Logo Gallaecia Interactiva

Cargando as fotografías...

Nome do elemento patrimonial: CASCO HISTÓRICO URBANO PONTEVEDRA

Ano de creación:

Autores:

Ano de toma fotográfica: 2002

Información: DESCRIPCIÓN XERAL
    A cidade de Pontevedra, polas súa configuración e dimensións convírtese nun lugar privilexiado para o desfrute da arte, dos monumentos, da arquitectura tradicional e da paisaxe.
    Salpicada dun gran número de pequenas plazas e de edificios históricos, as fotografías tentan recoller a esencia destes espacios que configuran un amplo catálogo dos distintos estilos e movementos artísticos galegos.

ASPECTOS ARTÍSTICOS
A BASÍLICA DE NOSA SEÑORA DA PEREGRINA
    Construcción de finais do século XVIII o seu estilo presenta una mixtura entre o barroco e o Neoclásico de influencia portuguesa sendo un expoñente dos dous estilos. Foi construida segundo trazas de Antonio de Souto coa colaboración de Bernardo José de Mier. A planta é o máis interesante, con forma circular inspirada nunha cuncha de vieira na que se inscribe unha cruz. É un edificio cunha clara relación coa peregrinación a Santiago. Destaca tamén o retábulo maior deseñado por Melchor de Prado en 1789. A fachada acolle a imaxe da Peregrina, patrona de Pontevedra. Na portada é onde máis se evidencia a mixtura de formas Neoclásicas con elementos do barroco galego.

BASÍLICA DE SANTA MARÍA
    Mandada construir polo gremio dos mareantes no século XVI, o actual edificio eríxese sobre unha antiga capela románica. Presenta unha planta de tipo basilical con capelas laterais. O autor das trazas, Diego Gil, contou con dous colaboradores, Juan de los Cuetos e Jacome García.
    A espectacularidade do edificio descansa na portada renacentista considerada coma unha das xoias do plateresco. A portada foi realizada por Cornelis de Holanda en 1541 e compartíu autoría con Juan Noble. Concebida coma un gran retablo, consta de dous corpos laterais avanzados e un corpo central no que se presenta a "Dormición da Virxe". Sobre a escea da dormición, un rosetón a modo de sagrario. A decoración é abundante con saturación de elementos simbólicos e imáxenes coma os evaxelistas, os patronos dos gremios, os doctores da igrexa... As cresterías caladas presentan unha eleboración coidada e detallada sendo importante sinalar a presencia de Mateo López realizando traballos no coro e na torre.

RUÍNAS DE SANTO DOMINGO
    Declaradas Monumento Nacional.
    Aínda que na actualidade só se conserven unhas ruínas, a través do convento de San Francisco de Santiago pódese descubri-lo tipo de estructura que seguían as igrexas franciscanas e dominicas. Soen presentar unha planta de cruz latina de nave única con cuberta de madeira. A capela maior con bóveda de crucería e flanqueada, no caso de Santo Domingo, por cinco capelas. Os contrafortes non teñen demasiada importancia. Son característicos os grandes ventanais verticais con tracerías para que penetre a luz ó igual cos rosetóns do testeiro. As ruínas de Santo Domingo son a testemuña dun templo de dominicos que chegaron a Pontevedra a finais do século XII e comezaron a construcción da igrexa cara o 1304. Só se conserva a excepcional cabeceira gótica con cinco capelas absidiais parte do transepto e as arcadas da Sala Capitular.

PRAZA DA FERRERÍA
    O nome da plaza ven das forxas ubicadas nos baixos dos soportais de pedra. O último tramo da praza recibe o nome de Soportales da Ferrería. Son varios os edificios interesantes abertos á plaza coma o edificio do Reixidor.

CONVENTO DE SAN FRANCISCO
    Monumento Nacional.
    De estilo é gótico oxival, o templo data dos séculos XIV e XV aínda que a portada, o acceso a primeira capela e o corpo do templo son do século XIII. A ábsida foi realizada durante o século XIV recibindo posteriores engadidos. Presenta planta de cruz latina con capela maior. A linterna é cuadrangular e as naves reciben unha cuberta de madeira. Destacan os sartegos que garda no interior, á entrada dos presbiterio sendo o máis importante o de Pai Gómez Chariño.
    O edifico anexo é a actual sede da Delegación de Hacienda e foi construido en 1880.

XARDÍNS DO CONVENTO
    No centro dos xardíns sitúase a fonte da Ferrería obra de Domingo Fernández e Xoán Lópes, do século XVI.

SAN BARTOLOMÉ
    O edificio, levantado entre 1696 e 1714, é un exemplo do primeiro barroco en Galicia que reflexa perfectamente a influencia do Barroco italiano. As trazas serían traídas de Roma polos xesuitas e participaría na realización Sebastián Monteagudo. A igrexa foi capela do Colexio dos xesuitas.

PLAZA DA LEÑA
    Pontevedra conserva un gran número de plazas tradicionais coma a Plaza da Leña, nome que lle ven da venda que nela se realizaba da leña para as cociñas. Destacan na plaza varias construccións de interese, ademáis de casas de soportais, como a Casa de Fernández López, o edificio Castro de Monteagudo e o pazo de García Flórez.

MUSEO PROVINCIAL
    Inaugurado no ano 1965 aproveitando as instalacións dos edificios Casa de Fernández López, o edificio Castro de Monteagudo e o pazo de García Flórez.

CASA CONSISTORIAL
    Foi construída no ano 1890 e pode considerarse de estilo ecléctico.

Fontes de información: "Pontevedra". Gran Enciclopedia Galega. Pintu-puer. Tomo XXV. Gijón, 1974, pág. 123 Bango Torviso, I.; Galicia románica. Vigo, 1987. Bonet Correa, A.; "La arquitectura en Galicia en el siglo XVII". Madrid, 1966. Caamaño Martínez, J.; "Contribución al estudio del gótico en Galicia". Valladolid, 1962. García Iglesias, J.M., López Vázquez, J.M., Valle Pérez, J.C.; "Enciclopedia temática de Galicia". V, Arte. Barcelona, 1990. VV.AA.; "Historia del arte gallego". Madrid, 1982. VV.AA.; "Catálogo Galicia Terra Única 1900-1990". Ferrol, Santiago, 1997. VV.AA.; "Catálogo Galicia no Tempo". Santiago, 1991. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Torres Luna, M.P.; “Los caminos de Santiago y la geografía de Galicia”. Coruña, 1995. Confalonieri, J.B.; “El camino Portugués”. Vigo, 1988