Cargando as fotografías...
Nome do elemento patrimonial: MUXÍA, SAN XIÁN DE MORAIME/SANTUARIO VIRXE DA BARCA
Ano de creación: Igrexa de mediados do século XII Santuario do século XVIII
Autores:
Ano de toma fotográfica: 2003
Información:
1. SAN XIÁN DE MORAIME
DESCRIPCIÓN XERAL
O mosteiro de San Xián foi un dos monasterios que no século XVI pasaron a anexionarse a San Martiño Pinario pasando de mosteiro independiente a priorato anexionado, carácter que conservou ata a exclaustración en 1835.
A primeira proba documental da existencia do mosteiro é do século XI cando Froila Ruiz fixo unha doazón o mosteiro sendo abade o monxe Estrarico.
En 1105 o mosteiro foi destruído polos normandos e, anos máis tarde, sofre unha segunda incursión pola costa realizada polos almorávides. Como consecuencia destas "razzias", a primitiva igrexa foi destruida e no mesmo emplazamento erixíuse a igrexa actual contando coa proteccción do rei Alfonso VII. A situación do mosteiro, sito a beira do mar, propiciou a incursión dos piratas nos século XVII e XVII que o saquearon varias veces.
A exclaustración obrigou ós monxes a abandoa-lo mosteiro e a igrexa de Moraime.
ASPECTOS ARTÍSTICOS
A igrexa monasterial permanece na actualidade desempeñando labores de igrexa parroquial. De mediados do século XII, a igrexa reflicte as ensinanzas dos mestres da escola compostelá, tanto na súa portada coma na estructura dos seus contrafortes. Esta influencia santiaguesa na comarca é evidente tendo en conta a vinculación coas terras do señorío civil ou eclesiástico da mitra compostelá.
A traza basilical é a divulgada polos monxes cluniecenses e que adoptaron moitos dos mosteiros galegos.
INTERIOR IGREXA
A igrexa presenta unha planta basilical con tres naves de cinco tramos e cabeceira de tres ábsidas cubertas con bóvedas de cascarón e comunicadas coa nave mediante arcos de medio punto que parten de semicolumnas adosadas.
Orixinariamente, as tres ábsidas eran semicirculares. Na actualidade só as laterais conservan a súa forma primitiva e a central é rectangular, como consecuencia das reformas feitas na capela do presbiterio.
As naves están separadas por piares de sección rectangular con columnas adosadas nas caras. As columnas serven de apoio ós arcos forneiros da nave maior e ós transversais que separan as naves laterais. Estos arcos das naves laterais son apuntados mentras que os arcos da nave maior son semicirculares.Unha imposta une os ábacos dos arcos forneiros, servindo de arranque das semicolumnas nas que se apoian os arcos transversais sobre os que descansa o teito de madeira das naves.
Destacan as pinturas murais no seu interior.
PORTADA PRINCIPAL
A portada principal destaca pola presencia nos seus extremos de dúas torres-campanario que recordan ós torreóns das fachadas de santa María de Baiona. A torre do sur está modificada.
A portada está enmarcada por dous contrafortes que sinalan o arranque das naves e dividen a fachada en tres corpos. Nos laterais, fiestras semicirculares e rosetón enriba. No central, a portada con tres pares de columnas acobadas e as figuras superpostas nos fustes. As arquivoltas amosan imaxes en posición radial que evocan ós vintecatro anciáns do Apocalipse do Pórtico da Gloria. No tímpano, un relevo de figuras bíblicas situadasen fornallas e individualizadas mediante columnas distribuidas a ámbolos dous lados da imaxe central do Salvador.
Ten unha portada lateral de triple arquivolta con decoración xeométrica e tímpano figurado. A parte inferior con xambas en derrame con dous pares de columnas acobadas. As arquivoltas interiores descansan nos capiteis das columnas e a arquivolta exterior sobre o capitel da xamba exterior.
2. SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA
DESCRIPCIÓN XERAL
O santuario é un dos máis antigos e máis importantes de Galicia, non só pola súa antigüedade senón pola importancia coma centro de devoción mariana e como inspirador de abundante literatura. Ó lado do santuario atópanse as famosas "Pedra de Abalar" e "Pedra dos cadrís" que, segundo a lenda popular, son vestixios da chegada da Virxe para auxiliar ó Apóstolo Santiago. En realidade, trátase dun primitivo lugar de culto cristianizado.
A tradición sinala que cando Santiago predicaba por Fisterra, sufrindo penalidades e desalentos, presentóuselle a virxe María para confortalo. Estaba Santiago a orillas do mar cando víu chegar unha barca de pedra guiada por anxos e na barca viña a Nosa Señora.
O santuario era un dos lugares xacobeos de maior importancia visitado polos romeiros existindo todavía vestixios en Muxia dun hospital de pelegríns. A devoción da virxe da Barca alcanzou gran auxe no século XVII co que recibía visitas de pelegríns de todo Occidente e, debido a pouca capacidade do hospital, fundouse en 1726 un convento de trinitarios co fin de alberga-los romeiros. Juan de Ribadeneyra, conde de Fregiliana e Alfonsa de Castro contribuiron cun gran donativo para realiza-las obras. Este convento tivo moitos máis donativos entre os que destacan: xoias, coroas para a santa, lámparas, cálices e o máis importante, o altar maior, obra de Miguel de Romay, pagado polo conde de Maceda.
A barca da Nosa Señora está formada por tres pedras: a propia barca, o timón e a vela (pedra abaladoira).
Fontes de información: "Barca". Gran Enciclopedia Gallega. Tomo III. Gijón, 1974. Cegarra, B.; "Guía e rutas da arte galega". Vigo 2000. "Galicia pueblo a pueblo". La Voz de Galicia, Coruña, 1993. Sa Bravo, H.de.; "Monasterios de Galicia". León, 1990, páx. 182-187. VV.AA.; Historia del arte gallego. Madrid, 1982.