porta da balconada están os escudos de Lemos e Osorio e sobre eles ó dos Reis Católicos.

MUSEO PROVINCIAL
    Está ubicado na antiga igrexa de San Francisco. Foi creado o 19 de novembro de 1932 con patrocinio da deputación de Lugo. O convento foi adquirido para museo e restaurado por Manuel Gómez Morán en 1957 ampliando as súas instalacións. Do convento consérvase o claustro, a cociña e o comedor adornado cunha boa colección de imaxinería popular.
    A igrexa de San Pedro, antes de San Francisco, foi declarada Monumento Histórico Artístico en 1831. A súa fachada está en parte tapada polo convento. A igrexa data do século XIII en estilo gótico propio das ordes mendicantes e foi rematado no século XV sendo o seu mecenas o conde de Trastámara. Tamén conserva o claustro construido en 1452.
    O templo é de cruz latina dunha soa nave moi estreita cuberta con artesonado de traza mudexar e cabeceira de tres ábsidas poligonais cubertas con bóvedas de crucería.
    A portada oxival ten dous pares de columnas con sinxelos capiteis e arquivoltas en dente de serra. Sobre a porta ábrese unha enorme fiestra apuntada do mesmo estilo ca das ábsidas. As ábsidas presentan tres fiestras apuntadas separadas por parteluces e coroadas por tres arcos apuntados e lobulados que acollen os tres óculos do tímpano. A alta torre, obra do século XVI, está realizada en cachotería de laxes cos esquinais de granito e balconciños na parte superior. O conxunto coróase cun pináculo.

CONCELLO
    Edificio barroca obra do mestre Ferro Caaveiro. Está situado na Plaza Maior de Lugo onde tamén se localiza o edificio modernista do Círculo das Artes construido en 1855.
    O Concello é un edificio trazado en 1738. O seu deseño é horizontal flanqueado por torres cos escudos da cidade nos extremos. O corpo inferior estructúrase en arcadas e o superior con fiestras abertas ós balcóns. Sobre a portada central aparece unha peineta de remate semicircular presidida por un escudo dos reis de España e o cornisamento está decorado con pináculos con volutas. A torre do reloxio é máis tardía, de 1871.

PRAZA DO CAMPO
    Situada no corazón de Lugo onde se pode disfrutar da sobriedade e beleza da arquitectura tradicional. Conserva o seu aspecto medieval e ten forma triangular. Algunhas das columnas do pórtico proceden do foro romano que estivo neste mesmo lugar. Foi praza de mercado de productos do campo dende o século XVI ó XVII e do pan ata o XIX. O bispo Izquierdo e Tabía dispuso a construcción da fonte barroca en 1754. Esta fonte está coroada por unha imaxe de San Vicente Ferrer.

Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Vázquez, Vázquez, E.; Laredo Verdejo, X.L.; "Paseando por Lugo". Vigo, 1997 VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982.