Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: SARRIA, SANTIAGO DE BARBADELO E CONVENTO DA MAGDALENA
Ano de creación: Igrexa do século XII Convento do século XII-XVI
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
1. SANTIAGO DE BARBADELO
DESCRIPCIÓN XERAL
A igrexa foi declarada Monumento Artístico dende 1980.
A igrexa de Barbadelo pertenceu a un antigo mosteiro dependente de Samos. O mosteiro estivo sempre ben dotado de bens, libros, roupa e permaneceu como priorato de Samos ata 1835, data da exclaustración.O edificio está mencionado no Codex Calixtinus entre os nomes das vilas do camiño de Santiago. O mosteiro contou tamén cun hospital de pelegríns que na actualidade considerase que é o edificio, que todavía se conserva case en perfecto estado, anexo á igrexa.
As datas do edificio non son anteriores a 1180, a torre, sen embargo, e máis tardía o que xustifica os arcos apuntados.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
INTERIOR IGREXA
A igrexa perdeu a cabeceira orixinal e o arco de triunfo que a comunicaba coa nave. O elemento máis importante do edificio e a torre que se erixe no seu lado noroeste. No exterior, a torre sobresae en altura destacando no conxunto xeral da igrexa.
A torre é de planta cadrada apoiándose nos extremos en columnas pegadas ós muros así coma nun piar tamén decorado con columnas. As columnas con capiteis sustentan os arcos de medio punto que soportan os muros da torre. Os capiteis dos arcos están traballados con decoración vexetal de follas estilizadas, só un dos capiteis presenta decoración zoomórfica con leóns. Os cimacios dos capiteis son sogueados.
Os muros da torre son lisos aínda que rematados con ménsulas na parte alta para apoia-la cuberta de madeira da nave. O interior da torre tiña unha escaleira de madeira.
É mencionable a pía bautismal decorada con escamas imbricadas. É unha peza pouco frecuente no románico galego.
PORTA NORTE
A porta norte, no interior do edificio, está formada por un arco de medio punto perfilado por un segundo arco de arista sogueada e rosca con cigzag. No exterior esta portada mantén a mesma decoración que no interior. O arco aséntase sobre columnas de capiteis zoomórficos. A iconografía que presenta é inusual e con significado difícil de precisar pero que está relacionado co bestiario medieval. As fiestras dos paramentos superiores deste mesmo muro norte repiten a variedade ornamental do interior e a mesma organización arquitectónica.
PORTA SUR
Esta tapiada aínda que perfila o arco cun semicírculo xadrezado.O muro sur foi remodelado e está reforzado por varios contrafortes prismáticos e desapareceron as xanelas superiores.
PORTADA PRINCIPAL
O arco da portada principal está decorada polo interior mediante cigzag e bolas. O tímpano decorase con rosetas no lintel e sobre estas, unha cruz de brazos iguais acompañada de pequenas flores.
Polo exterior a porta está lixeiramente avanzadacon respecto ó resto. A portada consta de dobre arquivolta semicircular de sección rectangular. A primeira está cinguida por un bisel con bolas, a segunda por billetes en dameiro. As arquivoltas cargan nun par de columnas acobadas nas que sobresaen os capiteis figurados que están moi erosionados.Destaca o capitel dereito do arco maior no que pode verse a unha figura atada a unha columnas e azoutado por outras dúas figuras que é sen dúbida a representación de Cristo atado á columna, tema excepcional no románico. As xambas decóranse con aresta bocelada cunha especie de rombos que perfilan os ángulos nos que se apoia o tímpano. O perpiaño central do tímpano represéntase a unha personaxe vestida con túnica que separa os brazos en sinal de oración. O seu lado dúas pequenas rosetas.
Esta igrexa é de importancia especial polo variado e abundante da súa ornamentación destacando o rico bestiario e as representacións da paixón aínda que o que lle da valor singular é a torre.
2. CONVENTO DA MAGDALENA
DESCRIPCIÓN XERAL
Punto de destino de moitos dos pelegríns do camiño de Santiago era o convento da Magdalena do que, aínda que sin ter unha data precisa da fundación do mesmo, si se ten datos da súa existencia no século XII. Don Pedro de Castela, conde de Trastámara, doou o convento da Magdalena ó casal de la Veiga de Arriba e ós lugares de Celeiro e Mañán a cambio de que lle dixeran unha misa no mosteiro. O convento tivo moita importancia no camiño de Santiago como lugar de posada e descanso xa que se ofrecíase cama e asistencia médica. Estivo rexentado polos padres agustinos ata a desamortización no século XIX pero na actualidade, dende 1896, son os padres mercedarios os que o dirixen.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
O mosteiro fundado por dous romeiros italianos da congregación agostiña da Penitencia dos Mártires de Cristo no século XII, foi ocupado, como sabemos tra-la desamortización en 1895, polos pais mercedarios.
Varios estilos artísticos poden observarse no edificio e a igrexa pertence a un estilo de transición, do gótico oxival ó Renacentista, dos século XIII ó XVI. O tímpano gótico da Magdalena é do século XIII, a igrexa isabelina, a portada plateresca e os claustros tardogóticos do século XVI. Destacan algúns sepulcros gótico floridos no interior xa que a igrexa é un panteón nobiliario con sartegos como o de Don Nuno Ávarez Guitián.
Fontes de información: Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993.. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. Villarabid, V.; "Sarria y e camino francés". León, 1984.Yzquierdo Perrín, R., "Arte Medieval I". Galicia Arte. Tomo X. Hércules, Coruña, 1993